Samurai Champloo: Diferenzas entre revisións
arranxos |
|||
Liña 68: | Liña 68: | ||
[[Categoría:Manga]] |
[[Categoría:Manga]] |
||
[[Categoría:Xabarín Club]] |
[[Categoría:Xabarín Club]] |
||
[[ar:ساموراي تشامبلو]] |
|||
[[ca:Samurai Champloo]] |
|||
[[de:Samurai Champloo]] |
|||
[[en:Samurai Champloo]] |
|||
[[es:Samurai Champloo]] |
|||
[[fa:سامورایی چامپلو]] |
|||
[[fr:Samurai champloo]] |
|||
[[he:סמוראי צ'מפלו]] |
|||
[[hr:Samurai Champloo]] |
|||
[[ia:Samurai Champloo]] |
|||
[[it:Samurai Champloo]] |
|||
[[ja:サムライチャンプルー]] |
|||
[[lt:Samurai Champloo]] |
|||
[[ms:Samurai Champloo]] |
|||
[[no:Samurai Champloo]] |
|||
[[pl:Samurai Champloo]] |
|||
[[pt:Samurai Champloo]] |
|||
[[ru:Самурай Чамплу]] |
|||
[[simple:Samurai Champloo]] |
|||
[[sv:Samurai Champloo]] |
|||
[[tl:Samurai Champloo]] |
|||
[[tr:Samurai Champloo]] |
|||
[[zh:琉球武士瘋雲錄]] |
Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 20:28
Samurai Champloo | |
---|---|
サムライチャンプルー ((Samurai Chanpurū)) | |
Anime '' | |
Dirixido por | Shinichirō Watanabe |
Estudio | Manglobe |
Canle televisiva | Fuji TV |
Primeira emisión | 20 de maio do 2004 |
Última emisión | 19 de marzo de 2005 |
Núm. de capítulos | 26 |
Manga | |
Creado por | Shinichirō Watanabe |
Editor | Kadokawa Shoten |
Publicado en | Kadokawa Shoten |
Primeira edición | 2 de agosto do 2004 |
Última edición | 29 de outubro do 2004 |
Núm. de volumes | 2 |
Samurai Champloo (サムライチャンプルー, Samurai chanpurū) é unha serie de anime dirixida por Shinichirō Watanabe, famoso por Cowboy Bebop. A serie ambiéntase nunha versión ficticia do Período Edo, mesturando elementos reais da época con elementos modernos como o hip-hop. O termo "champloo" vén dunha palabra do dialecto de Okinawa, "Champuruu" que significa "mesturar".
O anime lanzouse ó ar na canle xaponesa Fuji TV o 20 de maio do 2004 rematando o 19 de marzo do 2005. Estreouse na Galiza no 2008 emitíndose na canle autonómica TVG dentro do programa xuvenil Xabarín Club. O 14 de setembro do 2009, e coincidindo asemade coa nova programación da G2, Samurai Chanploo comezou a se emitir na devandita canle galega de luns a venres nun horario nocturno.
A serie, recibiu unha adaptación para o manga na revista Shonen Ace en agosto de 2004 a outubro do mesmo ano.
Sinopse
Fuu, unha moza de 15 anos, traballaba nunha casa de té ata que foi destruída por unha violenta pelexa a tres bandas entre Mugen, o vagabundo, Jin, o samurai errante, e os gardacostas do fillo do Daikan dese pobo. Ó final do combate Mugen e Jin son arrestados para seren executados no día seguinte. Fuu tenta facer un trato con estes dous fulanos, axudaralles a fuxir se en troques, axúdana a atopar ó samurai que recende ós xirasois. As cousas non serán tan doadas, xa que Mugen e Jin están sempre tentando acabar o un co outro, unha rivalidade eterna case profesional. Ambos samurais teñen un pasado borroso; Mugen, de ascendencia pirata chama a atención coa súa vestimenta e o seu estraño xeito de pelexar. Jin, samurai silencioso e de mirada fría, de poucas palabras, é acosado varias veces por todos por distintos samurais da rexión, na súa viaxe cara a Nagasaki. Ex alumnos do dōjō do que el procede, sítianlle tratando de o eliminar, debido á súa reputación e á historia que lle precede.
Dobraxe
Personaxe Voz galega Voz orixinal Mugen Óscar Fernádez Kazuya Nakai Jin Antón López Ginpei Sato Fuu Consuelo Díaz Ayako Kawasumi