Podzol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 32 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q192813
Liña 15: Liña 15:


[[Categoría:Edafoloxía]]
[[Categoría:Edafoloxía]]

[[af:Podsol]]
[[be-x-old:Падзолістыя глебы]]
[[ca:Podzol]]
[[cs:Podzol]]
[[da:Morr]]
[[de:Podsol]]
[[el:Ποντσόλ]]
[[en:Podzol]]
[[eo:Podzoloj]]
[[es:Podzol]]
[[et:Leetmuld]]
[[eu:Podzol]]
[[fa:پودزول]]
[[fi:Podsoli]]
[[fr:Podzosol]]
[[hu:Podzol]]
[[it:Podzol]]
[[ja:ポドゾル]]
[[kk:Күлгін топырақтар]]
[[lt:Jaurinis dirvožemis]]
[[nl:Podzol]]
[[nn:Podsol]]
[[no:Podsoljord]]
[[pl:Gleby bielicoziemne]]
[[pt:Podzol]]
[[ru:Подзолистые почвы]]
[[sl:Podzol]]
[[sv:Podsol]]
[[tr:Podzol]]
[[uk:Підзолисті ґрунти]]
[[vi:Podzol]]
[[zh:灰化土]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 16:25

Perfil do podzol

O podzol (do ruso под/pod=debaixo, зола/zola=cinzas, que significa “debaixo das cinzas”) é un tipo de solo característico de climas fríos e húmidos (Canadá, Escandinavia e Rusia setentrional) ou temperado frío (vertente atlántica de Europa), con abundantes precipitacións, que se caracteriza por unha alta lixiviación, que propicia que unha grande cantidade de substancias superficiais migren a niveis inferiores. O horizonte B caracterízase por un alto depósito de óxidos, que confiren a esta capa unhas tonalidades avermelladas características.

Formación

O frío provoca unha descomposición lenta da materia orgánica, principalmente de árbores resinosos e brezos, que dan lugar á formación dun humus ácido (pH superficial de 3,5 a 4,5) que, de ser filtrante a rocha nai subxacente (como é o caso da area e da areísca) ataca á arxila e a degrada. As augas infiltradas lixivian ese solo e fan descender máis ou menos profundamente o seu ferro e a súa alúmina. A parte inferior do primeiro horizonte consta esencialmente de finos grans de cuarzo e adquire o aspecto e a cor da cinza. O horizonte B, no cal acumúlase o ferro, pode ser cementado por este ata formar un estrato concrecionado.

Capas

Nun podzol distínguense de arriba a abaixo as seguintes capas:

  • un horizonte superficial negro, fibroso, de materia orgánica parcialmente descomposta,
  • unha capa delgada de grans silíceos mesturados con humus,
  • un horizonte eluvial (ou sexa, lixiviado polas augas), pulverulento como a cinza e da súa mesma cor gris clara,
  • un horizonte de acumulación iluvial, subdividido nunha delgada capa con ata un 10% de humus, e
  • un estrato pardo avermellado, rico en ferro e alúmina.

Existen variantes nas cales pode faltar algunha das capas anteriormente mencionadas, salvo a gris, pois é característica do podzol.