Summertime Blues: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de Elvire (conversa); cambiado á última versión feita por Angeldomcer
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 11 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1513756
Liña 128: Liña 128:


<!-- Noutras linguas: -->
<!-- Noutras linguas: -->

[[de:Summertime Blues (Lied)]]
[[en:Summertime Blues]]
[[es:Summertime Blues]]
[[fi:Summertime Blues]]
[[fr:Summertime Blues]]
[[hr:Summertime Blues]]
[[nn:Summertime Blues]]
[[no:Summertime Blues]]
[[pt:Summertime Blues]]
[[sh:Summertime Blues]]
[[sv:Summertime Blues]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 11:52

"Summertime Blues" (1958) é unha canción escrita por Eddie Cochran e Jerry Capehart sobre as experiencias e tribulacións da vida dun adolescente en Estados Unidos. Era só unha cara B dun single, pero chegou ó posto oitavo na Billboard Hot 100, o 29 de setembro de 1958. As palmas foron realizadas por Sharon Sheeley e a voz de baixo profundo o final de cada verso é a do propio Eddie Cochran.

A canción usouse en 1980 na película “Caddyshack”. En marzo de 2005, a revista Q colocouna no posto 77 da súa lista das 100 mellores cancións de guitarra da historia.

Versións

Versión dos Beach Boys

The Beach Boys fixeron unha versión da canción que aparece no álbum Surfin’ Safari de 1962.

Versión de Blue Cheer’s

Blue Cheer a rexistrou no álbum "Vincebus Eruptum" de 1968. A súa versión, que omite tódalas réplicas líricas da versión orixinal de Cochran, en favor de respostas instrumentais por cada membro da banda, foi destacada como un dos primeiros temas de Heavy Metal e incluíuse unha gravación de 2005 no documental "Metal: A Headbanger’s Journey”.

Durante os anos 80, a MTV presentou un vídeo en blanco e negro da canción, tomada dun programa de TV, nos seus "Closet Classics". A canción tamén destacase na película "Night on Earth" de 1991 e na película de 1996 chamada "I Shot Andy Warhol".

Versión de The Who

A versión de The Who aparece no álbum "Live at Leeds" de 1970. Resulta máis agresiva (e de maior volume sonoro tamén) que na forma orixinal. Nesta versión, destaca John Entwistle cantando as partes vocais do xefe, o pai e o deputado, engadindo o seu gruñido de barítono de marca rexistrada, ademais da execución do baixo.

Inclúese outras versións:

Versión de Olivia Newton-John’s

Fixo unha versión desta canción no álbum "Clearly Love" de 1975.

Versión de Buddy Holly and the Cricket’s

Feita para a banda sonora da película "La Bamba"

Versión de Cheech Marin’s

Feita para a banda sonora da película "Born in East L.A." de 1987.

Versión de Nathan Cavaleri’s

Feita para a banda sonora da película "Camp Nowhere" de 1994.

Versión de Alan Jackson’s

Gravada en 1994 para o álbum "Who I Am", alcanzando bos postos en Billboard Hot Country Singles & Tracks, e alcanzando finalmente o cuarto posto en Bubbling Under Hot 100 (equivalente ó posto 104 en Billboard Hot 100).

Versión de Gary Allan’s

Apareceu nun episodio de "Shake, Rattle and Roll: An American Love Story".

Versión de The Black Keys

Era a cara B do single "10 A.M. Automatic", ademais de aparecer como pista extra na versión xaponesa do seu álbum "Rubber Factory" publicado en 2004.

Outras Versións

A canción tamén foi cantada por: Blue Cheer, Bobby Fuller, Bon Jovi, Bow Wow, Brian Setzer, Bruce Springsteen, Buck Owens, CAPRiS, Cheech Marin, Chris Spedding, The Clash, De La Soul, Deborah Harry, Dionysos, Dry Rot (band), The Flaming Lips - Hear It Is, The Flying Lizards, Frank Sidebottom, Gary Allan, The Guess Who, Guitar Wolf, Hanson, James Taylor, Joan Jett, Jussi & The Boys, La Muerte, Levon Helm, Little River Band, Lolita No.18, Mick Farren, moe., Motörhead - All the Aces: The Best of Motörhead Nathan Cavaleri, Papa Doo Run Run, Pfuri, Gorps und Kniri, Ritchie Valens, Ritchie Venus and the Blue Beatles, Rockapella - Smilin' (August 2002), Robert Gordon y Link Wray, Rolling Stones, Rush, Sandy Nelson, Stray Cats, The Surfaris, The Old Spice Boys, The Treads, T. Rex, Takako Minekawa, Terry Reid, The Beach Boys, The Black Keys, The Flying Lizards, The Gants, The Ordinary Boys, The Ventures, Twenty-Nineteen, Über Kings, Ulfuls, Van Halen, Warren Zevon, Heartsdales e Eddie Meduza.