Grande incendio de Londres: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio pl:Pożar Londynu (1666) por pl:Pożar Londynu
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 49 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q164679
Liña 22: Liña 22:
{{Link FA|eo}}
{{Link FA|eo}}
{{Link FA|tr}}
{{Link FA|tr}}

[[ar:حريق لندن الكبير]]
[[az:Böyük London yanğını]]
[[be:Вялікі лонданскі пажар]]
[[be-x-old:Пажар у Лёндане 1666 году]]
[[bg:Големият пожар в Лондон]]
[[br:Tan-gwall bras Londrez]]
[[ca:Gran incendi de Londres]]
[[cs:Velký požár Londýna]]
[[cy:Tân Mawr Llundain]]
[[da:Storbranden i London]]
[[de:Großer Brand von London]]
[[el:Μεγάλη Πυρκαγιά του Λονδίνου]]
[[en:Great Fire of London]]
[[eo:Granda incendio de Londono]]
[[es:Gran Incendio de Londres]]
[[et:Londoni suur tulekahju]]
[[eu:Londresko Sute Handia]]
[[fa:آتش‌سوزی بزرگ لندن]]
[[fi:Lontoon suuri palo]]
[[fr:Grand incendie de Londres]]
[[ga:Dóiteán Mór Londan]]
[[he:השריפה הגדולה של לונדון]]
[[hu:Nagy londoni tűzvész]]
[[id:Kebakaran Besar London]]
[[is:Lundúnabruninn mikli]]
[[it:Grande incendio di Londra]]
[[ja:ロンドン大火]]
[[ko:런던 대화재]]
[[la:Magnum Londinii Incendium]]
[[lv:Lielais Londonas ugunsgrēks]]
[[ml:ലണ്ടനിലെ മഹാ അഗ്നിബാധ]]
[[nl:Grote brand van Londen]]
[[nn:Bybrannen i London 1666]]
[[no:Bybrannen i London 1666]]
[[pl:Pożar Londynu]]
[[pt:Grande Incêndio de Londres]]
[[ro:Marele Incendiu din Londra]]
[[ru:Великий лондонский пожар]]
[[simple:Great Fire of London]]
[[sk:Veľký požiar Londýna]]
[[sl:Veliki londonski požar]]
[[sr:Велики пожар у Лондону]]
[[sv:Stora branden i London]]
[[th:อัคคีภัยครั้งใหญ่ในลอนดอน ค.ศ. 1666]]
[[tr:Büyük Londra Yangını]]
[[uk:Велика лондонська пожежа]]
[[ur:لندن کی تاریخی آتش زدگی]]
[[vi:Đại hỏa hoạn Luân Đôn 1666]]
[[zh:倫敦大火]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 08:29

Detalle dunha pintura de 1666 do Grande Incendio de Londres dun artista descoñecido, representando o incendio como puido ser observado na tarde do martes 4 de setembro dun barco. A Torre de Londres está á dereita e o Ponte de Londres á esquerda, coa Catedral de San Paulo ao fondo, rodeada polas chamas máis altas.
Londres, como se vía desde Bankside, Southwark, durante o Grande Incendio Derivado dunha Impresión do Período de Visscher.

O Grande Incendio de Londres foi un incendio de grandes proporcións que arrasou a cidade de Londres (Inglaterra) desde o domingo 2 de setembro até o mércores 5 de setembro de 1666. O lume destruíu a cidade medieval dentro da vella muralla romana da cidade. Ameazou, pero non chegou, ao distrito aristocrático de Westminster, o Palacio de Whitehall de Carlos II, e a maioría dos asentamentos suburbanos.

Historia

Foi unha das maiores calamidades da historia de Londres. Destruíu 13.200 casas, 87 igrexas parroquiais, 44 salóns da Livery Company, a Royal Exchange, a casa de aduanas, a Catedral de San Paulo, o concello de Londres, o palacio correccional e outras prisións da cidade, catro pontes sobre os ríos Támesis e Fleet, e tres portas da cidade. Deixou a unhas 80.000 persoas sen fogar, un sexto dos habitantes da cidade nese momento. A cifra de mortes polo incendio é descoñecida, e pensábase que fora bastante pequena porque só algunhas mortes foron rexistradas. Este razoamento foi desafiado recentemente considerando que as mortes de pobres e de persoas de clase media non foron rexistradas, e que a calor puido incinerar a moitas vítimas sen deixar restos recoñecibles.

O lume comezou na mañá do domingo 2 de setembro de 1666. Prendeu en Pudding Lane na casa de Thomas Farynor, un panadeiro do rei Carlos II de Inglaterra e estendeuse rapidamente. O uso da principal técnica contra incendios da época, a creación de devasa por medio de demolicións, era criticamente atrasado debido a indecisións do alcalde de Londres, Sir Thomas Bloodworth. Para cando foron ordenadas as demolicións a gran escala na noite do domingo, o vento xa convertera o lume da panadaría nunha tormenta ígnea que venceu tales medidas. O luns o lume foi empuxado ao norte, no corazón da cidade. A orde nas rúas rompeu polos rumores de que estranxeiros iniciaron os incendios. As sospeitas centráronse nos franceses e holandeses, os inimigos de Inglaterra da Segunda Guerra Anglo-Holandesa en curso. Estes grupos de inmigrantes foron vítimas de linchamentos e violencia nas rúas. O martes, o lume estendeuse pola maior parte da cidade, destruíndo a Catedral de St Paul e pasando o río Fleet para ameazar á corte de Carlos II no Whitehall, mentres os esforzos coordinados na loita contra o lume mobilizábanse simultaneamente. Considérase que a batalla para apagar o incendio gañouse por dous factores: os fortes ventos do leste acabáronse, e a gornición da Torre de Londres usou pólvora para crear devasas efectivas e deter a extensión adicional do lume cara ao leste.

Os problemas sociais e económicos orixinados polo desastre eran abafantes. A pesar de numerosas propostas radicais, Londres foi reconstruída esencialmente co mesmo plano de rúas utilizado antes do incendio.

A parte central de Londres en 1666, coa parte consumida polo lume mostrada en rosa.

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA