Guilhermina Suggia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 10 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q259861
Liña 10: Liña 10:


[[Categoría:Violonchelistas de Portugal]]
[[Categoría:Violonchelistas de Portugal]]

[[bg:Гилермина Суджа]]
[[de:Guilhermina Suggia]]
[[en:Guilhermina Suggia]]
[[es:Guilhermina Suggia]]
[[fi:Guilhermina Suggia]]
[[he:גיליירמינה סוז'ה]]
[[it:Guilhermina Suggia]]
[[pl:Guilhermina Suggia]]
[[pt:Guilhermina Suggia]]
[[ru:Суджа, Гильермина]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 07:04

Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia

Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia (Porto, 27 de xuño de 1885 - Porto, 30 de xuño de 1950). Violoncelista portuguesa.

Traxectoria

Estudou en Leipzig con Julius Klengel. Dende 1907 ata 1913 viviu e traballou en París co seu colega violonchelista Pau Casals, con quen non estivo casada como ás veces se afirma (o seu marido foi José Casimiro Carteado Mena, co que non tivo descendencia). A partir de 1914 desenvolveu unha carreira espectacular, sobre todo en Londres e Portugal. Visitou frecuentemente o castelo de Lindisfarne, onde hoxe se exhibe o seu violoncello en lembranza das tempadas que pasou alí. Deu o seu derradeiro concerto na Gran Bretaña no Festival de Edimburgo en 1949.

Retrato

Probablemente a imaxe máis famosa da Guilhermina Suggia é o retrato ao óleo realizado polo artista galés Augustus John. Este retrato foi comezado en 1920 e non se rematou ata 1923. Aparentemente Suggia está executando unha Suites para violoncello só de Johann Sebastian Bach. O retrato foi exhibido no instituto Carnegie de Pittsburg en 1924, sendo mercado por un estadounidense, pero logo foi regresado a Inglaterra e presentado na Tate Gallery. As medidas do retrato son 186x185 cm.