Acción Republicana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: eu:Acción Republicana
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 7 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q339186
Liña 8: Liña 8:


[[Categoría:Partidos políticos de España]]
[[Categoría:Partidos políticos de España]]

[[ca:Acció Republicana]]
[[de:Acción Republicana]]
[[en:Republican Action (Spain)]]
[[es:Acción Republicana]]
[[eu:Acción Republicana]]
[[fr:Action Républicaine (Espagne)]]
[[nl:Acción Republicana]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 02:36

Acción Republicana foi unha agrupación política progresista e republicana fundada por Manuel Azaña en 1925 que se constituíu en partido político en 1930. Entre os acenos de identidade do partido, destacaban o autonomismo, o compromiso coa reforma agraria e a reforma do Exército.

Como grupo integrado na Alianza Republicana, participou no Pacto de San Sebastián para derrocar a Monarquía de Afonso XIII, e implicouse na construción e consolidación da II República. Formou parte do Goberno Provisional que se fixo cargo do país tras a saída de España do Rei.

Obtivo 30 deputados nas eleccións xerais de 1931, e enseguida converteuse, a pesar da súa relativamente escasa forza parlamentaria, nunha formación central dos Gobernos da República ata 1933, liderados polo seu presidente, Manuel Azaña.

Tras a derrota dos republicanos de esquerda nas eleccións dese ano, nas que Acción Republicana só obtivo 10 escanos, o partido fusionouse con outros grupos republicanos (como a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e o Partido Republicano Radical Socialista en 1934) para formar Izquierda Republicana, baixo o liderado de Azaña.