Batallón Literario: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3393773
Liña 37: Liña 37:
[[Categoría:Historia de España]]
[[Categoría:Historia de España]]
[[Categoría:Historia de Galicia]]
[[Categoría:Historia de Galicia]]

[[en:Literary Battalion]]
[[es:Batallón Literario]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 02:16

Placa na praza da Quintana.

O Batallón Literario foi unha compañía militar formada por estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela en diversos momentos, sendo o máis famoso o formado en 1808, durante a Guerra da Independencia Española, disposta a loitar contra a invasión francesa dirixida por Napoleón.

Historia e características

Nunha reunión celebrada nos claustros da Universidade, presidida por Rafael de Murquiz, arcebispo de Compostela, acordouse a colaboración da Universidade co movemento popular a prol de liberar o país.

Buscouse a alguén con experiencia militar para porse á fronte do Batallón, acordándose colocar a Juan Ignacio de Armada Caamaño Ibáñez de Mondragón y Salgado de Sotomayor, Marqués de Santa Cruz de Rivadulla. A financiación logrouse coas xenerosas aportacións populares, unidas ás do propio marqués, que deron como resultado unha suma considerable. Segundo Alfonso Armada Comyn, actual marqués de Santa Cruz de Rivadulla, para que puidese mandar sobre os alumnos universitarios, foi necesario facelo doutor de tódalas facultades, título concedido con carácter hereditario. O batallón formouse en 42 días, dándoselle ordes para a súa incorporación a filas, tralo acto de bendición da bandeira, no que tivo lugar unha arenga do arcebispo.

Esta bandeira aínda se conserva na biblioteca da universidade. Leva as cores azul e branca da Bandeira de Galiza, e dous escudos: o do antigo Reino de Galiza, e o escudo de armas da Universidade, ambos cubertos por unha coroa real, ademais da seguinte inscrición:

AUSPICE DEO: PRO LIBERTATI REGIS PALLADIS LEGIO: ANNO MDCCCVIII.

Os soldados portaban ademais unha cinta, cun breve poema, que aludía á unión entre a cultura e o mundo militar en aras da defensa nacional: "Por rescatar a Fernando (el Rey Fernando VII) y acabar con Bonaparte unióse Minerva a Marte".

O 18 de xullo de 1808 o batallón saíu a incorporarse ás tropas do xeneral Blake, onde formaron a vangarda xunto ós voluntarios navarros. Un dos múltiples episodios recordados foi o de entrar de incógnito á Coruña a recoñecer as baterías, malia estar tomada a cidade polo Mariscal Ney.

En 1810 o xeneral Castaños deu a orde de disolución do Batallón Literario, otorgando ós poucos supervivintes o rango de oficiais nos corpos militares.

Na praza da Quintana da cidade compostelá, chamada tamén praza dos literarios, unha placa lembra a xesta co seguinte texto:

A LOS HÉROES

DEL BATALLÓN LITERARIO DE 1808.' LOS ESCOLARES COMPOSTELANOS DE 1896

Y LOS AYUNTAMIENTOS DE 1822, 1865 Y 1896

O Batallón Literario xa se constituíra previamente en 1663 ante os ataques portugueses á vila de Monterrei, trala sublevación de Portugal en 1640. Volveuse formar en 1665 e, posteriormente, en 1846, durante o Levantamento de Solís ou Revolución de 1846, aínda que a xesta máis recordada é a ocorrida en 1808.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Tettamancy Gastón, F.: Galos y Britanos Batallón Literario de Santiago - Diario de Campaña, años 1808 al 1812.

Ligazóns externas