Euskal Herritarrok: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 4 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3323280
Liña 14: Liña 14:
[[Categoría:Partidos políticos de Navarra]]
[[Categoría:Partidos políticos de Navarra]]
[[Categoría:Nacionalismo vasco]]
[[Categoría:Nacionalismo vasco]]

[[ast:Euskal Herritarrok]]
[[ca:Euskal Herritarrok]]
[[es:Euskal Herritarrok]]
[[eu:Euskal Herritarrok]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 01:20

Euskal Herritarrok ("Cidadáns Vascos", en éuscaro) foi unha coalición independentista e de esquerdas vasca xurdida en 1998 como órgano electoral da esquerda abertzale. Euskal Herritarrok tivo unha vida efémera e a súa presentación a uns comicios electorais limitouse ás eleccións autonómicas de 1998 e ás municipais e forais de 1999. En ambas convocatorias superou a marca electoral que un partido defendendo esa ideoloxía nunca obtivera na comunidade autónoma vasca: 223.264 persoas lles deron o voto[Cómpre referencia]. Nas eleccións municipais estableceron unha coalición con outros partidos de esquerda extraparlamentar e superaron a marca anterior, aínda que cómpre ter en conta que Euskal Herritarrok se presentaba nun territorio maior en extensión, ao presentar listas aos municipios e ao Parlamento de Navarra.

Por discrepancias coa liña política seguida e a organización interna, produciuse a escisión de Aralar. O partido Batzarre, que preexistía á coalición e que non é independentista, participou da coalición electoral Euskal Herritarrok, coalición que abandonou trala ruptura da tregua de ETA, ao non haber condena algunha por parte de Euskal Herritarrok.

Máis adiante, diversas correntes da esquerda abertzale entraron nun proceso de discusión e refundación de onde xurdiu Batasuna, partido político que foi declarado ilegal en España no ano 2002, permanecendo legal en Francia.

O proxecto no que se apoiaba Euskal Herritarrok era o da creación dun Estado independente para as sete provincias vascas de Euskal Herria, catro das cales están baixo administración española e tres baixo administración francesa. Para isto a esquerda abertzale defende o dereito de autodeterminación. A aplicación do mesmo consistiría na celebración dun referendo sobre o estatus que debería ter o País Vasco nas sete provincias. A esquerda abertzale herda un ideario socialista. Se ben a forma en que ese socialismo sería definido é difícil, acuñaron o termo de "socialismo identitario" como unha forma de socialismo adaptado á situación do País Vasco. Respecto ao emprego da violencia, a esquerda abertzale entende que esta é produto dun conflito político, e polo tanto considera a condena como unha ferramenta fútil e avoga pola superación do conflito mediante o recoñecemento da territorialidade vasca e o exercicio do dereito de autodeterminación.

Véxase tamén