Pescanova: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 3 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3326932
Liña 48: Liña 48:
[[Categoría:Empresas do sector pesqueiro|Pescanova]]
[[Categoría:Empresas do sector pesqueiro|Pescanova]]
[[Categoría:Medalla de Prata de Galicia]]
[[Categoría:Medalla de Prata de Galicia]]

[[en:Pescanova]]
[[es:Pescanova]]
[[eu:Pescanova]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 00:17

Pescanova Alimentación S. A.
TipoSociedade Anónima
Fundación1960
LocalizaciónRúa José Fernández López, s/n Chapela, Redondela 36320 Pontevedra Galicia Galicia
Persoas claveManuel Fernández de Sousa-Faro (presidente)
Industriaalimentación
ProdutosPescado e marisco conxelados
Número de empregados3.399 [1]
Na rede
http://www.nuevapescanova.com/
editar datos en Wikidata ]

Pescanova é unha empresa pesqueira galega con sede en Chapela, Redondela. O porto de Vigo é a súa base de operacións.

Historia

Instalacións na Avenida de Beiramar de Vigo.

Pescanova foi fundada en 1960 en Vigo por Xosé Fernández López. Desde os seus inicios desenvolveu unha tecnoloxía avanzada para o proceso completo de manufacturación de peixe mediante o uso de grandes barcos conxeladores que procesaban e ultraconxelaban as capturas a bordo do propio barco. Esta innovación constituíu unha revolución no sector do peixe ultraconxelado, e permitiulle á empresa medrar grandemente e posicionarse como líder indiscutible do mercado nacional e internacional.

En 1980 Manuel Fernández de Sousa-Faro, fillo do fundador accedeu á presidencia, e iniciou un proceso de reestruturación da firma. En 1985 comezou a cotizar na Bolsa de Madrid. Na actualidade Pescanova é unha multinacional líder no sector de produtos ultraconxelados, e conta cunha destacable presenza en medio mundo, con filiais en países como Portugal, Francia ou Italia e plantas en Namibia ou Honduras.

O márketing de Pescanova estivo sempre ligado a unha imaxe de marca moi familiar e que ofrece produtos de cualidade e confianza. Destacou a repercusión social do slogan O bo sabe ben aínda en uso, ou personaxes empregados en campañas publicitarias como "Rodolfo Langostino" (anos 80) ou o "Capitán Pescanova" (a finais dos 90). A comezos do século XXI abriu en Vigo o primeiro restaurante de comida rápida especializado en peixe.

Entre agosto de 2012 e febreiro de 2013, Alfonso Paz-Andrade, ex conselleiro delegado da entidade desfaise de 353 188 accións da empresa, quedando coma primeiros accionistas: Manuel Fernández de Sousa-Faro (14,426%), a Sociedad Anónima Damm (6,183%,; Luxempart (5,837%), Alqueire (5,050%), FBA-The Icelandic Investment Bank (5%) e Silicon Metals Holding (5%).[2]

O 1 de marzo de 2013 a empresa presentou un preconcurso de acreedores ao non poder formalizar as súas contas de 2012 perante a Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV)[3]

Estrutura

Instalacións en Redondela.

Hoxe en día o grupo Pescanova está formado por un conglomerado de empresas dedicadas á captura, procesado, elaboración e distribución de produtos do mar, precociñados, pratos preparados e ultraconxelados. Empresas do grupo Pescanova son Pescanova Alimentación, S.A. (comercialización dos produtos Pescanova), Friser (distribución de ultraconxelados a domicilio), Cofrío (produtos conxelados para maioristas), Frinova (elaboración de produtos fritidos ultraconxelados) e Caternova (cátering para restauración).

Notas

  1. "Con presenza de empresas pertencentes ao grupo en 21 países. A súa flota pesqueira é aproximadamente de 120 barcos e conta cun total de 3.399 empregados." en Pescanova.com
  2. "Paz-Andrade se desprende de 120.000 acciones de Pescanova por 2 millones de euros", Faro de Vigo, 1/03/2013
  3. "Pescanova presenta el preconcurso de acreedores", Atlántico Diario, 1/03/2013

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas