Aguia perdiceira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 34 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q234722
Liña 34: Liña 34:


{{Link FA|de}}
{{Link FA|de}}

[[ar:عقاب بونلي]]
[[az:Qırğı qartal]]
[[bg:Ястребов орел]]
[[br:Erer-Bonelli]]
[[ca:Àliga cuabarrada]]
[[ceb:Hieraaetus fasciatus]]
[[cs:Orel jestřábí]]
[[de:Habichtsadler (Art)]]
[[en:Bonelli's Eagle]]
[[eo:Nizaglo]]
[[es:Aquila fasciata]]
[[eu:Aztore-arrano]]
[[fa:عقاب دوبرادر]]
[[fi:Vuorikotka]]
[[fr:Aigle de Bonelli]]
[[hu:Héjasas]]
[[io:Aglo di Bonelli]]
[[it:Aquila fasciata]]
[[ja:ボネリークマタカ]]
[[mn:Харсун бүргэдэй]]
[[nl:Havikarend]]
[[no:Haukørn]]
[[oc:Aigla comuna]]
[[pl:Orzeł południowy]]
[[pms:Hieraaëtus fasciatus]]
[[pnb:بونیلی دا عقاب]]
[[pt:Águia-de-bonelli]]
[[ro:Aquila fasciata]]
[[ru:Ястребиный орёл]]
[[sl:Kragulji orel]]
[[sv:Hökörn]]
[[tr:Tavşancıl]]
[[uk:Яструбовий орел]]
[[vi:Aquila fasciata]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 22:50

Aguia perdiceira
Estado de conservación
Preocupación baixa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Aquila (Hieraaetus)
Nome científico
Aquila (Hieraaetus) fasciatus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A aguia perdiceira (Aquila fasciatus, antes coñecida como Hieraaetus fasciatus) é unha ave de rapina da familia Accipitridae. É parente moi proxima da especie africana A. spilogaster, que se considera en ocasións mesmo unha subespecie. Malia ter unha ampla distribución, recoñécense só dúas subespecies de aguia perdiceira: a nominativa A. f. fasciatus, e A. f. renschi, das illas pequenas do arquipélago de Sonda (Indonesia), de individuos máis pequenos e con manchas escuras na parte inferior do corpo.

Descrición

Son aguias de entre 66 e 74 cm. de lonxitude. A envergadura das alas dos machos vai dos 150 ó 160 cm.; a das femias dos 165 ós 180. A plumaxe da parte superior do corpo é castaña escura, a dfa inferior. abrancazada con manchas escuras. teñen as añas relativamente curtas e arredondadas, a cola, gris na parte superior, branca por embaixo e cunha banda terminal negra, longa e a cabeza grande. Os pés e os ollos son amarelos. Os exemplares inmaturos teñen a parte inferior do corpo e a das alas da cor do ante, é battas finas na cola.

Distribución xeográfica e hábitat

A especie esta espallada polo sur de Europa, o norte de África e o sur e sueste de Asia. As poboacións europeas, que están en forte retroceso por causa da perda de hábitats axeitados, o uso de pesticidas e a caza, concéntranse en España, onde se considera unha especie en perigo de extinción, Portugal, o sur de Francia, Sardeña e Creta. O número total de parellas reprodutoras europeas cálculse enunhas 500.

Exemplar de aguia perdiceira voando en Himachal Pradesh, India.

Os adultos son fieis ós seus territorios, e pasan o inverno preto das zónas de cría, pero os exemplares novos son máis móbiles e aparecen ás veces en lugares moi afastados de onde naceron. Algunhas poboacións asiáticas amosan unha conduta migratoria innata.

O seu hábitat preferido son zonas secas e montañosas con pouca presenza de árbores, pero, fora da época de cría poden atoparse tamén en zonas húmidas, á procura de aves acuáticas para cazar.

Alimentación e reprodución

As súas presas habituais son mamíferos (a miúdo coellos e lebres peqenos), aves de tamaño mediano e réptiles. As parellas reprodutoras cazan frecuentemente xuntas. A técinica de caza máis corrente consiste en describir círculos a gran altura e deixarse caer sobre a presa coas alas recollidas. Cazan tamén a espreita pousadas nun punto fixo e poden verse tamén facendo voos de recoñecemento a pouca altura entre os acantilados. As prersas son golpeadas o mesmo en terra que no aire.

Fan a posta entre febreiro e marzo, en xeral dous ovos, que chocan entre 37 e 40 días. Os polos deixan o niño cando teñen entre 60 e 65 días de idade, aínda que son alimentados polos pais aínda algunhas semanas.

Ligazóns externas

Modelo:Link FA