Alvia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 10 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q448931
Liña 61: Liña 61:
[[Categoría:Trens de alta velocidade]]
[[Categoría:Trens de alta velocidade]]
[[Categoría:Longa distancia Renfe]]
[[Categoría:Longa distancia Renfe]]

[[bs:Alvia]]
[[ca:Alvia]]
[[de:Alvia]]
[[en:Alvia]]
[[es:Alvia]]
[[eu:Alvia]]
[[fr:Alvia]]
[[hr:Alvia]]
[[ja:アルビア (列車)]]
[[pt:Alvia]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 20:08

Tren Alvia Madrid-Barcelona (serie 120)
Tren Alvia Madrid-Xixón (serie 130)
Alvia S130 en Alacant

O Alvia é un tren de longa distancia e alta velocidade que forma parte da alta gama de Longa distancia Renfe. Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a minusválidos e cafetería. É un produto de Renfe Operadora de prezo medio-alto dentro dos trens de Longa Distancia, que realiza varias rutas en España.

Os trens que ofrecen o servizo Alvia son enteiramente de rodadura desprazable, poden percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.

Os primeiros trens en ofrecer este servizo foron os da serie 120 de Renfe en outono de 2005, cando foron inauguradas as circunvalacións de Zaragoza e Lleida da L.A.V. Madrid-Camp de Tarragona e o cambiador de ancho de Puigvert de Lleida. Substituíron a case toda a totalidade dos trens Altaria que unían Madrid e Barcelona.

En outono de 2007 recibíronse as primeiras cabezas motoras da nova serie 130 de Renfe que acopláronse a ramas de remolques Talgo para substituí-la locomotora 252 ou 269 que tiraba destes coches nos percorridos Madrid-Xixón e Alacant-Xixón, de forma que os servizos Altaria e Talgo que cubrían estas relacións rebautizáronse como Alvia.

Coa apertura da L.A.V. Madrid-Valladolid pasáronse estes últimos servizos Alvia a circular pola mesma cambiando de ancho en Valdestillas ou Valladolid e engadíronse servizos Alvia ao recibirse máis cabezas da serie 130 con destino Santander (un dende Alacant), Bilbao e Hendaia.

O 20 de febreiro de 2008 púxose en servizo o tramo entre o cambiador de ancho de Roda de Berà e Barcelona, polo que os Alvia Madrid-Barcelona deixaron de circular nesta liña para ser substituídos por trens AVE, pasando os trens S120 de CAF a circular nas relacións Madrid-Logroño, Madrid-Pamplona e Madrid-Hendaia (antes cubertas por Altaria) e aproveitando parte da L.A.V. Madrid-Barcelona.

O 15 de setembro de 2008 comezaron a circular desde Barcelona ata Vigo, o 14 de decembro de 2008 entre Barcelona e Bilbao e Irún, e o 14 de xuño de 2009, nas rutas Madrid - Huelva e Madrid - Cádiz.

Flota

Os trens Alvia están compostos por dúas cabezas motoras e unha rama de remolques (Talgo) ou ben unha unidade autopropulsada de 4 coches, sendo empregadas as seguintes composicións nas seguintes relacións:

Percorridos

Realiza as seguintes rutas:

Madrid-Puerta de Atocha · Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Alfaro · Calahorra · Logroño 1 tren S120 diario por sentido
Madrid-Puerta de Atocha · Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona 3 trens S120 diarios por sentido
Madrid-Puerta de Atocha · Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Zumárraga · Donostia/San Sebastián · Irún · Hendaia 1 tren S120 diario por sentido
Barcelona-Sants · Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria/Gasteiz · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense Empalme · Redondela de Galicia · Vigo 1 tren S120 diario por sentido
Barcelona-Sants · Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Pamplona · Donostia/San Sebastián · Irún 2 trens S120 diario por sentido
Barcelona-Sants · Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Logroño · Miranda de Ebro · Bilbao-Abando 2 trens S120 diario por sentido
Barcelona-Sants · Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro · Laudio/Llodio · Bilbao-Abando 1 tren S120 diario por sentido
Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Albacete · Alcázar de San Juan · Madrid-Atocha Cercanías · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo · Xixón-Cercanías 1 tren serie 130 diario por sentido
Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Albacete · Alcázar de San Juan · Madrid-Atocha Cercanías · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campóo · Reinosa · Torrelavega · Santander 1 tren serie 130 diario por sentido
Madrid-Chamartín · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León ·- Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo · Xixón-Cercanías 3 trens serie 130 diarios por sentido
Madrid-Chamartín · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campóo · Reinosa · Torrelavega · Santander 2 trens serie 130 diarios por sentido
Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Bilbao-Abando 2 trens serie 130 diarios por sentido
Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria-Gasteiz - Donostia/San Sebastián · Irún · Hendaia 2 trens serie 130 diarios por sentido
Madrid-Chamartín · Valladolid-Campo Grande · Palencia · León 1 tren serie 130 diarios por sentido
Madrid-Puerta de Atocha · Córdoba-Central · La Palma del Condado · Huelva-Término 1 tren S130 diario por sentido
Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real-Central · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Jerez de la Frontera · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía Sur · Cádiz 2 trens serie 130 diarios por sentido
Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Albacete · Alcázar de San Juan · Madrid-Atocha Cercanías · Madrid-Chamartín 2 trens serie 130 diarios por sentido