Anábase: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
insiro imaxe
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 28 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q73112
Liña 18: Liña 18:


[[Categoría:Literatura grega]]
[[Categoría:Literatura grega]]

[[bg:Анабазис]]
[[ca:Anàbasi]]
[[ckb:ئەناباسیس]]
[[cs:Anabasis]]
[[de:Anabasis]]
[[el:Κύρου Ανάβασις]]
[[en:Anabasis (Xenophon)]]
[[es:Anábasis de Jenofonte]]
[[eu:Anabasia]]
[[fa:آناباسیس]]
[[fi:Kyyroksen sotaretki]]
[[fr:Anabase (Xénophon)]]
[[he:אנבסיס (קסנופון)]]
[[hr:Anabaza]]
[[hu:Anabaszisz (Xenophón)]]
[[id:Anabasis]]
[[is:Austurför Kýrosar]]
[[it:Anabasi (Senofonte)]]
[[ja:アナバシス]]
[[la:Anabasis (Xenophon)]]
[[nl:Anabasis (Xenophon)]]
[[no:Anabasis]]
[[pl:Anabaza]]
[[pnt:Κύρου Ανάβασις]]
[[pt:Anábase]]
[[ru:Анабасис Кира]]
[[tr:Anabasis]]
[[zh:长征记]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 14:43

Recorrido de Xenofonte e os Dez Mil.

A Anábase ou Expedición dos Dez Mil (tamén A retirada dos Dez Mil e A marcha dos Dez Mil) (en grego clásico Ἀνάβασις significa "expedición para o interior") é un relato do historiador grego Xenofonte de Atenas, un dos discípulos de Sócrates, quen participou no feito real.

Contido

Nela nárranse a expedición militar de Ciro o Novo contra o seu irmán o rei de Persia Artaxerxes II e o retorno á patria dos mercenarios gregos que estaban ao seu servizo trala derrota e morte do mesmo Ciro.

En -401, tres anos despois de subir ao trono o persa Artaxerxes II, o seu irmán menor Ciro rebelouse na súa satrapía de Asia Menor. Para destronar ao seu irmán, recrutou un exército no que incluíu a dez mil mercenarios gregos, que partiu de Sardes, marchou a través de Asia Menor e descendeu custeando o río Éufrates ata Cunaxa, preto de Babilonia. Ciro morreu na batalla de Cunaxa, o que produciu a desbandada do seu exército. Os mercenarios gregos, sen embargo, mantivéronse invictos e unidos. Nas negociacións que seguiron, os caudillos gregos foron decapitados, polo que os mercenarios tiveron que elixir outros. Entre estes estaba o propio Xenofonte de Atenas, que guiou o retorno do resto do exército a Grecia. Remontaron o río Tigris e atravesaron Armenia por unha ruta de case catro mil quilómetros de territorio inimigo, ata chegar á colonia grega de Trapezunte (actual Trabzon, Turquía), na beira sur do Mar Negro. Son famosas as palabras que pronunciou un soldado adiantado á vista deste: θάλαττα, θάλαττα ("Thalatta, Thalatta" - "O mar, o mar").

A narración, escrita en terceira persoa, posúe gran interese histórico, pero ademais ten un estilo ameno, non exento de gran emotividade nalgunhas pasaxes. Pola sinxeleza do seu estilo, a miúdo é usada na educación secundaria como texto de iniciación á tradución do grego clásico.

Adaptacións

A historia de Xenofonte inspirou a Sol Yurick para o seu libro The Warriors, fonte na que se baseou pola súa vez a película de Walter Hill The Warriors: Os amos da noite, e que posteriormente tivo secuelas en forma de videoxogos.

Véxase tamén

Ligazóns externas