Pintxo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
PixelBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio en:Pincho por en:Pintxo
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 8 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1452513
Liña 18: Liña 18:
[[Categoría:Gastronomía do País Vasco]]
[[Categoría:Gastronomía do País Vasco]]


[[ca:Pintxo]]
[[de:Pincho]]
[[en:Pintxo]]
[[en:Pintxo]]
[[es:Pincho]]
[[eu:Pintxo]]
[[fr:Pintxo]]
[[it:Pincho]]
[[ja:ピンチョス]]
[[ru:Пинчо (блюдо)]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 14:05

Típico petisco de champiñóns

Un petisco, aperitivo ou abreboca é unha pequena rebanda de pan sobre a que se coloca unha pequena ración de comida.

O petisco, denominado en éuscaro pintxo (porque tradicionalmente se suxeitaba a comida ao pan cun escarvadentes, aínda que non sexa unha característica obrigatoria), é un prato típico da gastronomía vasca que se adoita tomar como aperitivo acompañado normalmente dun vaso de viño tinto (chamado txikito) ou de cervexa (chamado zurito). É moi común nas tabernas do País Vasco, Cantabria, Navarra, A Rioxa e nalgunhas zonas de Burgos, como Miranda de Ebro.

Os ingredientes a colocar sobre o pan poden ser practicamente calquera, pero moitas veces son os máis habituais na cociña vasca: peixes (especialmente pescada, bacallau, anchoas, gulas...), tortilla de patacas, pementos recheos, croquetas, etc.

O máis habitual adoita ser coller un mesmo o petisco, que se sitúa en bandexas sobre a barra do bar, e comelo de pé mentres se charla cos amigos e bebe o citado zurito ou txikito.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas