Miguel Anxo Araúxo Iglesias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1481913
Liña 47: Liña 47:
[[Categoría:Nados en 1920]]
[[Categoría:Nados en 1920]]
[[Categoría:Finados en 2007]]
[[Categoría:Finados en 2007]]

[[de:Miguel Ángel Araújo Iglesias]]
[[es:Miguel Ángel Araújo Iglesias]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 11:01

Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.

Traxectoria

Carreira eclesiástica

Iniciou os seus estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Trasladado como crego a Ourense, foi profesor de Teoloxía no seminario desa cidade e reitor del entre 1956 a 1966.

O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polo cardeal de Santiago, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na catedral de Ourense, e por primeira vez na historia da igrexa galega, en galego. O día 13 dese mes entrou oficialmente na catedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros Amador Niebla e Daniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homilia. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Jacinto Argaya Goicoechea
 
Bispo de Mondoñedo - Ferrol
 
1970-1987
Sucesor:
José Gea Escolano

Escritor e tradutor

Foi un gran potenciador dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou a Revista de Estudios Mindonienses.

O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, cun discurso titulado A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido por Ramón Piñeiro.

Entre as súas obras destacan:

  • A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega (1975, SEPT).
  • Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia (1987, Edicións do Castro).
  • Palabras para os amigos (1989).
  • Escritos pastorais (1990).
  • Oracional galego (1991, en colaboración con Ramiro González Cougil.
  • Memoria de vida (1993).
  • Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II (1996)..

Premios e honras


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.