Terebinto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: ar:بطم تربنتيني
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 24 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q63045
Liña 28: Liña 28:
[[Categoría:Plantas]]
[[Categoría:Plantas]]
[[Categoría:Pistacia]]
[[Categoría:Pistacia]]

[[ar:بطم تربنتيني]]
[[az:Terebint püstəsi]]
[[ca:Terebint]]
[[cs:Řečík terebintový]]
[[de:Terpentin-Pistazie]]
[[el:Τερέβινθος (φυτό)]]
[[en:Pistacia terebinthus]]
[[eo:Terebintarbo]]
[[es:Pistacia terebinthus]]
[[fr:Pistachier térébinthe]]
[[he:אלת טרבינת]]
[[hr:Smrdljika]]
[[hsb:Terpentinowa pistacija]]
[[io:Terebinto]]
[[it:Pistacia terebinthus]]
[[ku:Kezwan]]
[[nl:Terpentijnboom]]
[[no:Terebint]]
[[pl:Pistacja terpentynowa]]
[[pt:Terebinto]]
[[ru:Терпентинное дерево]]
[[sv:Terebint]]
[[tr:Menengiç]]
[[uk:Терпентинне дерево]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 10:19

Escornacabras
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Anacardiaceae
Xénero: Pistacia
Nome científico
Pistacia terebinthus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


O escornacabras, cornabude, terebinto ou árbore trementina (Pistacia terebinthus) é unha especie de árbore nativa da familia das Anacardiáceas da rexión mediterránea, desde Marrocos e Portugal no oeste ata Turquía e Siria no leste, e tamén se atopa nas illas Canarias.

É unha árbore que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da primavera. Os froitos son pequenos bagos vermellos de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.

Historia

John Chadwick cre que o escornacabras é a planta chamada ki-ta-no que aparece nalgunhas táboas de Linear B, un antigo dialecto de Grecia. Cita a obra do erudito español J.L. Melena, que atopou "un antigo léxico que amosaba que o kritanos era outro nome para a árbore turpentina (terebinto) e que a pronunciación micénica podía representar unha variante da palabra."

O escornacabras é mencionado na Biblia no Antigo Testamento. Por exemplo, en Isaías 1:29, onde a palabra hebrea "el" ou "elim" a miúdo pode traducirse como buxo ou escornacabras. Tamén en tres capítulos sucesivos do Xénese (12:6, 13:18, 14:13) referíndose ós lugares onde o patriarca Abraham acampaba. Tamén hai unhas poucas referencias no libro dos Xuíces.

O escornacabras tamén é mencionado na Eneida de Virxilio, libro 10, liña 136.

Utilidade

O uso máis antigo e coñecido do escornacabras é como fonte da augarrás ou esencia de trementina, un aceite vexetal utilizado como diluinte e como compoñente químico. Actualmente a trementina do escornacabras é coñecida como trementina chipriota.

A árbore é rica en substancias resinosas e foi utilizada polas súas propiedades medicinais e aromáticas na Grecia clásica. A corteza pode utilizarse para elaborar unha pasta de cheiro doce e na confección de coiro. Máis recentemente, para a elaboración de antiinflamatorios.

Os froitos do escornacabras son utilizados en Chipre para a elaboración dun pan especial. En Creta, onde recibe o nome de tsikoudia, é utilizado na elaboración dun licor que tamén se chama tsikoudia.