Abetouro común: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: ceb:Botaurus stellaris
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 56 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q25709
Liña 40: Liña 40:


[[Categoría:Ardeidos]]
[[Categoría:Ardeidos]]

[[af:Grootrietreier]]
[[ar:واق أوراسي]]
[[ba:Мөншөгөр]]
[[be:Вялікі бугай]]
[[bg:Голям воден бик]]
[[br:Bongorz bras]]
[[bs:Bukavac nebogled]]
[[ca:Bitó comú]]
[[ceb:Botaurus stellaris]]
[[cs:Bukač velký]]
[[cy:Aderyn y Bwn]]
[[da:Rørdrum]]
[[de:Rohrdommel]]
[[el:Ήταυρος]]
[[en:Eurasian Bittern]]
[[eo:Granda botaŭro]]
[[es:Botaurus stellaris]]
[[et:Hüüp]]
[[eu:Txori zezen arrunt]]
[[fi:Kaulushaikara]]
[[fo:Mækjuglámur]]
[[fr:Butor étoilé]]
[[frr:Raidtromp]]
[[fy:Reiddomp]]
[[he:אנפה מסורטטת גדולה]]
[[hr:Bukavac nebogled]]
[[hu:Bölömbika]]
[[it:Botaurus stellaris]]
[[ja:サンカノゴイ]]
[[kbd:БгъэкӀэхь]]
[[kk:Әупілдек]]
[[la:Botaurus stellaris]]
[[lt:Didysis baublys]]
[[lv:Lielais dumpis]]
[[mn:Усны бухшувуу]]
[[mrj:Вӹдӱшкӱж]]
[[ms:Burung Puchong Danau]]
[[nl:Roerdomp]]
[[no:Rørdrum]]
[[pl:Bąk zwyczajny]]
[[pms:Botaurus stellaris]]
[[pnb:وڈا بٹرن]]
[[pt:Abetouro-comum]]
[[ro:Buhai de baltă]]
[[ru:Большая выпь]]
[[rue:Вып]]
[[sah:Аҥыр]]
[[sh:Bukavac nebogled]]
[[sk:Bučiak veľký]]
[[sv:Rördrom]]
[[th:นกยางแดงใหญ่]]
[[tr:Bayağı balaban]]
[[udm:Иньтака]]
[[uk:Бугай (птах)]]
[[vi:Vạc rạ]]
[[zh:大麻鳽]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 08:08

Abetouro común
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Ciconiformes
Familia: Ardeidae
Xénero: Botaurus
Nome científico
Botaurus stellaris
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O abetouro común (Botaurus stellaris) e unha ave da familia das garzas (Ardeidae).

Descrición

Unha miga meirande ca un galo doméstico: ata 76 cm de lonxitude e 1,35 kg de peso. A envergadura das ás chega ós 130 cm. Ten aspecto gordecho, co pescozo gordo e patas curtas. O peteiro, relativamente curto, é forte e de cor amarela agrisada. A plumaxe está finamente listada de negro, castaño e branco. A plumaxe castaña e manchada sérvelle para mimetizarse moi ben nos canavais. Cando sente a proximidade dun intruso, fica quieto co bico apuntando cara arriba e móvese coma unha planta abaneada polo vento. Nesta posición pode aguantar ata que o intruso está moi preto. A chamada de cortexo dos machos, que recorda o abracar dun touro, pode escoitarse a quilómetros de distancia

Distribución

Cría dende Portugal ata Xapón e á illa de Sakhalin. No sur vive dende o noroeste de África ata Irán, Afganistán e ata a península de Corea. No continente europeo aniña na Europa meridional e central. Na Península Ibérica aniña no centro e no sur, en Galiza actualmente pode considerarse como moi raro.

Hábitat

Vive en zonas acuáticas coma lagos, pantanos e estanques. Precisa vexetación con zonas de canavais e xunqueiras mestas, polas que se despraza axilmente, nas que fai o niño e onde atopa abeiro. Para alimentarse precisa zonas de vexetación baixa á beira da auga ou augas abertas

Abetouro no zoo de Poznan

Reprodución

Os machos son polígamos e non se ocupan de chocar ou alimentar ós polos. Sábese de machos que se aparellan con ata sete femias reprodutoras. A época de face-lo niño varía mesmo entre as aves que viven na mesma área. Constrúeno en zonas de mato espeso, con canas e xuncos, e cóbreno con follas e herba seca. O diámetro é duns 50 cm e a altura duns 30. Poñen entre 3 e 7 ovos, nun período de entre 2 e 3 días entre a primeira e a última posta. A femia comeza a chocar en poñendo o primeiro. Incuban ámbolos dous membros da parella, aínda que o macho o fai en poucas ocasións. Os pitos rompen a casca despois de 25 ou 26 días de incubación, e comezan a saír do niño dúas ou tres semanas despois, aínda que ata que teñen máis de dous meses non poden voar, momento no que a familia se separa.

Status

A súa poboación está en forte regresión en Europa a causa da desaparición das zonas húmidas. A drenaxe de moitas zonas de nidificación e a falta de vexetación palustre ameazan a súa supervivencia. A isto hai que sumarlle as molestias que lles causan as actividades lúdicas que teñen lugar nas súas áreas de cría (foxen deseguida das zonas frecuentadas) e, nalgunhas zonas, a caza. Entre 1970 e 1990 a poboación europea reduciuse nun 20%.

Nome común noutras linguas

  • Danés: Rørdrum
  • Alemán ; Rohrdommel
  • Inglés: Great Bittern
  • Español :Avetoro
  • Francés: Butor étoilé
  • Húngaro: Bölömbika
  • Italiano: Tarabuso
  • Neerlandés; Roerdomp
  • Ruso: Bolxaia vyp’