Concelleiro, concelleira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Elimino: als, fr, hr, nn, pt, sr
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 10 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q708492
Liña 14: Liña 14:
[[Categoría:Dereito constitucional]]
[[Categoría:Dereito constitucional]]
[[Categoría:Política]]
[[Categoría:Política]]

[[ca:Regidor]]
[[cs:Konšel]]
[[de:Ratsherr]]
[[en:Councillor]]
[[es:Concejal]]
[[eu:Zinegotzi]]
[[id:Anggota dewan]]
[[la:Symbulus]]
[[nl:Gemeenteraadslid]]
[[no:Rådsherre]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 06:45

O concelleiro ou concelleira é cada unha das persoas membros do pleno dun concello, elixida democraticamente cada catro anos nas eleccións municipais, dentro das listas electorais de cada partido ou coalición política que se presenta ás eleccións.

Os concelleiros poden formar parte do grupo de goberno municipal ou poden formar parte do grupo ou grupos da oposición.

Os concelleiros que forman parte do grupo de goberno poden ter unha ou máis materias dedicadas (facenda, seguridade cidadá, deporte, turismo ...) segundo a concellaría que se lles atribúa.

O cargo de concelleiro pode ser remunerado, o que acostuma ocorrer nos municipios grandes. Os concelleiros do grupo de goberno poden formar parte da comisión de goberno do municipio.

O número de concelleiros de cada municipio varía segundo a súa poboación de dereito, é dicir, a censada no padrón municipal.

O seu estatuto e a súa función están regulados por disposicións de dereito político e dereito administrativo