Mercurio (deus): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: pms:Mercuri (mitologìa)
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 60 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1150
Liña 41: Liña 41:


[[Categoría:Mitoloxía romana]]
[[Categoría:Mitoloxía romana]]

[[an:Mercurio (mitolochía)]]
[[arz:ميركيورى(ميثولوجيا)]]
[[az:Merkuri (mifologiya)]]
[[be:Меркурый, міфалогія]]
[[bg:Меркурий (митология)]]
[[bn:মারকিউরি]]
[[br:Merc'her (doue)]]
[[bs:Merkur (mitologija)]]
[[ca:Mercuri (mitologia)]]
[[ckb:مێرکوری (میتۆلۆژیا)]]
[[cs:Merkur (mytologie)]]
[[cy:Mercher (mytholeg)]]
[[da:Merkur (gud)]]
[[de:Mercurius]]
[[en:Mercury (mythology)]]
[[eo:Merkuro (dio)]]
[[es:Mercurio (mitología)]]
[[et:Mercurius]]
[[eu:Merkurio (mitologia)]]
[[fa:مرکوری (اسطوره‌شناسی)]]
[[fi:Mercurius]]
[[fr:Mercure (mythologie)]]
[[he:מרקוריוס]]
[[hi:मरक्युरी]]
[[hr:Merkur (mitologija)]]
[[ia:Mercurio (deo)]]
[[is:Merkúríus (guð)]]
[[it:Mercurio (divinità)]]
[[ja:メルクリウス]]
[[ka:მერკური (ღმერთი)]]
[[ko:메르쿠리우스]]
[[kw:Merher (duw)]]
[[la:Mercurius (deus)]]
[[lb:Merkur (Mythologie)]]
[[lij:Mercuio (divinitæ)]]
[[lt:Merkurijus (mitologija)]]
[[lv:Merkurs (mitoloģija)]]
[[mk:Меркур (бог)]]
[[mr:मर्क्युरी]]
[[mt:Merkurju (mitoloġija)]]
[[nl:Mercurius (mythologie)]]
[[nn:Guden Merkur]]
[[no:Merkur (gud)]]
[[oc:Mercuri (mitologia)]]
[[pl:Merkury (mitologia)]]
[[pms:Mercuri (mitologìa)]]
[[pt:Mercúrio (mitologia)]]
[[ro:Mercur (zeu)]]
[[ru:Меркурий (мифология)]]
[[sh:Merkur (mitologija)]]
[[simple:Mercury (mythology)]]
[[sk:Merkúr (boh)]]
[[sl:Merkur (mitologija)]]
[[sr:Меркур (бог)]]
[[sv:Mercurius]]
[[th:เมอร์คิวรี (เทพปกรณัม)]]
[[tr:Merkür (mitoloji)]]
[[uk:Меркурій (міфологія)]]
[[war:Mercury (mitolohiya)]]
[[zh:墨丘利]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 05:50

Estatua de Mercurio, de Artus Quellino, século XVII.
Reprodución ampliada da escultura en bronce da Época romana, século III-IV, atopada no Couto de Altamira, Taboexa, As Neves. Conservada actualmente no Museo de Pontevedra

Na relixión romana Mercurio (latín: Mercurius, -ii) era o deus dos mercadores, o lucro e o comercio. Fillo de Maia e Xúpiter. O seu nome está relacionado co latín merx, mercis. A denominación etrusca era Turms. Foi asimilado ao deus grego Hermes.

O seu nome, Mercurio, foi utilizado para nomear obxectos diversos, como o planeta Mercurio, ou o elemento químico homónimo.

Atributos

Os atributos tradicionais, cos que era representado, son a bolsa - na man, o máis común -, o cabalo Pegaso alado ou non, o bastón caduceo, as sandalias aladas, o chapeu ou petasus, así como o galo (símbolo do novo día e a esperteza) e/ou o macho cabrío (símbolo da fertilidade) e, mesmo, a tartaruga (pois a lenda narraba que o deus inventara a lira, usando a concha dun destes animais).

Mitoloxía

Mercurio non aparece entre os numinosos dei indigetes, da primitiva relixión romana. Mais ben, reasumiu os deuses Luceres, que sufrirían o sincretismo con a relixión grega, durante a época da República, a partir do século III a.C. Mercurio esencialmente, tiña o mesmo aspecto que Hermes, co seu petasus, as ás nos tornecelos, apoiábase no caduceo, e ía acompañado do galo, o bode ou o sapoconcho.

Como Hermes, era tamén o mensaxeiro dos deuses e deus do comercio, en particular do comercio de cereais. Era considerado así mesmo como un deus da abundancia e do éxito nos negocios, especialmente na Galia. Ao igual que Hermes, Mercurio era tido por un deus psicopompo, é dicir, guía das ánimas no mundo de ultratumba. Como psicopompo, xustifícase a presenza ao seu lado do can, animal vinculado á noite, a lúa e os mortos. Aínda máis, Ovidio, escribiu que Mercurio levou os soños de Morfeo desde o val de Hypnos, o Soño, ata os durmidos humanos.

O templo de Mercurio no Circo Máximo, entre os outeiros do Aventino e o Palatino, foi erguido en -495. Este era un sitio apropiado para adorar a un veloz deus do comercio e as viaxes, dado que non só era un lugar para carreiras, senón tamén un centro de comercio e negocios. A súa colocación entre o Aventino, centro histórico da emerxencia da plebe, e o Palatino, centro da aristocracia, enfatizaba o papel de Mercurio, como mediador.

Debido a que Mercurio, non fora unha das deidades primarias sobreviventes do Reino de Roma, non lle fora asignado un flamen ou sacerdote, pero tiña unha óptima festa o 15 de maio, as Mercurialia. Durante as Mercurialia, os mercadores salpicaban auga sobre as cabezas propias, auga que sacaban do pozo sagrado do deus, sito preto da Porta Capena.

Nomes e epítetos

Mercurio, denominado entre os romanos Mercurius e, ocasionalmente, en primitivos escritos, Merqurius, Mirqurios ou Mircurios, tiña varios epítetos que representaban diferentes aspectos ou roles, ou mostraban o sincretismo con deidades non romanas. Eis algúns dos máis coñecidos:

  • Mercurius Artaios, combinación de Mercurio co deus celta Artaios, un deus barbado e cazador, que recibía culto en Beaucroissant, Francia.
  • Mercurius Arvernus, neste caso co deus celta Arvernus. Arvernus era adorado no país do río Rin, posibelmente como divindade da tribo dos Arverni.
  • Mercurius Cissonius, combinación de Mercurio co deus celta Cissonius, que aparece en inscricións espalladas nunha área que vai da actual Colonia, Alemaña, a Saintes, Francia.
  • Mercurius Esibraeus, combinación da deidade lusitana Esibraeus e Mercurio. Esibraeus aparece só nunha inscrición de Medelim, Portugal; posibelmente é identificábel co deus Bandua Isibraiegus, citado noutra inscrición da próxima aldea de Bemposta.
  • Mercurius Gebrinius, combinación de Mercurio co deus celta ou xermánico Gebrinius, que se cita no epígrafe dun altar procedente de Bonn, Alemaña.
  • Mercurius Moccus, do deus céltico Moccus, asimilado a Mercurio, sinalado en inscrición de Langres, Francia. O nome Moccus, celta: "porco", suxire que a deidade estaría vencellada á caza do xabarín ou porco montés.
  • Mercurius Visucius, combinación co deus celta Visucius, indicado en epígrafe procedente de Stuttgart, Alemaña. Visucius foi adorado primeiramente nas zonas fronteirizas entre a Galia e Xermania. Mais certos aspectos do deus non romano, suxiren que tamén se podía asimilar a Marte, consonte unha inscrición a "Mars Visucius" achada na Galia.

Véxase tamén

Outros artigos