Francisco Silvela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 8 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1236383
Liña 42: Liña 42:
[[Categoría:Presidentes de España|Silvela]]
[[Categoría:Presidentes de España|Silvela]]
[[Categoría:Nados en Madrid]]
[[Categoría:Nados en Madrid]]

[[ca:Francisco Silvela y de Le Villeuze]]
[[de:Francisco Silvela Le Vielleuze]]
[[en:Francisco Silvela]]
[[es:Francisco Silvela]]
[[fr:Francisco Silvela]]
[[it:Francisco Silvela]]
[[la:Franciscus Silvela le Vielleuze]]
[[pt:Francisco Silvela y le Vielleuze]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 04:47

Francisco Silvela

Francisco Silvela y de Le Villeuze, nado en Madrid o 15 de decembro de 1843 e falecido na mesma cidade o 29 de maio de 1905). Historiador, avogado e político español. Entre 1899 y 1903 ocupou dúas veces a presidencia do Consello de Ministros. Silvela tamén foi un destacado ensaísta e escritor que editou obras históricas, xurídicas, ensaios e colaborou en publicacións como La Época, La Revista de España, El Imparcial e El Tiempo. Pertenceu as Reais Academias Española, de Ciencias Morais e Políticas e de Xurisprudencia e Lexislación.

Era fillo do ilustre avogado Francisco Agustín Silvela, ministro de Gobernación e de Graza e Xustiza, Vicepresidente do Congreso e Maxistrado do Tribunal Supremo.

Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e ingresou na Academia de Xurisprudencia en 1862. Iniciou a súa actividade política como deputado nas Cortes Constituíntes de 1870, representando de Ávila, adscribíndose ao grupo conservador de Cánovas del Castillo. Non participou en actividades políticas durante todo el sexenio revolucionario, rexeitando calquera cargo político durante o reinado de Amadeo de Savoia e na Primeira República.

Con a Restauración borbónica en España foi nomeado ministro de Gobernación no gabinete de Martínez Campos en 1879, logo de se ter ocupado da Subsecretaría dese Ministerio desde 1875. Introduciu reformas no sistema de beneficencia que suscitarían a oposición de Romero Robledo. Destacou polas súas disidencias no seo do conservadorismo da Restauración, movemento desde o cal defendía un réxime político parlamentario constitucional. Discrepou con Cánovas ao rexeitar o sistema de quenda política, baseado no caciquismo e na fraude electoral, e rexeitou o sistema político canovista como decadente e carente de moralidade. Cando se produciu a ruptura entre Robledo y Cánovas, a raíz do asinamento do Pacto do Pardo (1895), co establecemento da quenda política co líder liberal Sagasta en 1881, Silvela converteuse no lugartenente do líder conservador.

En 1885 foi nomeado Ministro de Graza e Xustiza.

No goberno de Cánovas de 1890, ocuparía o posto de Ministro de Gobernación, pero ante a reconciliación entre Robledo e o líder conservador preferiu dimitir, formando un novo grupo disidente: os silvelistas; con un programa no que unha parte importante era a reforma total do goberno municipal, como base para crear unha moralidade política que impedise o funcionamento do caciquismo e o uso da política local para fins electoralistas. Pretendeu realizar un proxecto rexeneracionista desde arriba, que despois sería continuado por Antonio Maura.

Despois da morte de Cánovas en 1897, Silvela foi nomeado xefe indiscutido do Partido Conservador.

Entre 1899 y 1903 ocupou dúas veces a presidencia do Consello de Ministros, incorporando no seu gabinete figuras da categoría de Villaverde, Polavieja, Maura o Dato. No seu primeiro goberno acumulou tamén a Carteira de Estado e no segundo a de Mariña.

No 1903 retirouse definitivamente da vida política, non sen antes designar a Antonio Maura como o seu sucesor.




Predecesor:
Práxedes Mateo Sagasta
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1899
Sucesor:
Marcelo Azcárraga Palmero
Predecesor:
Práxedes Mateo Sagasta
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1902
Sucesor:
Raimundo Fernández Villaverde

Obras

  • Cartas de la Venerable Sor María de Agreda y El Señor Rey Don Felipe IV. (1885)
  • Sin Pulso. Xornal El Tiempo (1898)
  • La Filocalia, o arte de distinguir a los cursis de los que no lo son - en colaboración con Santiago Liniers - (1868)

Véxase tamén