Rombozoos: Diferenzas entre revisións
m r2.7.3) (Bot: Cambio gv:Rhombosoa por gv:Dicyemida |
|||
Liña 55: | Liña 55: | ||
[[Categoría:Mesozoa]] |
[[Categoría:Mesozoa]] |
||
[[ar:رحويات]] |
|||
[[az:Disiemidlər]] |
|||
[[bg:Dicyemida]] |
|||
[[ca:Rombozou]] |
|||
[[ceb:Rombosoa]] |
|||
[[cs:Sépiovky]] |
|||
[[de:Rhombozoa]] |
|||
[[en:Dicyemida]] |
|||
[[es:Rhombozoa]] |
|||
[[fa:لوزیزیان]] |
|||
[[fr:Rhombozoa]] |
|||
[[gv:Dicyemida]] |
|||
[[hr:Rhombozoa]] |
|||
[[it:Rhombozoa]] |
|||
[[ja:菱形動物門]] |
|||
[[ko:능형동물]] |
|||
[[nl:Rhombozoa]] |
|||
[[no:Rhombozoer]] |
|||
[[oc:Rhombozoa]] |
|||
[[pl:Rombowce]] |
|||
[[pt:Rhombozoa]] |
|||
[[ru:Дициемиды]] |
|||
[[simple:Rhombozoa]] |
|||
[[sk:Rhombozoa]] |
|||
[[sv:Rhombozoer]] |
|||
[[th:ไดยีมิดา]] |
|||
[[uk:Дицієміди]] |
|||
[[war:Rhombozoa]] |
|||
[[zh:菱形蟲門]] |
Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 04:46
Rombozoos / Diciémidos Rhombozoa vel Dicyemida | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||
|
Os rombozoos (Rhombozoa) ou diciémidos (Dicyemida) son un grupo de animais, constituído por pequenos parasitos dos riles de peixes e moluscos (polbos e luras). Viven en mucosas e outros lugares cun ambiente practicamente anaeróbico. Existen aproximadamente 75 especies. Cada adulto ten aproximadamente 30 células.
Estrutura
O estadio máis frecuente nestes animais é o de adulto ou nematóxeno. O nematóxeno é un animal pequeno, ciliado, vermiforme e cun número constante de células superficiais ou somatodermo (entre 10 e 15 células segundo a especie) rodeado por unha célula axial alongada e central onde se forman os embrións vermiformes. Nos cefalópodos adultos, as células axiales forman una gónada hermafrodita que produce un óvulo fertilizado polo esperma producido nesa mesma gónada. Cando o hospedador chega á madurez sexual, os nemátoxenos pasan a rombóxenos, cargándose algúnhas células de inclusións e dando lugar a células verruciformes. As células xerminais dos rombóxenos dan lugar a unha larva infusoriforme. Dentro da larva está un espazo chamado furna con catro células centrais rodoeado por detrás e lateralmente por outras células grandes e planas. Diante das células centrais hai unha cavidade da furna, pechada por dúas células ciliadas que están detrás das células apicais.
Unha vez que a larva infusoriforme sae do hospedador descoñécese o resto do seu ciclo vital aínda que se supón que entra noutro hospedador.
Clasificación
Os rombozoos ou diciémidos pódense dividir nos seguintes grupos:
- Orde Heterocyemida
- Familia Conocyemidae.
- Xénero Conocyema ( 2 especies)
- Xénero Microcyema ( 1 especie: M. vespa)
- Familia Conocyemidae.
- Orde Dicyemida
- Familia Dicyemidae
- Xénero Dicyema ( 13 especies)
- Xénero Dicyemennea ( 3 especies)
- Xénero Dicyemodeca ( 3 especies)
- Xénero Dodecadicyema ( 1 especie: D. loligoi)
- Xénero Pleodicyema ( 1 especie: P. delamarei)
- Xénero Pseudicyema ( 1 especie: P. truncatum)
- Familia Katharellidae
- Xénero Kantharella ( 1 especie: K. antarctica)
- Familia Dicyemidae
Listaxe dos rombozoos máis coñecidos (por orde alfabética do nome científico)
- Dodecadicyema loligoi
- Kantharella antarctica
- Microcyema vespa
- Pleodicyema delamarei
- Pseudocyema truncatum
Véxase tamén
Bibliografía
- Furuya, H. & K. Tsuneki (2003): "Biology of Dicyemid Mesozoans". Zoological Science 20: 519-532.
- Furuya, H., F. G. Hochberg, & K. Tsuneki (2003): "Reproductive traits in dicyemids". Marine Biology 143: 693-706.
- Hochberg, F. G. (1982): "The "kidneys" of cephalopods: a unique habitat for parasites". Malacologia 23: 121-134.
- McConnaughey, B. H. (1951): "The life cycle of the dicyemid Mesozoa". University of California Publications in Zoology 55: 295-336.
- Pawlowski, J. I. et al. (1996): "Origin of the Mesozoa inferred from 18S rRNA gene sequences". Molecular Biology and Evolution 13: 1128-1132.