Qadesh: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: jv:Kadesh
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 24 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q690035
Liña 15: Liña 15:
[[Categoría:Hurritas]]
[[Categoría:Hurritas]]
[[Categoría:Historia de Siria]]
[[Categoría:Historia de Siria]]

[[als:Kadesch]]
[[ar:تل النبي مندو]]
[[az:Kadeş]]
[[ca:Cadeix (Síria)]]
[[de:Kadesch]]
[[en:Kadesh]]
[[es:Qadesh]]
[[eu:Kadesh]]
[[fr:Qadesh (ville)]]
[[he:קדש (ארנת)]]
[[hu:Kádes]]
[[id:Kadesh]]
[[it:Qadeš]]
[[ja:カデシュ]]
[[jv:Kadesh]]
[[lt:Kadešas]]
[[no:Kadesj]]
[[pl:Kadesz (miasto)]]
[[pt:Kadesh]]
[[ru:Кадеш]]
[[sh:Kadeš]]
[[sk:Kadeš]]
[[tr:Kadeş]]
[[uk:Кадеш]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 03:06

Qadesh (tamén escrito Kadesh, nome que quere dicir "Santa") foi unha cidade da antiga Siria, na beira do río Orontes, probabelmente localizada na moderna escavación de Tell Nebi Mend, a uns 24 km ao suroeste de Hims.

Foi unha cidade dos cananeos que, aliada con outra cidade importante, Megiddo, e outras menores, se opuxo á conquista da rexión por Tuthmosis III de Exipto. A cidade era mencionada como Qidshu nas taboíñas de Amarna e era probabelmente aliada do rei hurrita de Mittani. Os exipcios, vencedores na batalla de Megiddo, impuxeron a súa hexemonía na zona do Levante.

Coñécense os nomes de tres reis de Qadesh: Suttarna (sobre -1350); Etakkama (sobre -1345) e Ari-Teshub (sobre -1330-1325).

Despois da vitoria do rei hitita Suppiluliumas I sobre o reino de Niya (ao sur de Alepo) dirixiuse ao sur, en dirección a Qatna, onde o rei Akizzi se someteu. Acto seguido, continuou avanzando cara a Apa (talvez Apina ou Upe, despois Damasco), rexión que, polo menos en parte, era controlada por Exipto. Neste momento Suttarna, rei de Qadesh (vasalo exipcio) e o seu fillo Aitaqqama, que talvez se sentiron ameazados, atacaron aos hititas, a pesar de que este non fixo ningún movemento para atacar Qadesh. O rei hitita derrotounos e refuxiáronse na cidade de Abzuya, cidade que foi asediada e conquistada, e Suttarna, o seu fillo e outros familiares (fillos, irmáns) feitos prisioneiros (igualmente marcharon co rei para Hatti). Acto seguido o rei hitita estableceu como rei vasalo a Aitaqqama (Etakkama), pero, despois da saída dos hititas, o novo soberano insistiu nunha carta na súa lealdade ao faraón.

Qadesh, que había uns 150 anos que era vasalo de Exipto, aliouse cos hititas; sobre -1300 foi dominado efemeramente por Seti I. Ramsés II preparou unha expedición militar como resposta. Os dous exércitos chocaron na zona do río Orontes, preto da cidade, e librouse a chamada batalla de Qadesh entre hititas e exipcios; os exipcios atribuíronse a vitoria, pero crese que foi máis ben favorábel aos hititas; a data da batalla non está establecida definitivamente, pero foi sobre o -1285. Qadesh permaneceu baixo influencia hitita e restou no seu poder durante un século cono estado vasalo.

O reino pasou finalmente aos israelitas no século -XI.