Bulimia nerviosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Esmalte dentario
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 42 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q180913
Liña 19: Liña 19:


[[Categoría:Trastornos alimentarios]]
[[Categoría:Trastornos alimentarios]]

[[ar:نهام عصبي]]
[[ca:Bulímia]]
[[cs:Bulimie]]
[[de:Bulimie]]
[[el:Ψυχογενής βουλιμία]]
[[en:Bulimia nervosa]]
[[eo:Bulimio]]
[[es:Bulimia]]
[[et:Buliimia]]
[[eu:Bulimia]]
[[fi:Bulimia]]
[[fr:Boulimie]]
[[he:בולימיה נרבוזה]]
[[hr:Bulimija]]
[[id:Bulimia nervosa]]
[[io:Bulimio]]
[[is:Lotugræðgi]]
[[it:Bulimia]]
[[ja:神経性大食症]]
[[ka:ბულიმია]]
[[kk:Булимия]]
[[ko:폭식증]]
[[lmo:Bülimía]]
[[lt:Bulimija]]
[[ms:Bulimia nervosa]]
[[nl:Boulimie]]
[[no:Bulimia nervosa]]
[[pl:Bulimia]]
[[pt:Bulimia nervosa]]
[[ro:Bulimie]]
[[ru:Нервная булимия]]
[[sh:Bulimija]]
[[simple:Bulimia nervosa]]
[[sl:Bulimija]]
[[sq:Bulimia]]
[[sr:Булимија]]
[[sv:Bulimia nervosa]]
[[tl:Bulimia nervosa]]
[[tr:Bulimiya nervoza]]
[[uk:Булімія]]
[[vi:Chứng háu ăn]]
[[zh:神經性暴食症]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 02:28

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A bulimia é un trastorno alimentario consistente nun apetito esaxerado, cunha ansia compulsiva de comer grandes cantidades de comida, unida a unha sensación de que este tipo de alimentación é anormal. Aparece sensación de culpa e medo a non poder deter esas ansias imparábeis de comer xunto con temor á obesidade; estes episodios danse moitas veces en quen está a sufrir anorexia nerviosa, que alternan períodos de privación de alimentos con períodos de bulimia. É unha enfermidade mental, xa que o temor a engordar e a falta de autocontrol sobre a alimentación, fai que os sentimentos e pensamentos determinen un estado anímico e mental que acaba en procesos depresivos.

Unha influencia moi importante son os medios de comunicación, especialmente a televisión, que venden a idea que estar delgado vai asociado á felicidade, éxito laboral, éxito nas relacións sociais, beleza, mocidade e a unha mellor calidade de vida.

Os enfermos de bulimia poden chegar a comer até 3 ou 4 quilos nunha soa comida, sen mastigalos apenas. Moitas veces, o acto compulsivo de comer vai seguido da indución do vómito. O ataque de fame dura unha hora e pódense inxerir 3.500 calorías durante unha comida. O tipo de comida preferida nestes casos son os hidratos de carbono, como os xeados, as conservas, as pastas e as bebidas edulcoradas.

Quen padece bulimia mais non anorexia nerviosa presenta un peso normal ou un sobrepeso lixeiro. É máis propenso a sufrila quen foi obeso na adolescencia. É característica a flutuación de peso con ganancias e perdas cíclicas. Nun terzo das mulleres pérdese a menstruación (amenorrea).

Os vómitos ocasionan alteracións no sangue: perda de potasio e alcalose metabólica debida ao uso de laxantes, que é habitual que se usen para contribuír a evitar o aumento de peso. Tamén se deteriora o esmalte dos dentes. Poden provocar neumonías por aspiración do vómito ou alteracións gástricas, con dilatacións e mesmo rotura do esófago, así como alteracións no páncreas (pancreatite) e arritmias fatais e asistolia[1].

O mellor tratamento é a farmacoterapia e a psicoterapia, dentro dun programa de modificación da conduta.

Aparece unha tendencia ao suicidio que duplica á dos que padecen anorexia nerviosa.

Notas

  1. Norman P. Spack Medical Complications of Anorexia Nervosa and Bulimia en Steven Wiley Emmett (ed.) Theory and Treatment of Anorexia Nervosa and Bulimia: Biomedical, Sociocultural, and Psychological Perspectives. Psychology Press, 1985, páxina 5