Glicosa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: jv:Glukosa
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 78 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q37525
Liña 66: Liña 66:


{{Link FA|id}}
{{Link FA|id}}

[[af:Glukose]]
[[ar:جلوكوز]]
[[az:Qlükoza]]
[[be:Глюкоза]]
[[be-x-old:Глюкоза]]
[[bg:Глюкоза]]
[[bn:গ্লুকোজ]]
[[bs:Glukoza]]
[[ca:Glucosa]]
[[cs:Glukóza]]
[[da:Glukose]]
[[de:Glucose]]
[[el:Γλυκόζη]]
[[en:Glucose]]
[[eo:Glukozo]]
[[es:Glucosa]]
[[et:Glükoos]]
[[eu:Glukosa]]
[[fa:گلوکز]]
[[fi:Glukoosi]]
[[fr:Glucose]]
[[fy:Druvesûker]]
[[he:גלוקוז]]
[[hi:ग्लूकोज़]]
[[hr:Glukoza]]
[[hu:Glükóz]]
[[id:Glukosa]]
[[io:Glikoso]]
[[is:Glúkósi]]
[[it:Glucosio]]
[[ja:グルコース]]
[[jv:Glukosa]]
[[ka:გლუკოზა]]
[[kk:Глюкоза]]
[[kn:ಗ್ಲುಕೋಸ್]]
[[ko:글루코스]]
[[ku:Glukoz]]
[[la:Glucosum]]
[[lt:Gliukozė]]
[[lv:Glikoze]]
[[mk:Глукоза]]
[[ml:ഗ്ലൂക്കോസ്]]
[[mn:Глюкоз]]
[[ms:Glukosa]]
[[my:ဂလူးကို့သကြား]]
[[nl:Glucose]]
[[nn:Glukose]]
[[no:Glukose]]
[[oc:Glucòsa]]
[[om:Glucose]]
[[pam:Glucose]]
[[pl:Glukoza]]
[[pt:Glicose]]
[[qu:Uwas misk'i]]
[[ro:Glucoză]]
[[ru:Глюкоза]]
[[sh:Glukoza]]
[[simple:Glucose]]
[[sk:Glukóza]]
[[sl:Glukoza]]
[[sq:Glukoza]]
[[sr:Глукоза]]
[[su:Glukosa]]
[[sv:Glukos]]
[[sw:Glukosi]]
[[ta:குளுக்கோசு]]
[[te:గ్లూకోస్]]
[[th:กลูโคส]]
[[tl:Glukosa]]
[[tr:Glukoz]]
[[tt:Глюкоза]]
[[ug:گلۇكوزا]]
[[uk:Глюкоза]]
[[ur:گلوکوز]]
[[vi:Glucose]]
[[xmf:გლუკოზა]]
[[zh:葡萄糖]]
[[zh-min-nan:Phû-tô-thn̂g]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 02:27

Glicosa
β-D-Glucose
β-D-Glucose β-D-GlucoseDebuxo dos diferentes azucres
Nome químico 6-(hidroximetil)oxano-2,3,4,5-tetrol
Sinónimo da D-glicosa Dextrosa
Variedades da D-glicosa α-D-glicosa; β-D-glicosa
Abreviaturas Glc
Fórmula química C6H12O6
Masa molecular 180.16 g mol−1
Punto de fusión α-D-glicosa: 146 °C
β-D-glicosa: 150 °C
Densidade 1.54 g cm−3
Número CAS 50-99-7 (D-glicosa)
Número CAS 921-60-8 (L-glicosa)

A glicosa, glucosa ou dextrosa[1] é unha forma de azucre que se atopa nas froitas e no mel. É un monosacárido coa mesma fórmula empírica que a frutosa pero con diferente estrutura. É una hexosa (6 átomos de carbono) do tipo aldosa (presenta e grupo carbonílico de tipo aldehido), mentres que a frutosa é do tipo cetosa (presenta o grupo carbonílico de tipo cetona).

Todas as froitas naturais teñen unha certa cantidade de glicosa (a miúdo con frutosa), que pode ser extraída e concentrada para preparar un azucre alternativo. Pero a nivel industrial tanto a glicosa líquida (xarope de glicosa) como a dextrosa (glicosa en po) obtéñense a partir da hidrólise enzimática do amidón procedente de cereais (xeralmente trigo ou millo).

A molécula (C6H12O6) é unha aldohexosa (aldehido pentahidroxilado) de tipo monosacárido. A glicosa é o segundo composto orgánico máis abundante na natureza, despois da celulosa. É a principal fonte de enerxía das células, mediante a degradación catabólica, e constitúe o compoñente principal de polímeros estruturais, como a celulosa, e de reserva enerxética, como o amidón.

Na súa forma (D-Glicosa) sofre unha ciclación cara a súa forma hemiacetálica para lograr as súas formas furano e pirano (D-glucofuranosa y D-glucopiranosa) que á súa vez presentan anómeros Alpha e Beta. Estes anómeros non presentan diferenzas de composición estrutural, pero si difiren polas súas características físicas e químicas. A D-(+)-glicosa é un dos compostos máis importantes para os seres vivos, incluíndo os humanos.

Na súa forma ß-D-glucopiranosa, unha molécula de glicosa únese a outra grazas ós -OH dos seus carbonos 1-4 para formar Celobiosa[1-4] a través dun enlace ß, e ó unirse varias destas moléculas, forma a celulosa.

Glicemia

A glicemia indícanos a taxa de glicosa no sangue. A glicemia normal establécese entre 0,8 e 1,1 gramos/litro. Esta taxa vén regulada polo fígado e polo páncreas. A glicosa almacénase no fígado en forma de glicóxeno e, cando o índice de glicemia baixa, unha enzima encárgase de transformar o glicóxeno en glicosa e liberala no torrente sanguíneo. Pola contra, cando os niveis de glicemia son altos, unha hormona, a insulina, segregada polo páncreas axuda a que as células capten glicosa. No momento da contracción muscular, os músculos esixen glicosa e o fígado libéraa no torrente sanguíneo para que chegue ás células musculares.

Notas

  1. Recibe o nome de dextrosa porque o plano de rotación da luz polarizada xira cara á dereita.

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Link FA