Sicherheitsdienst: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: ro:Sicherheitsdienst
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 32 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q153559
Liña 10: Liña 10:


[[Categoría:Alemaña nazi]]
[[Categoría:Alemaña nazi]]

[[af:Sicherheitsdienst]]
[[bg:СД (служба за сигурност)]]
[[bs:Sicherheitsdienst (SS)]]
[[ca:Sicherheitsdienst]]
[[cs:Sicherheitsdienst]]
[[de:Sicherheitsdienst des Reichsführers-SS]]
[[en:Sicherheitsdienst]]
[[eo:Sicherheitsdienst]]
[[es:Sicherheitsdienst]]
[[et:Julgeolekuteenistus]]
[[fi:Sicherheitsdienst]]
[[fr:Sicherheitsdienst]]
[[fy:Sicherheitsdienst]]
[[he:אס דה]]
[[hr:Sicherheitsdienst]]
[[it:Sicherheitsdienst]]
[[ja:SD (ナチス)]]
[[lt:Sicherheitsdienst]]
[[lv:Sicherheitsdienst]]
[[nl:Sicherheitsdienst]]
[[no:Sicherheitsdienst]]
[[pl:Sicherheitsdienst]]
[[pt:Sicherheitsdienst]]
[[ro:Sicherheitsdienst]]
[[ru:Служба безопасности (СД)]]
[[sh:Sicherheitsdienst]]
[[sr:Зихерхајтсдинст]]
[[sv:Sicherheitsdienst]]
[[tr:Sicherheitsdienst]]
[[uk:СД]]
[[vi:Sicherheitsdienst]]
[[zh:保安服務處]]

Revisión como estaba o 24 de marzo de 2013 ás 23:44

Insignia da SD levada na manga esquerda do uniforme

O Sicherheitsdienst ou SD (Servizo de Seguridade) era o servizo de intelixencia das SS. Foi a primeira organización de intelixencia en crearse dentro do partido nazi, e foi consideraba como unha "organización irmá" da Gestapo. Entre 1933 e 1939, o SD estivo baixo a autoridade da Sicherheitspolizei. A partir de 1939 foi transferida e posta baixo a autoridade da Reichssicherheitshauptamt.

Como todas as demais organizacións auspiciadas polo partido nazi, durante os Xuízos de Nuremberg, tras o final da Segunda Guerra Mundial, foi condenada por crimes contra a humanidade e prohibida en Alemaña.

Historia

O SD creouse en 1932 e púxose baixo o mando de Reinhard Heydrich, coa misión de detectar, investigar e neutralizar posibles inimigos dos líderes do partido nazi, tanto dentro como fóra do mesmo. Nesta función entraba nunha certa competencia coa Sturmabteilung (SA), pero, despois de moitas discusións, o 9 de xuño de 1934 foi declarado como "servizo de información do partido" en exclusiva. En 1938 ampliáronse as súas atribucións, convertíndoo no servizo de información oficial para todo o estado, apoiando á Gestapo e traballando en colaboración coas administracións Xeral e Interior.

O SD organizou unha rede de axentes e informadores ao longo do Reich, incluíndo tamén máis adiante os territorios ocupados. Consistía nalgúns centos de axentes a tempo completo, e varios milleiros de informadores ubicados en todos os campos da sociedade, incluíndo o propio partido nazi e as forzas armadas alemás. O SD era a axencia encargada de conseguir a información, mentres a Gestapo e a Kriminalpolizei, ou Kripo, eran as axencias executivas do sistema de policía política. Todas elas atopábanse baixo o control efectivo de Heinrich Himmler como Xefe da Policía alemá. Sumado á súa xefatura das SS, convertíano nun dos xerarcas máis influentes da Alemaña nazi.