Roy Harris: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m →‎Libros: CNRS
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q7372902
Liña 41: Liña 41:


[[Categoría:Personalidades da lingüística|H]]
[[Categoría:Personalidades da lingüística|H]]

[[en:Roy Harris (linguist)]]

Revisión como estaba o 24 de marzo de 2013 ás 22:26

Roy Harris é catedrático emérito de Lingüística Xeral na Universidade de Oxford. Foi profesor universitario en Hong Kong, Boston e París e profesor visitante e investigador en varias universidades e institucións sudafricanas, australianas e indias.

Traxectoria

Os seus libros sobre teoría da comunicación, semioloxía, historia do pensamento lingüístico e o que finalmente denominou lingüística integracional critican o falante ideal da lingüística xenerativa e as comunidades lingüísticas idealizadas por lingüistas e sociolingüistas, así como o modelo condutual saussureano de falante e oínte e de códigos e regras, con que opera a lingüística estrutural.

A súa filosofía da lingua cuestiona asuncións tradicionais do pensamento lingüístico occidental, propoñendo unha actitude radical ante a necesidade da desmitoloxizar as linguas e a lingüística e de adoptar unha nova lingüística fundamentada na visión dos signos como produtos resultantes (antes que causantes) da comunicación.

É membro fundador da International Association for the Integrational Study of Language and Communication (IAISLC) e coeditor da revista académica Language & Communication.

Lingüística integracional

As investigacións levadas a cabo por Roy Harris nos últimos 25 anos centráronse no desenvolvemento dunha aproximación integracional ós signos e ós sistemas semiolóxicos, e polo tanto a toda a comunicación humana.

A súa aproximación denominada integracionismo ou lingüística integracional parte do exame das actuais prácticas educativas ó tempo que se propón unha revisión da historia do pensamento lingüístico dende Platón á actualidade, nunha perspectiva que difire radicalmente da visión tradicional das linguas e da comunicación de base mecanicista e estrutural.

A lingüística postestrutural que Harris postula na súa abordaxe integracional presenta importantes implicacións para o noso comprendemento das relacións interpersoais así como das sociedades modernas e dos seus recursos comunicativos, incluído o discurso público das artes e as ciencias. A revista interdisciplinar que dirixe con Talbot J. Taylor destinada á discusión da comunicación verbal e non-verbal pretende a integración da lingua con outras actividades e comportamentos interactivos (de aí o nome de integracionismo) de maneira que se poida desenvolver unha ciencia da comunicación non restrinxida por fronteiras disciplinares.

Libros

  • "Synonymy and Linguistic Analysis", 1973, Oxford, Blackwell.
  • "The Language-Makers", 1980, London, Duckworth.
  • "The Language Myth", 1981, London, Duckworth.
  • "F. de Saussure: Course in General Linguistics", 1983, London, Duckworth.
  • "The Origin of Writing", 1986, London, Duckworth.
  • "Reading Saussure", 1987, London, Duckworth.
  • "The Language Machine", 1987, London, Duckworth.
  • "Language, Saussure and Wittgenstein", 1988, London, Routledge.
  • "La Sémiologie de l'écriture", 1994, Paris, CNRS.
  • "Signs of Writing', 1996, London, Routledge.
  • "The Language Connection", 1996, Bristol, Thoemmes.
  • "Signs, Language and Communication", 1996, London, Routledge.
  • "Introduction to Integrational Linguistics", 1998, Oxford, Pergamon.
  • "Rethinking Writing", 2000, London, Athlone.
  • "Saussure and his Interpreters", 2001, Edinburgh, Edinburgh UP.
  • "The Necessity of Artspeak", 2003,London, Continuum.
  • "The Linguistics of History", 2004, Edinburgh, Edinburgh UP.
  • "The Semantics of Science", 2005, London, Continuum.

Véxase tamén

Ligazóns externas