Póstumo: Diferenzas entre revisións
m →Traxectoria: arranxiño |
|||
Liña 16: | Liña 16: | ||
[[Categoría:Emperadores romanos]] |
[[Categoría:Emperadores romanos]] |
||
[[bg:Постум]] |
|||
[[br:Postumus]] |
|||
[[cs:Postumus]] |
|||
[[cy:Postumus]] |
|||
[[da:Postumus]] |
|||
[[de:Postumus]] |
|||
[[en:Postumus]] |
|||
[[es:Póstumo (emperador)]] |
|||
[[eu:Postumo]] |
|||
[[fi:Postumus]] |
|||
[[fr:Postume]] |
|||
[[fy:Postumus]] |
|||
[[got:𐍀𐍉𐍃𐍄𐌿𐌼𐌿𐍃]] |
|||
[[hr:Postum]] |
|||
[[hu:Marcus Cassianius Postumus gall császár]] |
|||
[[it:Postumo]] |
|||
[[ja:ポストゥムス]] |
|||
[[la:Marcus Cassianus Latinius Postumus]] |
|||
[[nl:Postumus]] |
|||
[[no:Postumus]] |
|||
[[pl:Postumus]] |
|||
[[pt:Marco Cassiano Latínio Póstumo]] |
|||
[[ru:Постум (император)]] |
|||
[[sh:Postum]] |
|||
[[sk:Postumus]] |
|||
[[sr:Постум]] |
|||
[[sv:Postumus]] |
|||
[[uk:Постум (галльський імператор)]] |
Revisión como estaba o 24 de marzo de 2013 ás 20:28
Marcus Casianus Latinius Postumus foi o primeiro emperador do chamado Imperium Galliarum entre os anos 259 e 268.
Traxectoria
Da súa vida sábese pouco, e cóidase que é un galo que foi subindo no exército ata chegar a ser comandante. Cando o emperador Galieno' atopou dificultades na Dacia e na Panonia, nomeou o seu fillo Salonino comandante e césar, xa que o sucesor de Galieno morrera de morte morrida. Pero Salonino, diante dos avances dos alamáns e francos cometeu moitos erros, tanto que as súas propias tropas se lle reviraron. Prodúcese unha sublevación das tropas, e nomean emperador a Póstumo. Este avanza cara a Colonia, toma as súas murallas e mata a Salonino e o seu preceptor Silvano, proclamándose emperador.
Galieno non estaba en condicións en 259 de se opoñer a este nomeamento, e oficialmente declara que Póstumo é o seu comandante nas rexións afectadas ao igual ca Odenato o é no Oriente, xa que dividira o imperio dende o punto de vista militar para unha mellor defensa del.
Pero a realidade e que Póstumo construíu un novo imperio, co seu goberno, coas súas institucións, coa súa moeda, etc, e consegue que a Galia, a Xermania, a Britania e a Hispania o acepten coma novo emperador.
Póstumo rexeita os xermanos para alén do Rhin, constrúe novas fortificacións, e mantén unidos uns territorios que Galieno moi dificilmente podería conservar. Mais adiante, no 267, Póstumo e Galieno chegan a un acordo onde se delimitan as áreas de control dos dous, e é entón cando o Imperio, co recoñecemento de Póstumo en Occidente e Odenato no Oriente queda dividido en tres partes.
No 268, rebélase o gobernador da Baixa Xermania, Leliano. As tropas de Póstumo afogan esta rebelión e poñen sitio e toman a cidade de Mainz. Póstumo impide o saqueo da vila, así que resultan asasinados tanto el coma o seu fillo Póstumo II, a quen nomeara césar e augusto. Leliano morre nesta acción e as tropas nomean a Marco Aurelio Mario.
Mario tamén morre aos poucos días a mans das tropas e o novo emperador do Imperium Galliarum é Victorino, quen fora comandante das tropas de Póstumo.