Charlie Parker: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m cat.
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 48 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q103767
Liña 47: Liña 47:
[[Categoría:Afroamericanos (Estados Unidos)|Parker, Charlie]]
[[Categoría:Afroamericanos (Estados Unidos)|Parker, Charlie]]
[[Categoría:Nados en Kansas]]
[[Categoría:Nados en Kansas]]

[[ar:شارلي باركر]]
[[bg:Чарли Паркър]]
[[bs:Charlie Parker]]
[[ca:Charlie Parker]]
[[cs:Charlie Parker]]
[[da:Charlie Parker]]
[[de:Charlie Parker]]
[[el:Τσάρλι Πάρκερ]]
[[en:Charlie Parker]]
[[eo:Charlie Parker]]
[[es:Charlie Parker]]
[[et:Charlie Parker]]
[[eu:Charlie Parker]]
[[fa:چارلی پارکر]]
[[fi:Charlie Parker]]
[[fr:Charlie Parker]]
[[he:צ'ארלי פרקר]]
[[hr:Charlie Parker]]
[[hu:Charlie Parker]]
[[id:Charlie Parker]]
[[io:Charlie Parker]]
[[it:Charlie Parker]]
[[ja:チャーリー・パーカー]]
[[ka:ჩარლზ პარკერი]]
[[ko:찰리 파커]]
[[lb:Charlie Parker]]
[[lv:Čārlijs Pārkers]]
[[nds:Charlie Parker]]
[[nl:Charlie Parker]]
[[nn:Charlie Parker]]
[[no:Charlie Parker]]
[[oc:Charlie Parker]]
[[pl:Charlie Parker]]
[[pt:Charlie Parker]]
[[ru:Паркер, Чарли]]
[[sc:Charlie Parker]]
[[scn:Charlie Parker]]
[[sh:Charlie Parker]]
[[simple:Charlie Parker]]
[[sk:Charlie Parker]]
[[sr:Чарли Паркер]]
[[sv:Charlie Parker]]
[[sw:Charlie Parker]]
[[th:ชาร์ลี พาร์กเกอร์]]
[[tl:Charlie Parker]]
[[tr:Charlie Parker]]
[[uk:Чарлі Паркер]]
[[zh:查利·帕克]]

Revisión como estaba o 24 de marzo de 2013 ás 16:42

Charlie Parker
Data nacemento29 de agosto de 1920
Nado enKansas City, Kansas
Falecemento12 de marzo de 1955 en Nova York
 Nova York e Manhattan
Causapneumonía, perforated ulcer e Pneumonia lobar
CónxuxeChan Parker
Ocupaciónmúsico
Xénerojazz
Instrumento(s)saxofón
Tempo en activo1937 - 1955
Na rede
https://charliebirdparker.com/
IMDB: nm0662127 Facebook: charlieparkermusic Twitter: CharlieParkerKC Instagram: charliebirdparkerofficial Spotify: 4Ww5mwS7BWYjoZTUIrMHfC iTunes: 284786497 Last fm: Charlie+Parker Musicbrainz: c7356af9-9ea6-4a78-a55b-c73775716312 Discogs: 75617 Allmusic: mn0000211758 WikiTree: Parker-18018 Find a Grave: 1426 Deezer: 2692 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Charles Christopher Parker, tamén coñecido como "Bird", nado o 29 de agosto de 1920 en Kansas City e finado o 12 de marzo de 1955 en Nova York, é un saxofonista de jazz activo dos anos 30 aos 50, que axudou a crear o jazz moderno e é hoxe visto como o máis grande creador desta música.

Traxectoria

Parker é un froito da efervescencia creativa da Kansas City dos anos trinta, onde a permisividade do goberno local facía que os locais onde se servía alcohol ilegal non só estivesen abertos, se non que o fixesen 24 horas. Isto provocou a afluencia de músicos en busca de traballo e creou unha escena onde predominaban os saxofonistas e o blues.

O seu pai, que fora cantante de variedades, abandonouno de novo e súa nai traballou duro de asistente nun hospital para que Charlie tivese estudos, pero xa na escola secundaria viuse que o seu interese só estaba na música. Alí estudou con Alonzo Lewis pero a maioría do que aprendeu fíxoo pola súa conta. Tras pasar por varios instrumentos quedouse no saxo alto, aínda que seguiría tocando o tenor esporadicamente (incluída unha sesión liderada por Miles Davis en 1947).

Con 15 anos xa era un músico profesional, bastante malo polo que din os que o coñeceron de novo, até que se foi de xira coa orquestra de George Lee e se encerrou a estudar, para volver sendo xa un dos grandes do seu tempo.

En 1938 emigra a Nova York temporalmente e volve a Kansas City para ingresar na banda de Jay McShann na que seguirá até 1942. É durante esta estancia que grava os seus primeiros temas e comeza a ter o seu estilo característico. Durante unha xira, para en Nova York e xa nunca volverá a Kansas. Participa activamente na creación do bebop nas jam sessions do Minton's e comeza a súa asociación creativa con Dizzy Gillespie. O seu estilo era incomprendido polo público e rexeitado pola crítica, pero o jazz é unha música de músicos e todos os intérpretes xoves (sobre todo de saxofón) estaban fascinados por Parker e cando comezaron a aparecer os seus discos estudábanos de tal forma que nuns anos o son de Charlie Parker conquistou o mundo do jazz. Por causa da folga de gravacións convocada polo sindicato de músicos non foi até 1945 que o novo estilo se viu rexistrado, nunha sesión mítica celebrada o 26 de Novembro en Nova York para a Savoy e onde se gravou o primeiro himno do novo estilo: Now's the Time. Daí até 1947 foi unha sucesión de temas revolucionarios que hoxe son clásicos: Donna Lee, Ko-ko, Yardbird Suite, Ornithology, Cool Blues.

Axiña se viu que o extremo modo de vida de Parker: consumo de cantidades inxentes de comida, alcohol e heroína comezaron a minar a súa saúde, provocándolle un colapso nervioso en 1946 e levándoo a un deterioro creativo. Aínda así, a súa produción até 1951 é salientábel e só despois comeza un lento declive.

Discografía

Todo o que gravou Charlie Paker en estudo fíxoo para tres selos: Dial, Savoy e Verve. Existen ademais algunhas gravacións en directo e as célebres cintas de Dean Benedetti.

  • The Complete Savoy Studio Sessions (3 CDs)
  • The Complete Dial Studio Sessions (3 CDs)
  • The Complete Charlie Parker on Verve (10 CDs)
  • At Storyville (Directo Blue Note, gravado en Boston en 1953)
  • The Complete Savoy Live Recordings (4 CDs)
  • The Massey Hall Concert (Directo Toronto, 1953)


Modelo:Link FA