Estreleira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 9 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2369480
Liña 18: Liña 18:
[[Categoría:Vexiloloxía]]
[[Categoría:Vexiloloxía]]
[[Categoría:Bandeiras]]
[[Categoría:Bandeiras]]

[[ast:Estreleira]]
[[ca:Estreleira]]
[[en:Estreleira]]
[[es:Estreleira]]
[[eu:Estreleira]]
[[pl:Estreleira]]
[[pt:Estreleira]]
[[ru:Эстрелейра]]
[[vec:Estreleira]]

Revisión como estaba o 24 de marzo de 2013 ás 13:28

Estreleira

A estreleira é a bandeira que simboliza a loita pola independencia da Galiza, é a bandeira galega cunha estrela vermella de cinco puntas no centro, que significa independencia e socialismo.

Historia e características

Esta modalidade da bandeira de franxa azul é utilizada polo nacionalismo galego de esquerdas, e por iso ás veces asóciase tamén a estrela vermella do medio coa esquerda política, galeguista ou non. Está hoxe moi estendida na Galiza por mor do espallamento do nacionalismo nos últimos anos. A estrela vermella foi creada por militantes do Partido Comunista español xa nos anos 40 e o seu emprego de xeito xeneralizado nos movementos de esquerda nacionalista galega débese á UPG (Unión do Povo Galego) cando difundiron o seu uso nos anos 60 lembrando a estrela vermella da bandeira dos varios países socialistas do leste[1].

Hoxe úsase coma reclamo na defensa do nacionalismo galego[2] [3]. Todos os partidos políticos nacionalistas de esquerda de Galiza (Nos-UP, FPG, BNG...) úsana coma símbolo[4]. Ademais o BNG ficou con ela no seu logotipo. A xente utilízaa nas manifestacións populares coma reivindicación, e tamén en celebracións[5].

Non ten unhas medidas precisas, xa que a estrela vermella que vai no centro ás veces vai aliñada coa franxa azul, ademais de que habería que recalibrar o ángulo da franxa azul para que a estrela fique no medio e non saia del.

Outro caso de bandeira oficial na que se inclúe unha estrela vermella é a estrelada catalá.

Notas

  1. La estrella roja: "É un símbolo do socialismo e o comunismo que representa os cinco dedos da man do traballador, así como cinco continentes. Unha versión menos frecuente suxire que as cinco puntas da estrella representan aos cinco grupos sociais que posibilitarían o tránsito ao socialismo, a saber: a xuventude, os militares, os traballadores industriais, os campesiños agricultores e os intelectuais".
  2. Souvenir nacionalista.
  3. Chumbo para resucitar aos fusilados.
  4. Galiza Nova dice que el Concello les obligó a trasladar su homenaje a la «Estreleira».
  5. Os deportistas galegos subiron a bandeira estreleira ao podio para celebrar a súa vitoria.