Clima temperado: Diferenzas entre revisións
m r2.7.3) (Bot: Cambio en:Temperateness por en:Temperate climate |
|||
Liña 46: | Liña 46: | ||
[[Categoría:Climatoloxía]] |
[[Categoría:Climatoloxía]] |
||
[[ang:Midwearme geardas]] |
|||
[[ar:مناخ معتدل]] |
|||
[[be-x-old:Умераны клімат]] |
|||
[[bg:Умерен пояс]] |
|||
[[bs:Umjereni pojas]] |
|||
[[ca:Clima temperat]] |
|||
[[cs:Mírný podnebný pás]] |
|||
[[da:Tempereret klima]] |
|||
[[de:Gemäßigte Zone]] |
|||
[[el:Εύκρατη ζώνη]] |
|||
[[en:Temperate climate]] |
|||
[[eo:Modera klimato]] |
|||
[[es:Clima templado]] |
|||
[[et:Parasvööde]] |
|||
[[eu:Klima epel]] |
|||
[[fa:مناطق معتدل]] |
|||
[[fi:Lauhkea vyöhyke]] |
|||
[[fr:Climat tempéré]] |
|||
[[he:אקלים ממוזג]] |
|||
[[hr:Umjereni pojas]] |
|||
[[hu:Mérsékelt öv]] |
|||
[[id:Iklim sedang]] |
|||
[[is:Temprað belti]] |
|||
[[it:Clima temperato]] |
|||
[[ja:温帯]] |
|||
[[ka:ზომიერი სარტყლები]] |
|||
[[kk:Қоңыржай белдеу]] |
|||
[[ko:온대]] |
|||
[[la:Zona temperata]] |
|||
[[lt:Vidutinių platumų klimatas]] |
|||
[[lv:Mērenā josla]] |
|||
[[mk:Умерена клима]] |
|||
[[ms:Iklim sederhana]] |
|||
[[my:သမပိုင်းဇုန်]] |
|||
[[nl:Gematigd klimaat]] |
|||
[[nn:Temperert klima]] |
|||
[[no:Temperert klima]] |
|||
[[pl:Klimat umiarkowany]] |
|||
[[pt:Clima temperado]] |
|||
[[ro:Zona temperată]] |
|||
[[ru:Умеренный климат]] |
|||
[[simple:Temperate zone]] |
|||
[[sv:Tempererat klimat]] |
|||
[[ta:மிதவெப்பமண்டலம்]] |
|||
[[tr:Ilıman kuşak iklimleri]] |
|||
[[uk:Помірний кліматичний пояс]] |
|||
[[vi:Ôn đới]] |
|||
[[wa:Mitan froed payis]] |
|||
[[zh:温带]] |
Revisión como estaba o 24 de marzo de 2013 ás 05:50
Unha rexión que posúe un clima temperado ten unha temperatura que varía regularmente ao longo do ano, cunha media por riba dos 10 °C, nos meses máis quentes e entre -3º e 18 °C, nos meses fríos. Posúen catro estacións ben definidas: un verán relativamente quente, un outono con temperaturas gradualmente máis baixas co pasar dos días, un inverno frío, e unha primavera con temperaturas gradualmente máis altas co pasar dos días. A humidade depende da localización e condicións xeográficas dunha rexión dada.
Nas rexións dos océanos localizadas en rexións de climas temperados, dise que posúen augas temperadas.
Clasificación dos climas temperados
Nas siglas indicadas abaixo, a segunda letra indica o padrón de precipitación: w indica invernos secos (a media do mes máis seco menor que un décimo da precipitación media do mes de verán máis húmido, ou menos de 30 mm); s indica veráns secos (a media do mes máis seco con menos de 30 mm de precipitación e menos dun terzo da precipitación do mes de inverno máis chuvoso); f significa precipitación en todas as estacións.
A terceira letra indica o nivel de temperaturas de verán: a indica que a media do mes máis quente é superior a 22 °C; b indica que a media do mes máis quente é inferior a 22 °C, con polo menos 4 meses con medias por riba de 10 °C; c indica que 3 ou menos meses teñen temperaturas medias por riba de 10 °C.
Clima temperado mediterráneo
Este clima sitúase entre as latitudes de 30º e 40 °C. O clima mediterránico é o único onde a estación fría está asociada á estación das chuvias. Os invernos están caracterizados por temperaturas mornas, debido ás correntes marítimas quentes. É no inverno cando se observa algún índice de precipitación, mentres que no verán a precipitación é case nula. Os veráns son quentes e secos, debido aos centros barométricos de alta presión. Nas áreas costeiras os veráns son máis frescos debido ás correntes frías do océano.
Exemplos:
Subtropical húmido (Cfa, Cwa)
É o clima propio do interior de continentes ou nos litorais ao leste de tales continentes, entre latitudes de 25° e 40º. Ao contrario de climas mediterráneos, unha zona cun clima subtropical posúe veráns húmidos dado masas tropicais inestables. No leste asiático, os invernos poden ser secos e máis fríos que noutros lugares con latitudes similares, debido á alta presión atmosférica de Siberia, e veráns húmidos debido á influencia das monzóns.
Exemplos:
- Houston, Texas (Cfa - Precipitación uniforme ao longo do ano)
- Brisbane, Australia (Cfa - Verán máis húmido que o inverno)
- Curitiba, Brasil (Cfa - Verán máis húmido que o inverno)
- Yalta, Ucraína (Cfa - Verán máis seco que o inverno)
- Luodian, China (Cwa)
Clima temperado marítimo
Os climas temperados marítimos sitúanse entre as latitudes de 45º e 55º. Están normalmente ao lado dos climas mediterráneos. Así e todo en Australia atópase ao lado do subtropical húmido, e a unha latitude máis baixa. Estes climas son dominantes ao longo do ano. Os veráns son frescos e anubados. Os invernos son suaves, ao contrario doutros climas a unha latitude semellante.
Exemplos:
- Limoges, Francia (Precipitación uniforme ao longo do ano)
- Langebaanweg, África do Sur(Verán máis seco que o Inverno)
- Prince Rupert, Columbia Británica, Canadá (Verán máis seco que o inverno).
Temperado subártico (Cfc)
Tal clima acontece máis perto dos polos que os climas temperados marítimos e está limitado ou a estreitos litorais da parte occidental dos continentes ou a illas deses litorais, especialmente no Hemisferio Norte.
Exemplos:
- Punta Arenas, Chile (precipitación uniforme ao longo do ano)
- Monte Dinero, Arxentina (verán máis húmido que o inverno)
- Torshavn, Illas Faroe (verán máis seco que o inverno).