Acne: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: lij:Acne; modifico: sv:Acne
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 63 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q79928
Liña 38: Liña 38:


[[Categoría:Doenzas]]
[[Categoría:Doenzas]]

[[ace:Muën]]
[[ar:عد شائع]]
[[bg:Акне]]
[[bjn:Jariawat]]
[[ca:Acne]]
[[ckb:زیبکە]]
[[cs:Akné]]
[[da:Akne]]
[[de:Akne]]
[[el:Ακμή]]
[[en:Acne vulgaris]]
[[eo:Aknohaŭto]]
[[es:Acné]]
[[et:Akne]]
[[fa:آکنه]]
[[fi:Akne]]
[[fo:Akne]]
[[fr:Acné]]
[[he:אקנה]]
[[hr:Akne]]
[[ia:Acne]]
[[id:Jerawat]]
[[io:Akneo]]
[[it:Acne]]
[[ja:ニキビ]]
[[jv:Kukul]]
[[ka:აკნე]]
[[kk:Безеу]]
[[ko:여드름]]
[[ku:Akne]]
[[ky:Безетки]]
[[la:Acne]]
[[lij:Acne]]
[[lt:Spuogas]]
[[lv:Pinnes]]
[[ml:മുഖക്കുരു]]
[[ms:Jerawat]]
[[nl:Acne]]
[[nn:Akne]]
[[no:Akne]]
[[pl:Trądzik młodzieńczy]]
[[ps:ځوانکې]]
[[pt:Acne]]
[[qu:Muchhi]]
[[ro:Acnee]]
[[ru:Акне]]
[[rw:Ibiheri byo mu maso]]
[[sh:Akne]]
[[simple:Acne]]
[[sk:Akné]]
[[sl:Akne]]
[[sr:Акне]]
[[su:Jarawat]]
[[sv:Acne]]
[[ta:ஆக்னே வல்காரிஸ்]]
[[te:మొటిమ]]
[[th:สิว]]
[[tl:Akne]]
[[tr:Akne]]
[[uk:Акне]]
[[vi:Mụn]]
[[zh:粉刺]]
[[zh-yue:暗瘡]]

Revisión como estaba o 24 de marzo de 2013 ás 03:42

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Recreación artística da acne

A acne, é unha dermatose producida pola retención da secreción das glándulas sebáceas, o que causa inflamacións e infeccións no rostro, lombo, peito e ombreiros, máis frecuente na adolescencia, a forma máis común é a acne vulgaris.


A acne vulgar ou acne polimorfo xuvenil, vulgarmente coñecida como espiñas, é a enfermidade cutánea máis frecuente[1] pois afecta ó 80% dos individuos entre os 13 e 19 anos[Cómpre referencia] e pode persistir durante a terceira e cuarta década.

Medicamente é unha enfermidade do folículo pilosebáceo, a súa patoxenia implica: aumento da secreción sebácea, dependente dos andróxenos; isto favorece a proliferación da microflora folicular e trastornos da queratinización folicular. Habitualmente está constituído por diversos elementos como son as propias espiñas, pápulas inflamatorias foliculares que poden estar infectadas (formando pústulas e incluso quistes epidérmicos) e deixar cicatrices de pequeno tamaño que quedarán como lesións permanentes cando a doenza desapareza. As localizacións preferentes das lesións son:

  • Cara.
  • Caluga.
  • Lombos.
  • Costas.
  • Peito.

A inflamación e infección pode levar á formación de abscesos dermo-epidérmicos constituíndo unha forma grave da enfermidade, o acne abscesiforme. Así e todo o habitual é que esta enfermidade curse por brotes sucesivos durante meses ou anos, que no verán mellore de forma espontánea e que desapareza entre os 25 e mailos 30 anos de idade.

É máis frecuente no sexo masculino, mais son as mulleres as que máis consultan sobre o problema.

Existen outros tipos de acne:

  • Acne Rosácea: en mulleres preferentemente despois dos 40 anos. Sobre o nariz e as rexión malares e pode chegar a afectar os ollos (conxuntivite e queratite rosácea).
  • Rinofima: en homes adultos, repetición do cadro de foliculite con seborrea abundante que leva a un aumento do volume do nariz.
  • Outras acnes menos frecuentes:
    • Acne necrótica: en adultos de ambos sexos, localizado no borde de implantación do pelo.
    • Acne nodular: deixan moitas cicatrices.
    • Acne queloidiana: Foliculite crónica na caluga, deixando unha cicatriz antiestética.
    • Acnes profesionais: En traballadores expostos ó cloro, alcatrán e aceites. Afecta ás áreas en contacto coas sustancias.
    • Acnes iatorxénicas: Producidos por medicamentos como anticonceptivos, barbitúricos, etc.


Notas

  1. William James Cunliffe, Acne. Taylor & Francis, 1989, páxina 1



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.