Natación: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: gn:Jepokuita
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 73 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q6388
Liña 45: Liña 45:
[[Categoría:Natación| ]]
[[Categoría:Natación| ]]


[[af:Swem]]
[[ar:سباحة]]
[[arz:عوم]]
[[bg:Плуване]]
[[bjn:Bakunyung]]
[[br:Neuial]]
[[ca:Natació]]
[[cs:Plavání]]
[[cy:Nofio]]
[[da:Svømning]]
[[de:Schwimmen]]
[[diq:Asnawkerdış]]
[[el:Κολύμβηση]]
[[en:Human swimming]]
[[eo:Naĝado]]
[[es:Natación]]
[[et:Ujumine]]
[[eu:Igeriketa]]
[[fa:شنا]]
[[fa:شنا]]
[[fi:Uinti]]
[[fiu-vro:Ujominõ]]
[[fr:Natation]]
[[gn:Jepokuita]]
[[he:שחייה]]
[[hi:तैराकी]]
[[hr:Plivanje]]
[[ht:Natasyon]]
[[hu:Úszás]]
[[id:Berenang]]
[[is:Sund (hreyfing)]]
[[it:Nuoto]]
[[ja:水泳]]
[[jv:Langi (olah raga)]]
[[kk:Жүзу]]
[[ko:수영]]
[[la:Natatio]]
[[lmo:Nudà]]
[[lt:Plaukimas]]
[[lv:Peldēšana]]
[[map-bms:Renang]]
[[mk:Човечко пливање]]
[[ms:Renang]]
[[mwl:Nataçon]]
[[mzn:هولی (ورزش)]]
[[nah:Tlamānelōliztli]]
[[nds:Swemmsport]]
[[nl:Zwemmen]]
[[nn:Symjing]]
[[no:Svømming]]
[[pl:Pływanie]]
[[pt:Natação]]
[[qu:Wayt'ay]]
[[ro:Înot]]
[[ru:Плавание человека]]
[[scn:Natari]]
[[sh:Plivanje]]
[[simple:Swim]]
[[sk:Plávanie]]
[[sl:Plavanje]]
[[sn:Shambira]]
[[so:Dabaal]]
[[sq:Noti]]
[[sr:Пливање]]
[[sv:Simning]]
[[szl:Puywańy]]
[[ta:நீச்சல்]]
[[te:ఈత (వ్యాయామం)]]
[[th:การว่ายน้ำ]]
[[tr:Yüzme]]
[[uk:Плавання людини]]
[[vi:Bơi]]
[[yi:שווימען]]
[[zh:游泳]]
[[zh-yue:游水]]

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2013 ás 18:24

Imaxe dunha persoa practicando a natación.

A natación é a actividade física do home e doutros animais que consiste en se desprazar na auga, por medio de movementos dos brazos e pernas.

A natación era orixinalmente un medio de supervivencia do home, que en tempos primitivos precisaba fuxir de animais maiores ou cazar por entre ríos e lagos. Actualmente a natación é sobre todo un método recreativo e un deporte, utilizándose eventualmente para salvar persoas do afogamento. Tamén existe o nado asociado a traballo, como no caso dos recolectores de perlas, algúns tipos de pescadores e aos científicos que investigan a fauna e flora marítimas.

Diversos animais posúen a capacidade de nadar por instinto; o home precisa desenvolvela. Porén, unha vez aprendida, xamais se esquece. A práctica da natación considérase un dos mellores exercicios físicos existentes.

Deporte

A natación insírese nos deportes acuáticos. O obxectivo dunha competición de natación é determinar cal o nadador máis rápido. Existe unha serie de regulamentos acerca das competicións da natación. A regra básica separa o modo polo cal o atleta gaña impulso na auga en catro estilos diferentes:

Cada un deses estilos ten especificacións en canto á posición do tórax do atleta e ao movemento de pernas e brazos. No estilo crawl, por exemplo, o atleta posiciónase co peito voltado para o fondo da piscina, en posición horizontal no nivel de auga; os brazos saen da auga en posición paralela ao corpo, xogándose para fronte por riba da auga, alternadamente (en canto un vai para diante, o outro brazo volta para tras por baixo da auga); as pernas móvense para diante e para tras tamén alternadamente. Xa no nado bolboreta, o atleta tamén fica co peito voltado para o fondo da piscina, mais xoga os dous brazos ao mesmo tempo para fronte e produce un movemento tamén sincronizado coas pernas, para riba e para baixo. No nado de costas o atleta fica co peito voltado para riba, e as costas voltadas para o fondo da piscina.

A piscina oficial de competicións mede 50 metros ao longo. Debe conter 8 raias, cada unha de 2,5 metros de largura, cun espazo suplementar mínimo de 20 centímetros ao lado das raias externas. A profundidade debe ser igual ou superior a 1,35 metros. A auga debe estar a unha temperatura entre 25 ºC e 28 ºC nas competicións.

En ámbito internacional a natación competitiva organízase pola FINA (Fédération Internationale de Natation).

Historia

Antigüidade

Dende épocas primitivas, o ser humano tivo que adaptarse ó medio que o rodea, e un deles é o acuático. Se temos en conta que a superficie do planeta Terra está formada nas súas tres cuartas partes de auga, poderemos comprender a importancia e a necesidade do home de adaptarse a este medio.

A natación coñécese dende a época prehistórica, como o demostran debuxos da Idade de Pedra na Caverna do Nadador, preto de Wadi Sora (ou Sura), na parte suroeste de Exipto. As referencias escritas datan dende o ano 2000 a. C., incluído Gilgamesh, A Ilíada, a Biblia (Ezequiel 47:5, Actos 27:42, Isaías 25:11), Beowulf, e outras sagas.

En 1538, Nicolas Wynman, profesor alemán de idiomas, escribiu o primeiro libro sobre a natación, titulado: Colymbetes.

Idade Moderna

Piscina en Mosul, Iraq.

A natación competitiva en Europa empezou ó redor do ano 1800, principalmente usando o estilo de braza. O estilo crol (do inglés crawl), entón chamado trudgen, foi introducido en 1873 por John Arturh Trudgen, que o copiou dos indios nativos de América.

A natación pasou a ser parte dos primeros Xogos Olímpicos modernos de 1896 en Atenas. En 1902, o "estilo trudgen" foi mellorado por Richard Cavill, usando a patada continua. En 1908, creouse a Asociación Mundial de Natación (a FINA: Federation Internationale de Natation Amateur).

O estilo bolboreta foi nun principio unha variación do estilo braza, ata que foi aceptado como un estilo autónomo en 1952.

Véxase tamén

Ligazóns externas