Arthur Griffith: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 19 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q342765
Liña 10: Liña 10:


[[Categoría:Presidentes de Irlanda|Griffith]]
[[Categoría:Presidentes de Irlanda|Griffith]]

[[ca:Arthur Griffith]]
[[cy:Arthur Griffith]]
[[de:Arthur Griffith]]
[[en:Arthur Griffith]]
[[es:Arthur Griffith]]
[[eu:Arthur Griffith]]
[[fr:Arthur Griffith]]
[[ga:Art Ó Gríofa]]
[[hr:Arthur Griffith]]
[[it:Arthur Griffith]]
[[ja:アーサー・グリフィス]]
[[ko:아서 그리피스]]
[[no:Arthur Griffith]]
[[pl:Arthur Griffith]]
[[ru:Гриффит, Артур]]
[[simple:Arthur Griffith]]
[[sv:Arthur Griffith]]
[[uk:Артур Ґріффіт]]
[[zh:阿瑟·格里菲斯]]

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2013 ás 16:09

Arthur Griffith
(1872–1922)

Arthur Griffith ou Art Ó Griofa, nado en en Dublín o 31 de marzo de 1872 e finado o 12 de agosto de 1922, foi un líder nacionalista irlandés, un dos que se encargou da negociación co goberno británico e pola cal Irlanda quedou dividida en dúas partes.

Traxectoria

Foi o fundador, no ano 1899, da revista United Irishman, na cal colaboraron as máis prestixiosas plumas irlandesas, entre a cal destaca dun xeito preferente a do poeta William Butler Yeats. El mesmo foi partícipe literario da súa publicación colaborando con editoriais a favor do autogoberno irlandés. No ano 1902 fundou unha organización que seria o caldo de cultivo do que posteriormente se convertería no Sinn Féin, movemento que naqueles momentos avogaba por unha Irlanda autónoma, aínda que non independente do Reino Unido.

Non existe ningunha constancia que Griffith participase no levantamento de Pascua de 1916, con todo os británicos encarcerárono como instigador e aínda que o seu período carcelario foi curto, aproximadamente dun ano, foi levado de novo a prisión un ano máis tarde sen ningunha razón legal e simplemente baseándose que era un líder nacionalista.

As eleccións xerais de 1918, levaron aos líderes do Sinn Féin ao poder, e os novos membros do Parlamento, que se reunían co nome de Dáil Éireann ou Asemblea de Irlanda, van elixir a Eamon de Valera como presidente da nación e a Griffith como o seu vicepresidente. A guerra aberta contra os británicos era inminente. A guerra de desgaste e guerrilla que os irlandeses iniciaran, baixo a supervisión de Michael Collins, contra o exército británico obtivo os seus froitos. E así, no ano 1921, Griffith foi encargado de encabezar unha delegación que tratase de buscar unha paz cos británicos e na cal se recoñecese o Estado Libre de Irlanda (coa sinatura final do Tratado Angloirlandés ). Aínda que Griffith foi elixido presidente en xaneiro de 1922, non tivo tempo de consolidarse no poder, morreu o 12 de agosto deste mesmo ano, moi pouco despois de que a guerra civil se apoderase do país.