Ante Gotovina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 2866716 de CommonsDelinker (conversa) +imaxe
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 11: Liña 11:
Segundo a acusación do fiscal do [[TPII]] que levou á súa posterior condena, durante a reconquista de Krajina, e baixo as súas ordes, soldados croatas asasinaron civís, incendiaron aldeas e dispararon contra os que fuxían sen que o xeneral fixera nada por impedilo, nun "intento premeditado de eliminar a poboación serbia de Krajina".<ref>[http://www.elpais.com/articulo/internacional/general/croata/Gotovina/banquillo/acusados/matanza/Krajina/elpepuint/20080311elpepuint_14/Tes El País: El general croata Ante Gotovina, en el banquillo de los acusados por la matanza de la Krajina.]</ref>
Segundo a acusación do fiscal do [[TPII]] que levou á súa posterior condena, durante a reconquista de Krajina, e baixo as súas ordes, soldados croatas asasinaron civís, incendiaron aldeas e dispararon contra os que fuxían sen que o xeneral fixera nada por impedilo, nun "intento premeditado de eliminar a poboación serbia de Krajina".<ref>[http://www.elpais.com/articulo/internacional/general/croata/Gotovina/banquillo/acusados/matanza/Krajina/elpepuint/20080311elpepuint_14/Tes El País: El general croata Ante Gotovina, en el banquillo de los acusados por la matanza de la Krajina.]</ref>


Gotovina pasou ao retiro en [[2000]] por orde do presidente [[Stjepan Mesić]] xunto con outros seis xenerais, ao opoñerse á plena cooperación co TPII. Tras esconderse durante dous anos, en [[2003]] recoñeu a xurisdicción do TPII nunhas declaracións que concedeu a un semanario croata, nas que pediu que investigadores do Tribunal o interrogaran primeiro en [[Zagreb]], prometendo que se entregaría de cumprirse esa condición e, se despois de escoitar as súas respostas, o TPII aínda seguía incriminándoo.
Gotovina pasou ao retiro en [[2000]] por orde do presidente [[Stjepan Mesić]] xunto con outros seis xenerais, ao opoñerse á plena cooperación co TPII. Tras esconderse durante dous anos, en [[2003]] recoñeceu a xurisdición do TPII nunhas declaracións que concedeu a un semanario croata, nas que pediu que investigadores do Tribunal o interrogaran primeiro en [[Zagreb]], prometendo que se entregaría de cumprirse esa condición e, se despois de escoitar as súas respostas, o TPII aínda seguía incriminándoo.


Mesić apoiou a proposta de Gotovina, pero o TPII insistiu na súa entrega incondicional, o que non sucedeu. Finalmente foi arrestado, sen opoñer resistencia, nun restaurante de [[Arona (Santa Cruz de Tenrife|Arona)]], ao sur de [[Tenerife]], o [[7 de decembro]] de [[2005]], pola policía española.<ref>[http://www.aporrea.org/actualidad/n70018.html Capturan en España al general croata Ante Gotovina, buscado por el TPI]</ref> Inmediatamente foi trasladado á [[A Haia|Haia]] ([[Países Baixos]]), onde se encontra a sede do Tribunal.
Mesić apoiou a proposta de Gotovina, pero o TPII insistiu na súa entrega incondicional, o que non sucedeu. Finalmente foi arrestado, sen opoñer resistencia, nun restaurante de [[Arona (Santa Cruz de Tenrife|Arona)]], ao sur de [[Tenerife]], o [[7 de decembro]] de [[2005]], pola policía española.<ref>[http://www.aporrea.org/actualidad/n70018.html Capturan en España al general croata Ante Gotovina, buscado por el TPI]</ref> Inmediatamente foi trasladado á [[A Haia|Haia]] ([[Países Baixos]]), onde se encontra a sede do Tribunal.

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2013 ás 12:23

Póster de Ante Gotovina nunha rúa.

Ante Gotovina, nado o 12 de outubro de 1955 na Illa de Pašman, Iugoslavia (actual Croacia), é un antigo xeneral do exército croata. Tras pasar 4 anos en paradoiro descoñecido como prófugo da xustiza pola súa actuacíón nas guerras iugoslavas, foi capturado en Tenerife, España a finais de 2005.

O 15 de abril de 2011 o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (TPII) declarouno culpábel de crimes contra a humanidade, sendo condenado a 24 anos de prisión efectiva pola morte de 150 civís serbios e a desaparición de varios centos nun (a Operación Tormenta contra a autoproclamada República Serbia de Krajina, en 1995. Tamén foi condenado por actos de persecución contra a población serbia de dito enclave en Croacia, a destrución e o saqueo dos seus bens, así como pola deportación de 250.000 habitantes de etnia serbia.[1]

Biografía

Na década dos anos 1970 Gotovina loitoi durante sete años no Chad como membro da Lexión Estranxiera Francesa,[2] e, despois de sufrir unha ferida na cabeza, recuperouse navegando nun iate polas Illas Canarias. En San Agustín, en Gran Canaria, fíxose membro dun club de paracaidistas e, en 1982, foi designado instrutor de comandos en América Latina, cargo co que viaxou por Guatemala, Paraguai, Colombia, Arxentina, Chile e Brasil.

Regresou a Croacia cando esta, presidida por Franjo Tudjman, proclamou a súa independencia de Iugoslavia, en 1991, e se desatataron as guerras de Croacia e Bosnia contra Iugoslavia e, despois, contra Serbia. O xeneral estivo ao mando en numerosas ofensivas contra os serbios en Croacia (e en Bosnia), entre elas a Operación Tormenta, na que o exército croata reconquistou en cinco días no mes de agosto de 1995 o territorio no que a minoría serbia autoproclamara a súa República Serbia de Krajina. Gotovina foi un dos principais comandantes daquela operación e está considerado por iso un heroe nacional por gran parte dos cidadáns croatas.

Segundo a acusación do fiscal do TPII que levou á súa posterior condena, durante a reconquista de Krajina, e baixo as súas ordes, soldados croatas asasinaron civís, incendiaron aldeas e dispararon contra os que fuxían sen que o xeneral fixera nada por impedilo, nun "intento premeditado de eliminar a poboación serbia de Krajina".[3]

Gotovina pasou ao retiro en 2000 por orde do presidente Stjepan Mesić xunto con outros seis xenerais, ao opoñerse á plena cooperación co TPII. Tras esconderse durante dous anos, en 2003 recoñeceu a xurisdición do TPII nunhas declaracións que concedeu a un semanario croata, nas que pediu que investigadores do Tribunal o interrogaran primeiro en Zagreb, prometendo que se entregaría de cumprirse esa condición e, se despois de escoitar as súas respostas, o TPII aínda seguía incriminándoo.

Mesić apoiou a proposta de Gotovina, pero o TPII insistiu na súa entrega incondicional, o que non sucedeu. Finalmente foi arrestado, sen opoñer resistencia, nun restaurante de Arona), ao sur de Tenerife, o 7 de decembro de 2005, pola policía española.[4] Inmediatamente foi trasladado á Haia (Países Baixos), onde se encontra a sede do Tribunal.

Xuízo e condena

A finais de 2006 ao caso Gotovina uníronse os casos contra Ivan Čermak, que resultaría absolto, e Mladen Markač, condenado a 18 anos de prisión en relación cos mesmos feitos (a Operación Tormenta).[5] O xuízo debía comezar en maio de 2007, pero pospúxose indefinidamente debido aos conflitos entre os avogados defensores.[6] Como avogados de Gotovina actuaron o estadounidense Greg Kehoe e o croata Luka Misetić.[7]

A causa foi instruída o 11 de marzo de 2008.[8] Na súa acusación inicial, a fiscalía cualificou de "indiscriminados" e "intolerábeis" os ataques á poboación serbia de Croacia en 1995.[9] Gotovina, xunto cos tamén xenerais Ivan Čermak e Mladen Markač foron acusados de "participar nunha acción criminal conxunta destinada a erradicar á poboación serbia da Krajina, utilizando para iso a violencia, a persecución e a destrución das súas propiedades".[10]

O 15 de abril de 2011 o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia condeouno a 24 anos de prisión efectiva pola morte de 150 civís serbios e a desaparición de varios centos durante os ataques á República Serbia de Krajina, en 1995. Foi condenado tamén pola persecución contra a población serbia, a destrución e o saqueo dos seus bens, así como pola deportación de varios miles de serbios residentes na Krajina.

Absolución

O 16 de novembro de 2012 o TPII absolveu a Ante Gotovina dos cargos de crimes de guerra e lesa humanidade, revocando a pena de 24 anos de cárcere polos que fora condenado por dito tribunal en 2011. Así mesmo, tamén anulou a condena de 18 anos que se lle impuxera ao antigo xefe da policía croata Mladen Markać por delitos similares. Para os xuíces, non se puido demostrar, como concluíra o tribunal en primeira instancia, que Gotovina e Markać formaran parte dunha "empresa criminal conxunta". Ao coñecer a noticia, Serbia acusou ao tribunal de aplicar unha "xustiza slectiva" e de emitir un "veredicto político" e, como xesto de protesta, o goberno serbio decidiu cancelar a súa participación nunha conferencia sobre o legado do TPII o a celebrar o día 22 de novembro deste ano (2012) en Belgrado.[11]

Notas

Véxase tamién

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas