Manuel Rodríguez Alfonso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Anton45 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30: Liña 30:
*[http://es.celta.wikia.com/wiki/Manuel_Rodr%C3%ADguez_Alfonso Ficha] en Celta Wikia.
*[http://es.celta.wikia.com/wiki/Manuel_Rodr%C3%ADguez_Alfonso Ficha] en Celta Wikia.
*[http://www.yojugueenelcelta.com/2008/04/manolo.html Ficha] en Yo jugué en el Celta.
*[http://www.yojugueenelcelta.com/2008/04/manolo.html Ficha] en Yo jugué en el Celta.



{{Adestradores do Celta de Vigo}}


[[Categoría:Nados en Cangas]]
[[Categoría:Nados en Cangas]]

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2013 ás 12:12

Manuel Rodríguez Alfonso, nado en Cangas o 22 de decembro de 1948, é un ex-xogador e adestrador galego de fútbol. Xogou de defensa central no Celta de Vigo, onde era coñecido como Manolo "o gran capitán".

Traxectoria

De novo xogou nos equipos infantís do Barreras e o Callao. Aos 15 anos pasou ás categorías xuvenís do Celta, debutando co primeiro equipo como titular aos 21 anos contra a Real Sociedad. Formou parte das categorías inferiores da selección española de fútbol, coa que participou no Campionato de Europa sub-23 disputado en Iugoslavia en 1969, acadando o subcampionato.

Na tempada 1973/74 estaba nun gran momento de forma, chegando o Real Madrid a ofrecer 20 millóns de pesetas pola súa fichaxe. Pero o 27 de xaneiro de 1974 o xogador galego sufriu unha dura patada de Johan Cruyff que lle provocou unha forte lesión no xeonllo, impedíndolle así fichar polo equipo madrileño e ser seleccionado polo combinado estatal.

Estivo 17 campañas no primeiro equipo, xogando 463 de liga e metendo 17 goles. O 6 de maio de 1982 recibiu unha homenaxe no Estadio de Balaídos, cun encontro entre o Celta e a selección polaca de fútbol. Despois de retirarse como xogador, foi secretario técnico do equipo. Deixou o posto ao remate da tempada 1989/90 por discrepancias co presidente José Luis Rivadulla.

Encontros e goles por campaña

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Ficha en Celta Wikia.
  • Ficha en Yo jugué en el Celta.