Edgar Wallace: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: sk:Edgar Wallace
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 30 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q271824
Liña 125: Liña 125:
{{ORDENAR:Wallace, Edgar}}
{{ORDENAR:Wallace, Edgar}}
[[Categoría:Escritores en lingua inglesa]]
[[Categoría:Escritores en lingua inglesa]]

[[ar:إدغار والاس]]
[[be-x-old:Эдгар Ўолес]]
[[bg:Едгар Уолъс]]
[[bs:Edgar Wallace]]
[[ca:Edgar Wallace]]
[[cs:Edgar Wallace]]
[[de:Edgar Wallace]]
[[en:Edgar Wallace]]
[[eo:Edgar Wallace]]
[[es:Edgar Wallace]]
[[et:Edgar Wallace]]
[[fi:Edgar Wallace]]
[[fr:Edgar Wallace]]
[[hr:Edgar Wallace]]
[[hu:Edgar Wallace]]
[[it:Edgar Wallace]]
[[la:Edgarus Wallace]]
[[lb:Edgar Wallace]]
[[my:ဝေါလေ့၊ အဂ္ဂါ]]
[[nl:Edgar Wallace]]
[[no:Edgar Wallace]]
[[pl:Edgar Wallace]]
[[pms:Edgar Wallace]]
[[pt:Edgar Wallace]]
[[ro:Edgar Wallace]]
[[ru:Уоллес, Эдгар]]
[[sh:Edgar Wallace]]
[[sk:Edgar Wallace]]
[[sv:Edgar Wallace]]
[[uk:Едгар Воллес]]

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2013 ás 09:14

Wallace en 1928.

Richard Horatio Edgar Wallace, nado en Greenwich o 1 de abril de 1875 e finado en Beverly Hills o 10 de febreiro de 1932, foi un novelista, dramaturgo e xornalista británico, pai do thriller moderno e aclamado mundialmente como mestre da narración de misterio. Ademais é o autor do guion orixinal do filme King-Kong.

Traxectoria

Naceu no número 7 de Ashburnham Grove, no distrito londiniense de Greenwich. Era fillo ilexítimo do actor Richard Horatio Edgar e da actriz Marie Richards. Foi adoptado por George Freeman, mozo do mercado de peixe de Billingsgate. Entre os 12 e os 16 anos traballou en varias imprentas, unha zapatería, unha fábrica de impermeables, como cociñeiro nun buque, como albanel e como repartidor de leite.

Prestou os seus servizos no Rexemento Real de West Kent, en Inglaterra, de 1893 a 1896, e no Corpo Sanitario Militar de Sudáfrica de 1896 a 1899; comprou a súa renuncia militar en 1899 para dedicarse ao xornalismo. Durante a Primeira Guerra Mundial serviu como subinspector da sección de Lincoln's Inn da Policía Especial (para velar pola seguridade do Palacio de Buckingham), e traballou para o Ministerio da Guerra como interrogador especial dos ex-prisioneiros procedentes dos campos de concentración alemáns.

Foi correspondente en Sudáfrica da axencia Reuter (1899-1902) e do Daily Mail (1900-1902); fundou e dirixiu o Rand Daily Mail, de Johannesburgo (1902-1903); dirixiu The Week-End Racing Supplement e a sección de carreiras de cabalos do Evening News (1910-1912); fundou os xornais deportivos Bibury's Weekly e R. E. Walton's Weekly (1913); dirixiu Ideas e The Story Journal (1913); colaborou en 'Town Topics, que logo dirixiu (1913-1916); fundou The Bucks Mail (1930); dirixiu, só nominalmente, a revista Hush (1930-1931); dirixiu o Sunday News (1931). Colaborou así mesmo en máis de cincuenta publicacións periódicas de Sudáfrica, Inglaterra e Estados Unidos.

Foi presidente reelixido do Club da Prensa (1923-1924) e fundou o Press Club Fund, institución benéfica para xornalistas, aínda vixente. Instituíu o Derby Lunch (1923), comida anual en honra da Carreira Derby, e motivou ao Jockey Club para que modificase o regulamento das carreiras de cabalos (1929). Dirixiu varias obras teatrais, así como as películas Red Ace (1929) e The Squeaker (1930), baseadas en obras súas.

Traballou como actor en 'The Crimson Circle, inspirada nunha novela súa de 1929. Presidiu a xunta directiva da compañía cinematográfica British Lion Film Corporation a partir de 1927. En 1931 presentouse como candidato ao Parlamento polo Partido Liberal, sen éxito. Ese mesmo ano marchou a Hollywood, onde faleceu despois de escribir para a R.K.O. o guion orixinal de King Kong (10 de febreiro de 1932).

Escribiu poesía, artigos, crítica teatral (no Morning Post), teatro, cinema, contos, historia e novelas. O seu labor xornalístico púxolle en contacto frecuente co mundo do crime. Axiña que se atopaba investigando o rapto dun embaixador en Marrocos como pescudando no Congo se os funcionarios belgas practicaban a tortura, ou sonsacando polos barrios baixos de Vigo un contramaestre ruso o motivo de que o seu barco disparase contra a costa inglesa (por esta causa, o contramestre foi executado tras sufrir un consello de guerra). Visitaba con frecuencia Old Bailey (Tribunal do Criminal, en Londres) para facer as súas reportaxes, e interrogaba a condenados á morte (chegou a ofrecer 5 000 libras ao Dr. Armstrong para que lle confesase a historia completa dos seus envelenamentos). Convidaba a comer a ex presidiarios e gustaba de relacionarse con personaxes do hampa, até o punto de que estivo asociado durante seis meses con "Ringer" Barrie, estafador do mundo das carreiras de cabalos, a quen alugou un negocio ilegal onde se vendían tips (prognósticos hípicos confidenciais) a cinco libras. En tres ocasiones practicou a estafa por correo para estudar as súas técnicas. O resultado foi o interesante artigo "Eu puiden ser un delincuente con éxito". Era asiduo lector do Police Journal, unha publicación reservada á Policía e que el recibía periodicamente, e coñecía a obra de criminalistas clásicos como Mantegazza e Krafft-Ebing. O seu prestixio como coñecedor do mundo do crime motivou que a policía alemá reclamase a súa axuda para atrapar o "Vampiro de Dusseldorf", e que se lle nomease subinspector da Policía Especial para protexer a vida da súa Maxestade.

Obra

Poesía

  • 1895 Songs (Canciones)
  • 1898 The Mission That Failed! A Tale of the Raid and Other Poems
  • 1900 Nicholson's Nek
  • 1900 War! and Other Poems
  • 1900 Writ in Barracks

Relatos africanos

  • 1911 Sanders of the River
  • 1911 The People of the River
  • 1914 Bosambo of the River
  • 1915 Bones
  • 1917 The Keepers of the King's Peace
  • 1918 Lieutenant Bones
  • 1922 Sandi the Kingmaker
  • 1923 Bones of the River
  • 1926 Sanders
  • 1928 Again Sanders

Novelas de suspense

  • 1905 The Four Just Men
  • 1908 Angel Esquire
  • 1908 The Council of Justice
  • 1910 The Nine Bears
  • 1913 The Fourth Plague
  • 1913 Grey Timothy
  • 1915 The Man Who Bought London
  • 1915 The Melody of Death
  • 1916 A Debt Discharged
  • 1916 The Tomb of Ts'in
  • 1917 The Just Men of Cordova
  • 1917 The Secret House
  • 1918 The Clue of the Twisted Candle
  • 1918 Down Under Donovan
  • 1919 The Green Rust
  • 1919 Kate Plus Ten
  • 1919 The Man Who Knew
  • 1920 The Daffodil Mystery
  • 1920 Jack O'Judgement
  • 1922 The Angel of Terror
  • 1922 The Crimson Circle
  • 1922 The Flying Fifty-Five
  • 1922 Mr. Justice Maxell
  • 1922 The Valley of Ghosts
  • 1923 The Clue of the New Pin
  • 1923 The Green Archer
  • 1923 The Missing Million
  • 1924 The Dark Eyes of London
  • 1924 The Face in the Night
  • 1924 Room 13
  • 1924 The Sinister Man
  • 1924 The Three Oak Mystery
  • 1925 The Blue Hand
  • 1925 The Daughters of the Night
  • 1925 The Fellowship of the Frog
  • 1925 The Gaunt Stranger
  • 1925 A King by Night
  • 1925 The Strange Countess
  • 1926 The Avenger
  • 1926 The Black Abbott
  • 1926 The Day of Uniting
  • 1926 The Door With Seven Doors
  • 1926 The Joker''
  • 1926 The Man from Morocco
  • 1926 The Million Dollar Story
  • 1926 The Northing Tramp
  • 1926 'Penelope' of the Polyantha
  • 1926 The Square Emerald
  • 1926 The Terrible People
  • 1926 We Shall See
  • 1926 The Yellow Snake'
  • 1927 Big Foot
  • 1927 The Feather Serpent
  • 1927 Flat 2
  • 1927 The Counterfeiter
  • 1927 The Hand of Power
  • 1927 The Man Who Was Nobody
  • 1927 Number Six
  • 1927 The Squeaker
  • 1927 Terror Keep
  • 1927 The Traitor's Gate
  • 1928 The Double''
  • 1928 The Flying Squad
  • 1928 The Gunner
  • 1928 The Thief in the Night
  • 1928 The Twister
  • 1929 Four Square Jane''
  • 1929 The Golden Hades
  • 1929 The Green Ribbon
  • 1929 The India Rubber Men
  • 1929 The Terror
  • 1930 The Calendar
  • 1930 The Clue of the Silver Key
  • 1930 The Lady of Ascot
  • 1930 White Face
  • 1931 The Coat of Arms
  • 1931 The Devil Man
  • 1931 The Man at the Carlton
  • 1931 On the Spot
  • 1932 The Frightened Lady
  • 1932 When the Gangs Came to London

Véxase tamén

Ligazóns externas