Miroslav Klose: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m *bandera -> bandeira; *clube -> club
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Mudo unha maiúscula innecesaria por unha minúscula.
Liña 12: Liña 12:
minibandeira = [[Ficheiro:Flag of Germany.svg|25px|alemán]] [[Ficheiro:Flag of Poland.svg|25px|polaco]]|
minibandeira = [[Ficheiro:Flag of Germany.svg|25px|alemán]] [[Ficheiro:Flag of Poland.svg|25px|polaco]]|
club = [[Bayern Munich]]|
club = [[Bayern Munich]]|
posicion = [[Posicións no Fútbol|Dianteiro Centro]]|
posicion = [[Posicións no fútbol|Dianteiro Centro]]|
partidosinternacionais = 75|
partidosinternacionais = 75|
goles = 39 (selección), 44 ([[FC Kaiserslautern]]), 53 ([[Werder Bremen]]), 10 ([[Bayern Munich]])|
goles = 39 (selección), 44 ([[FC Kaiserslautern]]), 53 ([[Werder Bremen]]), 10 ([[Bayern Munich]])|

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2013 ás 11:00

Modelo:InfFutMiroslav Klose nado co nome de Mirosław Klose en Opole (Polonia) o 9 de xuño de 1978, é un futbolista alemán, dianteiro no Bayern Munich e na selección nacional de fútbol de Alemaña.

Traxectoria

A súa nai Barbara foi membro do equipo nacional polaco de balonmán (82 encontros internacionais)e o seu pai Josef, de etnia xermana, foi entre outras cousas un xogador de fútbol profesional no AJ Auxerre. A familia mudou primeiro á Francia e logo, no 1987, á Kusel en Alemaña.

No Mundial de fútbol Corea e Xapón 2002, marcou cinco goles coa Selección de fútbol de Alemaña, rematando coma un dos mellores xogadores do mundial. Esta marca repetiuna catro anos despois no Mundial de fútbol Alemaña 2006, resultando máximo anotador do torneo e quedando en terceiro posto coa selección xermana.

Na atualidade xoga no Bayern Munich, do que é unha das súas estrelas.

"Miro" e a súa muller Sylwia foron pais de xemelgos o 30 de xaneiro de 2005, chamados Luan e Noah.

Perfil do xogador

A pesar da súa fama relativamente modesta, Klose é un dos mellores dianteiros que rematan coa testa na Bundesliga. Ademais, xoga dunha maneira naturalmente agresiva e é tecnicamente un xogador apropiado, capaz de rematar cos pés tamén. No 2005, o introvertido Klose é considerado coma un dos mellores goleadores alemáns.

Outros datos

A marca de fábrica de Miro, a celebración dos goles, consiste en abrazar ós seus compañeiros de equipo Johan Micoud e Ivan Klasnic ou un "Salto" (termo alemán para voltereta) que fixo ata cinco veces durante a Copa do Mundo de 2002.

Véxase tamén

Ligazóns externas