Espiña (botánica): Diferenzas entre revisións
Liña 34: | Liña 34: | ||
[[Categoría:Termos botánicos]] |
[[Categoría:Termos botánicos]] |
||
[[br:Spern]] |
|||
[[ca:Aculi]] |
|||
[[cs:Osten (rostliny)]] |
|||
[[da:Torn]] |
|||
[[de:Dorn (Botanik)]] |
|||
[[en:Thorns, spines, and prickles]] |
|||
[[eo:Dorno (botaniko)]] |
|||
[[es:Espina (botánica)]] |
|||
[[et:Astel]] |
|||
[[fa:خار]] |
|||
[[fr:Épine]] |
|||
[[gd:Dealg]] |
|||
[[gn:Ñuatĩ]] |
|||
[[hr:Trn]] |
|||
[[ht:Pikan]] |
|||
[[hu:Tövis (fitomorfológia)]] |
|||
[[id:Duri]] |
|||
[[io:Dorno]] |
|||
[[it:Spina]] |
|||
[[ja:棘 (植物)]] |
|||
[[ka:ეკალი (მცენარე)]] |
|||
[[ln:Nzúbɛ]] |
|||
[[lt:Rakis]] |
|||
[[nl:Doorn (plant)]] |
|||
[[pl:Cierń]] |
|||
[[pt:Espinho (botânica)]] |
|||
[[qu:Kichka]] |
|||
[[ro:Spin (botanică)]] |
|||
[[ru:Колючки]] |
|||
[[scn:Spina]] |
|||
[[sh:Trn]] |
|||
[[simple:Spine (botany)]] |
|||
[[sl:Bodica]] |
|||
[[sr:Трн]] |
|||
[[sv:Tagg]] |
|||
[[te:ముల్లు]] |
|||
[[uk:Колючки]] |
|||
[[zh:刺]] |
Revisión como estaba o 18 de marzo de 2013 ás 18:11
As espiñas son en botánica pugas duras e agudas que nacen no talo ou pólas dalgunhas plantas. Tamén se denominan espiños ou picos. Son formacións agudas , ás veces ramificadas, provistas de tecido vascular, moi ricas en tecidos de sostén e, como consecuencia, ríxidas. As espiñas poden ter a súa orixe como transformación do talo, é dicir, que son pólas reducidas, coma ocorre no abruñeiro (Prunus spinosa) ou na acacia americana (Gleditsia triacanthos), e se denominan espiñas caulinares. Neste caso, o tecido vascular da espiña é unha continuación do leño do talo. Hydrolea spinosa, planta palustre típica de brañas e humedais, é un exemplo ilustrativo de espiña caulinar, xa que a súas espiñas ás veces levan follas miudiñas, o mesmo que un talo. As espiñas tamén poden ser o resultado da transformación dunha folla, como é o caso das cactáceas e das especies do xénero Berberis, e se denominan espiñas foliares. Finalmente, en casos moi raros, as espiñas poden ser o resultado da modificación da raíz a través dun intenso proceso de lignificación e se denominan espiñas radicais. Varios termos comunmente utilizados en botánica derivan da palabra espiña. Así «espiñento/a» refírese a un tecido, órgano ou a unha planta que presenta espiñas; «espinuloso/a» ou «espinescente», cando as espiñas que mostra son miúdas.[2]
A presenza de espiñas é un carácter que se acha espallado especialmente en plantas típicas das rexións áridas, coma desertos, estepas, bosques secos e espiñeirais. Nestes casos as espiñas son polo xeral o resultado da transformación da follas e permiten reducir a transpiración da planta e auxiliar a economía de auga por mor a que non presentan estomas; é o caso dos toxos. Noutras rexións climáticas e en plantas non xerófitas tamén aparecen espiñas xa que estas estruturas duras e afiadas con ápices agudos, algunhas con puntas a xeito de lanza, anzol ou gancho, son unha excelente defensa contra os animais herbívoros.[1]
Aguillón
En botánica denomínase aguillón ou acúleo á excrecencia ríxida e aguzada que nace do tecido epidérmico dalgunhas plantas e pode ser desprendida facilmente. A diferenza das espiñas, os acúleos carecen de tecido vascular, por iso son fáciles de arrincar. O exemplo típico de aguillón é o da roseira; así mesmo, os acúleos de Ceiba speciosa, as paineiras (xéneros Chorisia e Ceiba), e de Fagara rhoifolia son emerxencias formadas por tecidos corticais do talo.[3][4][5]
Galicia
Algunhas especies espiñentas que atopamos en Galicia son:
- Os toxos.
- A silveira.
- A roseira brava ou silvo macho.
- O abruñeiro.
- O estripeiro ou espiñeiro.
- A pereira brava.
- A falsa acacia (foránea).
- Especies ornamentais: roseiras, Berberis, cactos, etc.
Espiñas na cultura
Sábese que os homes primitivos utilizaban espiñas coma ferramentas. A historia humana rexistra gran variedade de referencias culturais a eses agudos mecanismos de defensa vexetais.
O Libro do Xénese conta a creación das espiñas como un dos castigos impostos a Adán e Eva polo seu pecado. Unha das imaxes culturais máis perdurábeis é a coroa de espiñas que, segundo a Biblia, foi colocada sobre a cabeza de Xesús antes da súa crucifixión.
Un mito popular no que está tamén implicada unha espiña é o de Androcles, un escravo fuxitivo da antiga Grecia de quen se conta que amigou cun león ao lle tirar unha espiña do pezuño.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p. ISBN 84-7102-990-1
- ↑ Diccionario de Botánica. Labor. ISBN 84-335-5804-8. Parámetro descoñecido
|apellido=
ignorado (suxírese|apelidos=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|nombre=
ignorado (suxírese|nome=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|páginas=
ignorado (suxírese|páxinas=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|ubicación=
ignorado (suxírese|lugar=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|año=
ignorado (suxírese|ano=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|enlaceautor=
ignorado (suxírese|ligazón-autor=
) (Axuda) - ↑ How to Identify Trees in Southern Africa (illustrated ed.). Struik. ISBN 1770072403, 9781770072404
|isbn=
incorrecto: invalid character (Axuda). Parámetro descoñecido|nombre=
ignorado (suxírese|nome=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|apellidos=
ignorado (suxírese|apelidos=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|fecha=
ignorado (suxírese|data=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|páginas=
ignorado (suxírese|páxinas=
) (Axuda) - ↑ "Thorns & Prickles & Spines, Oh My!". Pacific Southwest District of the American Rose Society. Parámetro descoñecido
|nombre=
ignorado (suxírese|nome=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|apellido=
ignorado (suxírese|apelidos=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|fechaacceso=
ignorado (suxírese|data-acceso=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|fecha=
ignorado (suxírese|data=
) (Axuda) - ↑ "Cross-Section Through the Prickle of a Rose". Parámetro descoñecido
|nombre=
ignorado (suxírese|nome=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|apellido=
ignorado (suxírese|apelidos=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|fechaacceso=
ignorado (suxírese|data-acceso=
) (Axuda); Parámetro descoñecido|fecha=
ignorado (suxírese|data=
) (Axuda)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Espiña |