Django Unchained: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Categoría:cine]]
{{Sen referencias|data=marzo de 2013}}
'''Django Unchained''' (traducido ó galego a como "Django desencadeado") é unha película de estilo western épico estadounidense de 2012 escrita e dirixida por Quentin Tarantino. Os protagonistas da película son Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson. A película estreouse nos Estados Unidos de América o 25 de decembro de 2012.
'''Django Unchained''' (traducido ó galego a como "Django desencadeado") é unha película de estilo western épico estadounidense de 2012 escrita e dirixida por Quentin Tarantino. Os protagonistas da película son Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson. A película estreouse nos Estados Unidos de América o 25 de decembro de 2012.
A película transcorre na era previa á Guerra Civil dos Estados Unidos no sur do país, no xa vello Oeste.Un escravo (Foxx) é liberado por un cazador de recompensas (Waltz) con quen se asocia para cruzar os EUA para rescatar a súa muller (Washington) dun cruel e poderoso propietario de plantacións de algodón (DiCaprio).
A película transcorre na era previa á Guerra Civil dos Estados Unidos no sur do país, no xa vello Oeste.Un escravo (Foxx) é liberado por un cazador de recompensas (Waltz) con quen se asocia para cruzar os EUA para rescatar a súa muller (Washington) dun cruel e poderoso propietario de plantacións de algodón (DiCaprio).

Revisión como estaba o 18 de marzo de 2013 ás 16:08

Django Unchained (traducido ó galego a como "Django desencadeado") é unha película de estilo western épico estadounidense de 2012 escrita e dirixida por Quentin Tarantino. Os protagonistas da película son Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson. A película estreouse nos Estados Unidos de América o 25 de decembro de 2012. A película transcorre na era previa á Guerra Civil dos Estados Unidos no sur do país, no xa vello Oeste.Un escravo (Foxx) é liberado por un cazador de recompensas (Waltz) con quen se asocia para cruzar os EUA para rescatar a súa muller (Washington) dun cruel e poderoso propietario de plantacións de algodón (DiCaprio).

Argumento

En 1858, varios escravos varóns son transportados a través de Texas polos irmáns Speck (James Remar e James Russo). No seu grupo está Django (Jamie Foxx), quen foi separado da súa esposa Broomhilda (Kerry Washington). Os irmáns Speck encontran o Dr. King Schultz (Christoph Waltz), un dentista alemán e, sen sabelo, cazador de recompensas. Schultz libera a Django e mata un dos irmáns Speck, deixando o outro para ser asasinado polos escravos agora libres. Schultz revela que el buscou a Django para axudarlle na identificación dos irmáns Brittle, un trío de asasinos desapiadados que traballan para os propietarios das plantacións. Schultz confesa que a súa caza de recompensas é oportunista, pero fai fincapé en que, como Django, despreza a escravitude. Os dous chegan a un acordo: a cambio de axudarlle a localizar aos irmáns Brittle, Schultz liberará a Django da escravitude, daralle $ 75 e un cabalo. Despois de cazar e matar aos irmáns Brittle, Schultz lévase a Django como socio na caza de recompensas.

Despois de conseguir unha serie de informacións, Schultz e Django confirman que o dono actual de Broomhilda é Calvin J. Candie (Leonardo DiCaprio), dono dunha plantación, encantador pero brutal. Na plantación de Candie, Candyland, algúns dos seus escravos varóns son adestrados para loitar ata a morte (chamada "loita de Mandingos"). Despois de obter un convite a Candyland, Schultz e Django idean un plan para conseguir a Broomhilda facéndose pasar por potenciais compradores dun loitador Mandingo. Á súa chegada, Schultz introduce a Django como un home libre e un experto na loita de Mandingos. Candie e Schultz rapidamente chegan a un acordo para comprar un loitador Mandingo por U$ 12.000. Schultz tamén ofrece comprar a Broomhilda, alegando que, como ela fala alemán, lle axudaría a aliviar a súa nostalxia pola súa lingua materna. O interese de Schultz e Django en Broomhilda levanta as sospeitas do leal escravo de Candie, Stephen (Samuel L. Jackson), que deduce correctamente que Django e Broomhilda se coñecen entre si, e que a venda do Mandingo é unha artimaña. Candie, que é informado, armado con esta nova información demanda os $ 12.000 para Broomhilda, ou el mataraa. Schultz comprométese a compralo a este prezo co fin de salvar a súa vida, aínda que máis tarde, enfurecido polo comportamento humillante recibido por Candie, mátao, despois de finalizar os trámites da venda e liberdade. Schultz é asasinado á súa vez polos homes de Candie, os cales logo tratan de matar a Django. Django dispara a moitos dos homes de Candie, pero réndese cando Stephen ameaza con matar a Broomhilda. Como castigo, Stephen suxire que Django sexa enviado a unha mina de carbón e traballe alí ata a morte, estando de acordo a irmá de Candie, Lara (Laura Cayouette). No camiño á mina, Django persuade os negreiros de que el é un cazador de recompensas, mostrándolles o volante do seu primeiro asasinato como proba. Unha vez que consegue liberarse, mata aos negreiros, toma a súa dinamita, e monta de novo cara a Candyland.

Volvendo á plantación, Django descobre o corpo de Schultz que ten o certificado de liberdade que Candie asinou para Broomhilda. Cando os homes de Candie, os seus serventes, e a irmá volven a Candyland do funeral, Django aparece e mata os homes de Candie. Libera os escravos restantes, a excepción de Stephen, a quen dispara nos xeonllos, e mata a Lara. Despois de ocultar a dinamita dentro da casa, acende a mecha e vaise. Django cabalga lonxe con Broomhilda, cando a mansión, cos mortos e o ferido Stephen no interior, estala tras deles.

Reparto

Premios

Premio Categoría Candidatos Resultado
Premios Óscar Mellor película Reginald Hudlin, Stacy Sher, Pilar Savone Nominada
Mellor actor de reparto Christoph Waltz Gañador
Mellor guión orixinal Quentin Tarantino Gañador
Mellor fotografía Robert Richardson Nominado
Mellor edición de sonido Wylie Stateman Nominado
Premios Globos de Ouro
Mellor Película - Drama Reginald Hudlin, Stacy Sher, Pilar Savone Nominada
Mellor director Quentin Tarantino Nominado
Mellor actor de reparto Leonardo DiCaprio Nominado
Mellor actor de reparto Christoph Waltz Gañador
Mellor Guión Quentin Tarantino Gañador
Premios BAFTA
Mellor director Quentin Tarantino Nominado
Mejor guión orixinal Quentin Tarantino Gañador
Mellor actor de reparto Christoph Waltz Gañador
Mellor montaxe Fred Raskin Nominado
Mellor son Mark Ulano, Michael Minkler, Tony Lamberti, Wylie Stateman Nominados