Django Unchained: Diferenzas entre revisións
{{Subst:Sen referencias}} |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Sen referencias|data=marzo de 2013}} |
|||
Django Unchained (traducido ó galego a como "Django desencadeado") é unha película de estilo western épico estadounidense de 2012 escrita e dirixida por Quentin Tarantino. Os protagonistas da película son Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson. A película estreouse nos Estados Unidos de América o 25 de decembro de 2012. |
'''Django Unchained''' (traducido ó galego a como "Django desencadeado") é unha película de estilo western épico estadounidense de 2012 escrita e dirixida por Quentin Tarantino. Os protagonistas da película son Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson. A película estreouse nos Estados Unidos de América o 25 de decembro de 2012. |
||
A película transcorre na era previa á Guerra Civil dos Estados Unidos no sur do país, no xa vello Oeste.Un escravo (Foxx) é liberado por un cazador de recompensas (Waltz) con quen se asocia para cruzar os EUA para rescatar a súa muller (Washington) dun cruel e poderoso propietario de plantacións de algodón (DiCaprio). |
A película transcorre na era previa á Guerra Civil dos Estados Unidos no sur do país, no xa vello Oeste.Un escravo (Foxx) é liberado por un cazador de recompensas (Waltz) con quen se asocia para cruzar os EUA para rescatar a súa muller (Washington) dun cruel e poderoso propietario de plantacións de algodón (DiCaprio). |
||
==Argumento== |
==Argumento== |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
Volvendo á plantación, Django descobre o corpo de Schultz que ten o certificado de liberdade que Candie asinou para Broomhilda. Cando os homes de Candie, os seus serventes, e a irmá volven a Candyland do funeral, Django aparece e mata os homes de Candie. Libera os escravos restantes, a excepción de Stephen, a quen dispara nos xeonllos, e mata a Lara. Despois de ocultar a dinamita dentro da casa, acende a mecha e vaise. Django cabalga lonxe con Broomhilda, cando a mansión, cos mortos e o ferido Stephen no interior, estala tras deles. |
Volvendo á plantación, Django descobre o corpo de Schultz que ten o certificado de liberdade que Candie asinou para Broomhilda. Cando os homes de Candie, os seus serventes, e a irmá volven a Candyland do funeral, Django aparece e mata os homes de Candie. Libera os escravos restantes, a excepción de Stephen, a quen dispara nos xeonllos, e mata a Lara. Despois de ocultar a dinamita dentro da casa, acende a mecha e vaise. Django cabalga lonxe con Broomhilda, cando a mansión, cos mortos e o ferido Stephen no interior, estala tras deles. |
||
==Reparto== |
==Reparto== |
||
* [[Samuel L. Jackson]] como Stephen |
* [[Samuel L. Jackson]] como Stephen |
||
* [[Don Johnson]] como Spencer Gordon Bennett |
* [[Don Johnson]] como Spencer Gordon Bennett |
||
Liña 104: | Liña 101: | ||
|- |
|- |
||
|} |
|} |
||
{{Sencat}} |
|||
{{Seniw}} |
Revisión como estaba o 18 de marzo de 2013 ás 11:12
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2013.) |
Django Unchained (traducido ó galego a como "Django desencadeado") é unha película de estilo western épico estadounidense de 2012 escrita e dirixida por Quentin Tarantino. Os protagonistas da película son Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson. A película estreouse nos Estados Unidos de América o 25 de decembro de 2012. A película transcorre na era previa á Guerra Civil dos Estados Unidos no sur do país, no xa vello Oeste.Un escravo (Foxx) é liberado por un cazador de recompensas (Waltz) con quen se asocia para cruzar os EUA para rescatar a súa muller (Washington) dun cruel e poderoso propietario de plantacións de algodón (DiCaprio).
Argumento
En 1858, varios escravos varóns son transportados a través de Texas polos irmáns Speck (James Remar e James Russo). No seu grupo está Django (Jamie Foxx), quen foi separado da súa esposa Broomhilda (Kerry Washington). Os irmáns Speck encontran o Dr. King Schultz (Christoph Waltz), un dentista alemán e, sen sabelo, cazador de recompensas. Schultz libera a Django e mata un dos irmáns Speck, deixando o outro para ser asasinado polos escravos agora libres. Schultz revela que el buscou a Django para axudarlle na identificación dos irmáns Brittle, un trío de asasinos desapiadados que traballan para os propietarios das plantacións. Schultz confesa que a súa caza de recompensas é oportunista, pero fai fincapé en que, como Django, despreza a escravitude. Os dous chegan a un acordo: a cambio de axudarlle a localizar aos irmáns Brittle, Schultz liberará a Django da escravitude, daralle $ 75 e un cabalo. Despois de cazar e matar aos irmáns Brittle, Schultz lévase a Django como socio na caza de recompensas.
Despois de conseguir unha serie de informacións, Schultz e Django confirman que o dono actual de Broomhilda é Calvin J. Candie (Leonardo DiCaprio), dono dunha plantación, encantador pero brutal. Na plantación de Candie, Candyland, algúns dos seus escravos varóns son adestrados para loitar ata a morte (chamada "loita de Mandingos"). Despois de obter un convite a Candyland, Schultz e Django idean un plan para conseguir a Broomhilda facéndose pasar por potenciais compradores dun loitador Mandingo. Á súa chegada, Schultz introduce a Django como un home libre e un experto na loita de Mandingos. Candie e Schultz rapidamente chegan a un acordo para comprar un loitador Mandingo por U$ 12.000. Schultz tamén ofrece comprar a Broomhilda, alegando que, como ela fala alemán, lle axudaría a aliviar a súa nostalxia pola súa lingua materna. O interese de Schultz e Django en Broomhilda levanta as sospeitas do leal escravo de Candie, Stephen (Samuel L. Jackson), que deduce correctamente que Django e Broomhilda se coñecen entre si, e que a venda do Mandingo é unha artimaña. Candie, que é informado, armado con esta nova información demanda os $ 12.000 para Broomhilda, ou el mataraa. Schultz comprométese a compralo a este prezo co fin de salvar a súa vida, aínda que máis tarde, enfurecido polo comportamento humillante recibido por Candie, mátao, despois de finalizar os trámites da venda e liberdade. Schultz é asasinado á súa vez polos homes de Candie, os cales logo tratan de matar a Django. Django dispara a moitos dos homes de Candie, pero réndese cando Stephen ameaza con matar a Broomhilda. Como castigo, Stephen suxire que Django sexa enviado a unha mina de carbón e traballe alí ata a morte, estando de acordo a irmá de Candie, Lara (Laura Cayouette). No camiño á mina, Django persuade os negreiros de que el é un cazador de recompensas, mostrándolles o volante do seu primeiro asasinato como proba. Unha vez que consegue liberarse, mata aos negreiros, toma a súa dinamita, e monta de novo cara a Candyland.
Volvendo á plantación, Django descobre o corpo de Schultz que ten o certificado de liberdade que Candie asinou para Broomhilda. Cando os homes de Candie, os seus serventes, e a irmá volven a Candyland do funeral, Django aparece e mata os homes de Candie. Libera os escravos restantes, a excepción de Stephen, a quen dispara nos xeonllos, e mata a Lara. Despois de ocultar a dinamita dentro da casa, acende a mecha e vaise. Django cabalga lonxe con Broomhilda, cando a mansión, cos mortos e o ferido Stephen no interior, estala tras deles.
Reparto
- Samuel L. Jackson como Stephen
- Don Johnson como Spencer Gordon Bennett
- Jamie Foxx como Django
- Leonardo DiCaprio como Calvin Candie
- Christoph Waltz como Dr. King Schultz
- Kerry Washington como Broomhilda
- Franco Nero como Amerigo Vessepi
- Tom Savini como Elvis Brittle
- Anthony LaPaglia como Roy
- James Remar como Ace Speck
- RZA como Thaddeus
- Walton Goggins como Billy Crash
- M.C. Gainey como Big John Brittle
- Laura Cayouette como Lara Lee Candie-Fitzwilly
- Dennis Christopher como Leo Moguy
- Tom Wopat como Marshall Gill Tatum
- Misty Upham como Minnie
Premios
Premio | Categoría | Candidatos | Resultado |
---|---|---|---|
Premios Óscar | Mellor película | Reginald Hudlin, Stacy Sher, Pilar Savone | Nominada |
Mellor actor de reparto | Christoph Waltz | Gañador | |
Mellor guión orixinal | Quentin Tarantino | Gañador | |
Mellor fotografía | Robert Richardson | Nominado | |
Mellor edición de sonido | Wylie Stateman | Nominado | |
Premios Globos de Ouro | |||
Mellor Película - Drama | Reginald Hudlin, Stacy Sher, Pilar Savone | Nominada | |
Mellor director | Quentin Tarantino | Nominado | |
Mellor actor de reparto | Leonardo DiCaprio | Nominado | |
Mellor actor de reparto | Christoph Waltz | Gañador | |
Mellor Guión | Quentin Tarantino | Gañador | |
Premios BAFTA | |||
Mellor director | Quentin Tarantino | Nominado | |
Mejor guión orixinal | Quentin Tarantino | Gañador | |
Mellor actor de reparto | Christoph Waltz | Gañador | |
Mellor montaxe | Fred Raskin | Nominado | |
Mellor son | Mark Ulano, Michael Minkler, Tony Lamberti, Wylie Stateman | Nominados |
Este artigo non está dentro dunha categoría ou precisa categorías adicionais. Por favor, engádelle as categorías pertinentes e retira o modelo {{Sen categoría}} .Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |