Notación musical: Diferenzas entre revisións
arranxos |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Chopin trio partiture.jpg|miniatura|320px|Partitura de [[Chopin|Frederic Chopin]]]]A '''notación musical''' é un sistema de [[signo]]s para escribir [[música]]. Ó longo do tempo e das diferentes culturas desenvolvéronse diferentes sistemas de notación musical. O sistema de máis uso actualmente xurdiu dun proceso que se desenvolveu na cultura occidental. O uso sistemático da notación musical posibilita a conservación dun amplo repertorio musical ao tempo que evita que o músico teña que aprender as pezas de memoria, liberándoo da parte máis mecánica da súa tarefa, co que se pode concentrar na creación de estruturas máis complexas. |
|||
{{enuso}} |
|||
[[Ficheiro:Music-fortissimo.png|150px|dereita|miniatura|Abreviatura de ''fortíssimo''.]] |
|||
O elemento básico de calquera sistema de notación musical é a [[Nota (música)|nota]], que representa un único son e as súas características básicas: [[duración (música)|duración]] e [[altura (música)|altura]]. Os sistemas de notación tamén permiten representar moitas outras características, tales como variacións de [[Intensidade do son|intensidade]], [[expresión]] ou técnicas de execución instrumental. |
|||
== Notación patrón == |
|||
'''Fortissimo''' é unha indicación musical que di que a musica ten que ir moito máis forte. Vén do [[Lingua italiana|italiano]]. |
|||
Emprégase unha pauta de cinco liñas, chamada pentagrama. O conxunto da pauta e os demais símbolos musicais, representando unha peza musical, denomínase [[partitura]]. |
|||
=== Representación das duracións === |
|||
[[Categoría:Música]] |
|||
'''[[Tempo (música)|Tempo]]''' e '''[[Compás (música)|compás]]''' - regulan cantas unidades de tempo deben existir en cada compás. Os compases están delimitados na partitura por liñas verticais e determinan a estrutura [[ritmo|rítmica]] da música. O compás escollido está directamente asociado ao [[xénero musical]]. Un [[vals]] por exemplo ten o ritmo 3/4 e o [[rock and roll|rock]] tipicamente usa o compás 4/4. |
|||
Nunha fracción de compás, o denominador indica en cantas partes se ten que dividir unha [[semibreve]] para obter unha unidade de tempo (na notación actual a redonda é a maior duración posible e por iso todas as duracións están tomadas en referencia a ela). O numerador define cantas unidades de tempo ten o compás. No exemplo de abaixo aparece un tempo de "catro por catro", é dicir, a unidade de tempo ten unha duración de 1/4 de semibreve e o compás ten 4 unidades de tempo. Neste caso, unha redonda ocuparía todo o compás. |
|||
[[ca:Fortissimo]] |
|||
[[es:Fortissimo]] |
|||
'''Figuras musicais ou rítmicas''' - valores simbólicos que representan o tempo de duración das notas musicais. Son tamén chamados valores positivos. |
|||
Os símbolos das figuras úsanse para representar a [[duración]] a ser executada. As notas móstranse na figura de abaixo, por orde decrecente de duración. Son: [[redonda]], [[Branca (música)|branca]], [[negra]], [[corchea]], [[semicorchea]], [[fusa]] e [[semifusa]]. |
|||
Antigamente existía tamén a [[cadrada|breve]], como o dobre da duración da semibreve, a longa, como o dobre da duración da breve e a máxima, como o dobre da duración da longa, mais esas notas xa non se adoitan usar na notación actual. Cada nota ten a metade de duración que a anterior. Se pretendéramos representar unha nota dun tempo e medio (por exemplo, o tempo dunha negra sumado co dunha corchea) faise uso dun punto, chamado puntiño, seguido da nota. |
|||
A duración real (medida en [[Segundo|segundos]]) dunha nota depende da fórmula do compás e do [[andamento]] utilizado. Iso significa que a mesma nota pode ser executada con duración diferente en pezas diferentes ou incluso dentro da mesma música, como nunha mudanza de andamento. |
|||
:<center> Redonda Branca Negra Corchea Semicorchea Fusa Semifusa</center> |
|||
[[Ficheiro:Music notes.png|centro|Notas musicais]] |
|||
'''Pausas''' - representan o [[silencio]], isto é, o tempo no que non se produce ningún son, sendo chamados valores negativos. As pausas subdivídense ao igual que as notas en niveis de duración. Cada pausa dura o mesmo tempo relativo que a súa nota correspondente, ou sexa, a pausa máis longa corresponde exactamente á duración dunha redonda. A correspondencia faise na seguinte orde: |
|||
[[Ficheiro:Music rests.png|centro|Pausas]] |
|||
=== Representación das alturas === |
|||
'''[[Clave (notación musical)|Clave]]''' - clave de sol, clave de fa, clave de dó. Traspoñen toda a representación musical a unha que se adecúe mellor ao instrumento que se vai reproducir. Por exemplo, as [[altura (música)|voces graves]] usan xeralmente a clave de fa, en tanto que as máis [[altura (música)|agudas]] usan a clave de sol. Adóitase dicir que a clave de fa comeza onde remata a de sol. A clave é, pois, quen define que nota ocupará cada liña ou espazo no pentagrama. |
|||
[[Ficheiro:Music clefs.png|centro|Varias claves]] |
|||
'''Alturas''' - a altura de cada nota represéntase coa súa posición na pauta en referencia á nota definida na clave utilizada, como se amosa abaixo: |
|||
[[Ficheiro:Claves-es.png|centro]] |
|||
'''[[Alteración (música)|Alteracións]]''', '''dislocacións''' ou '''accidentes''' de ton: o [[sostido]], o [[bemol]], o [[dobre sostido]] e o [[dobre bemol]]. Represéntanse sempre antes do símbolo da nota modificando a súa altura e despois do nome das notas, cifras e tonalidades. Un sostido disloca a nota medio ton arriba (na escala), un dobre sostido disloca o son un ton cara a arriba, un bemol disloca a nota medio ton abaixo e o dobre bemol disloca o son un ton para abaixo. Por exemplo, pódese dicir que un "fa sostido" (fa#) é a mesma nota que un "''[[sol (nota musical)|sol]] bemol''" (sol♭). |
|||
[[Ficheiro:Accidentals.PNG|centro|500px]] |
|||
Unha vez que un sostido ou bemol foi aplicado a unha nota, todas as notas da mesma altura manterán a alteración até a fin do compás. No compás seguinte, todos os accidentes perden o seu efecto, polo que en caso de necesitalos haberá que colocalos outra vez. Se desexamos anular o efecto dun accidente aplicado inmediatamente antes dunha clave de tonalidade, debemos usar un [[becuadro]], que devolve á nota o seu ton [[nota natural|natural]]. No exemplo visto arriba podemos notar que a terceira nota do primeiro compás tamén é sostida, pois o accidente aplicado á nota anterior segue válido e só é anulado polo becuadro que fai que a cuarta nota sexa novamente un La normal. O segundo compás é similar, coa diferenza de que o accidente aplicado é un bemol. No terceiro compás, un sol, un la dobre bemol e un fa dobre sostido. Aínda que teñan nome diferente e ocupen distintas posicións na clave, os accidentes aplicados fan que as tres notas sexan exactamente iguais. |
|||
'''Clave''' ou '''tonalidade''', que non é máis que a asociación de sostidos ou bemois representados xunto á clave, indicando a [[escala musical|escala]] na que a música será expresada. Os sostidos ou bemois aplicados na clave duran toda a peza ou até que unha nova clave sexa definida ([[modulación (música)|modulación]]). Por exemplo, unha representación sen sostidos ou bemois, será a escala de dó maior. Na figura vemos a clave de tonalidade dunha escala de la maior. Nesta escala todas as notas fa, dó e sol deben ser sostidas, por iso lle aplicamos os accidentes na clave. |
|||
[[Ficheiro:A major key signature.png|centro]] |
|||
=== Expresión === |
|||
{{AP|Expresión (música)}} |
|||
Certos símbolos e textos indícanlle ao intérprete a forma de executar a partitura, incluíndo as variacións de volume ('''dinámica''') e tempo ('''cinética'''), así como a maneira correcta de articular as notas e separalas en frases ('''[[articulación (música)|articulación]]''' e '''[[acentuación (música)|acentuación]]'''). |
|||
==== Dinámica musical ==== |
|||
A '''[[Intensidade do son|intensidade]]''' das notas pode variar ao longo dunha música. Iso chámase '''[[Dinámica musical|dinámica]]'''. A intensidade indícase baixo o pentagrama con siglas que veñen de expresións en italiano. |
|||
* '''''pp''''' - ''[[pianissimo]]''. Execútase con intensidade moi baixa. |
|||
* '''''p''''' - ''[[piano (dinámica)|piano]]''. Execútase con intensidade baixa. |
|||
* '''''mp''''' - ''[[mezzo piano]]''. Execútase con intensidade moderada. |
|||
* '''''mf''''' - ''[[mezzo forte]]''. Execútase con intensidade moderadamente forte. |
|||
* '''''f''''' - ''[[forte]]''. Execútase con intensidade forte. |
|||
* '''''ff''''' - ''[[fortissimo]]''. Execútase con intensidade moi forte. |
|||
Excepcionalmente empréganse outros símbolos derivados dos anteriores: |
|||
* '''''ppppppp''''' - ''quasi sine toccare''. A intensidade é tan baixa como lle permita ao músico interpretar o instrumento. En notación coñécese un caso, o Concerto para violonchelo de Ligeti, que comeza con esta dinámica. |
|||
* '''''ppppp''''' - ''molto pianississimo''. É moi miúda a intensidade. |
|||
* '''''pppp''''' e '''''ppp''''' - ''pianississimo''. O primeiro adóitase chamar ''molto pianissimo''. |
|||
* '''''ffff''''' e '''''fff''''' - ''fortississimo''. O segundo adóitase chamar ''molto fortissimo''. |
|||
* '''''fffff''''' - ''molto fortississimo''. A intensidade é moi forte, como o seu nome indica. |
|||
* '''''fffffff''''' - ''quasi comme un inferno''. Indica interpretar o instrumento ao nivel máis alto posible. En notación particular, só se coñece un caso, que é o da Sinfonía da Sorpresa de Haydn. |
|||
'''Símbolos de variación de volume ou intensidade''': ''crescendo'' e ''diminuendo'', en forma de sinais de maior (>) e menor (<) para suxerir o aumento ou diminución de volume, respectivamente. Estas deben comezar onde se inicia a alteración e ''estirarse'' até a zona onde a alteración se vai cesar. O volume debe permanecer no novo nivel até que unha nova indicación sexa dada. A variación tamén pode ser brusca, con que só unha nova indicación (''p'', ''ff'', etc.) sexa dada. |
|||
[[Ficheiro:Tchaik5-2hornsolo.png|centro|miniatura|500px|Solo de [[Trompa (instrumento)|trompa]] da Sinfonía número 5 de [[Pyotr Ilyich Tchaikovsky|Tchaikovsky.]].<br />Esta partitura presenta varias marcas de dinámica. |
|||
]] |
|||
==== Cinética musical ==== |
|||
Os andamentos, que indican a velocidade de execución, son os seguintes: |
|||
* ''Grave'' - É o andamento máis lento de todos |
|||
* ''Largo'' - Moi lento, pero non tanto como o Grave |
|||
* ''Larghetto'' - Un pouco menos lento que o Largo |
|||
* ''Adagio'' - Moderadamente lento |
|||
* ''Andante'' - Moderado, nin rápido nin lento |
|||
* ''Andantino'' - Semellante ao andante, pero un pouco máis acelerado |
|||
* ''Allegretto'' - Moderadamente rápido |
|||
* ''Allegro'' - Andamento lizgairo |
|||
* ''Vivace'' - Un pouco máis acelerado que o Allegro |
|||
* ''Presto'' - Andamento moi rápido |
|||
* ''Prestissimo'' - É o andamento máis rápido de todos |
|||
Algúns exemplos de combinacións de andamento con expresións: |
|||
* ''Allegro moderato'' - Moderadamente rápido. |
|||
* ''Presto con fuoco'' - Extremadamente rápido e con expresión intensa. |
|||
* ''Andante Cantabile'' - Velocidade moderada e entoando as notas. |
|||
* ''Adagio Melancólico'' - Lento e melancólico |
|||
'''Notacións de variación de tempo''': |
|||
* ''rallentando'' - Indica que a execución se debe volver gradualmente máis lenta. |
|||
* ''accelerando'' - Indica que a execución se debe volver cada vez máis rápida. |
|||
* ''A tempo'' ou ''Tempo primo'' - Volve ao andamento orixinal. |
|||
* ''Tempo rubato'' - Indica que o músico pode executar con pequenas variacións de andamento baixo o seu criterio. |
|||
{{Commons|Musical notation}} |
|||
<br style="clear:both;"> |
|||
{{NotacionMusical}} |
|||
[[Categoría:Notación musical]] |
|||
{{Link FA|de}} |
|||
{{Link FA|pt}} |
|||
[[ca:Notació musical]] |
|||
[[cs:Notace (hudba)]] |
|||
[[cy:Nodiant cerddorol]] |
|||
[[de:Notation (Musik)]] |
|||
[[el:Μουσική σημειογραφία]] |
|||
[[en:Musical notation]] |
|||
[[eo:Muzika notacio]] |
|||
[[es:Notación musical]] |
|||
[[et:Noodikiri]] |
|||
[[fa:نتنویسی]] |
|||
[[fi:Nuottikirjoitus]] |
|||
[[fr:Notation musicale]] |
|||
[[hy:Նոտագրություն]] |
|||
[[id:Notasi musik]] |
|||
[[it:Semiografia musicale]] |
|||
[[ja:記譜法]] |
|||
[[ko:기보법]] |
|||
[[la:Notatio musica]] |
|||
[[lv:Muzikālā notācija]] |
|||
[[nl:Muzieknotatie]] |
|||
[[no:Musikknotasjon]] |
|||
[[pl:Notacja muzyczna]] |
|||
[[pt:Notação musical]] |
|||
[[ro:Notație muzicală]] |
|||
[[ru:Музыкальная нотация]] |
|||
[[simple:Musical notation]] |
|||
[[sk:Notácia (hudba)]] |
|||
[[sl:Notni zapis]] |
|||
[[su:Serat Kanayagan]] |
|||
[[sv:Musiknotation]] |
|||
[[tl:Talihalat na pangtugtugin]] |
|||
[[uk:Музична нотація]] |
|||
[[zh:音樂記譜法]] |
Revisión como estaba o 18 de marzo de 2013 ás 00:21
A notación musical é un sistema de signos para escribir música. Ó longo do tempo e das diferentes culturas desenvolvéronse diferentes sistemas de notación musical. O sistema de máis uso actualmente xurdiu dun proceso que se desenvolveu na cultura occidental. O uso sistemático da notación musical posibilita a conservación dun amplo repertorio musical ao tempo que evita que o músico teña que aprender as pezas de memoria, liberándoo da parte máis mecánica da súa tarefa, co que se pode concentrar na creación de estruturas máis complexas.
O elemento básico de calquera sistema de notación musical é a nota, que representa un único son e as súas características básicas: duración e altura. Os sistemas de notación tamén permiten representar moitas outras características, tales como variacións de intensidade, expresión ou técnicas de execución instrumental.
Notación patrón
Emprégase unha pauta de cinco liñas, chamada pentagrama. O conxunto da pauta e os demais símbolos musicais, representando unha peza musical, denomínase partitura.
Representación das duracións
Tempo e compás - regulan cantas unidades de tempo deben existir en cada compás. Os compases están delimitados na partitura por liñas verticais e determinan a estrutura rítmica da música. O compás escollido está directamente asociado ao xénero musical. Un vals por exemplo ten o ritmo 3/4 e o rock tipicamente usa o compás 4/4.
Nunha fracción de compás, o denominador indica en cantas partes se ten que dividir unha semibreve para obter unha unidade de tempo (na notación actual a redonda é a maior duración posible e por iso todas as duracións están tomadas en referencia a ela). O numerador define cantas unidades de tempo ten o compás. No exemplo de abaixo aparece un tempo de "catro por catro", é dicir, a unidade de tempo ten unha duración de 1/4 de semibreve e o compás ten 4 unidades de tempo. Neste caso, unha redonda ocuparía todo o compás.
Figuras musicais ou rítmicas - valores simbólicos que representan o tempo de duración das notas musicais. Son tamén chamados valores positivos.
Os símbolos das figuras úsanse para representar a duración a ser executada. As notas móstranse na figura de abaixo, por orde decrecente de duración. Son: redonda, branca, negra, corchea, semicorchea, fusa e semifusa.
Antigamente existía tamén a breve, como o dobre da duración da semibreve, a longa, como o dobre da duración da breve e a máxima, como o dobre da duración da longa, mais esas notas xa non se adoitan usar na notación actual. Cada nota ten a metade de duración que a anterior. Se pretendéramos representar unha nota dun tempo e medio (por exemplo, o tempo dunha negra sumado co dunha corchea) faise uso dun punto, chamado puntiño, seguido da nota.
A duración real (medida en segundos) dunha nota depende da fórmula do compás e do andamento utilizado. Iso significa que a mesma nota pode ser executada con duración diferente en pezas diferentes ou incluso dentro da mesma música, como nunha mudanza de andamento.
Redonda Branca Negra Corchea Semicorchea Fusa Semifusa
Pausas - representan o silencio, isto é, o tempo no que non se produce ningún son, sendo chamados valores negativos. As pausas subdivídense ao igual que as notas en niveis de duración. Cada pausa dura o mesmo tempo relativo que a súa nota correspondente, ou sexa, a pausa máis longa corresponde exactamente á duración dunha redonda. A correspondencia faise na seguinte orde:
Representación das alturas
Clave - clave de sol, clave de fa, clave de dó. Traspoñen toda a representación musical a unha que se adecúe mellor ao instrumento que se vai reproducir. Por exemplo, as voces graves usan xeralmente a clave de fa, en tanto que as máis agudas usan a clave de sol. Adóitase dicir que a clave de fa comeza onde remata a de sol. A clave é, pois, quen define que nota ocupará cada liña ou espazo no pentagrama.
Alturas - a altura de cada nota represéntase coa súa posición na pauta en referencia á nota definida na clave utilizada, como se amosa abaixo:
Alteracións, dislocacións ou accidentes de ton: o sostido, o bemol, o dobre sostido e o dobre bemol. Represéntanse sempre antes do símbolo da nota modificando a súa altura e despois do nome das notas, cifras e tonalidades. Un sostido disloca a nota medio ton arriba (na escala), un dobre sostido disloca o son un ton cara a arriba, un bemol disloca a nota medio ton abaixo e o dobre bemol disloca o son un ton para abaixo. Por exemplo, pódese dicir que un "fa sostido" (fa#) é a mesma nota que un "sol bemol" (sol♭).
Unha vez que un sostido ou bemol foi aplicado a unha nota, todas as notas da mesma altura manterán a alteración até a fin do compás. No compás seguinte, todos os accidentes perden o seu efecto, polo que en caso de necesitalos haberá que colocalos outra vez. Se desexamos anular o efecto dun accidente aplicado inmediatamente antes dunha clave de tonalidade, debemos usar un becuadro, que devolve á nota o seu ton natural. No exemplo visto arriba podemos notar que a terceira nota do primeiro compás tamén é sostida, pois o accidente aplicado á nota anterior segue válido e só é anulado polo becuadro que fai que a cuarta nota sexa novamente un La normal. O segundo compás é similar, coa diferenza de que o accidente aplicado é un bemol. No terceiro compás, un sol, un la dobre bemol e un fa dobre sostido. Aínda que teñan nome diferente e ocupen distintas posicións na clave, os accidentes aplicados fan que as tres notas sexan exactamente iguais.
Clave ou tonalidade, que non é máis que a asociación de sostidos ou bemois representados xunto á clave, indicando a escala na que a música será expresada. Os sostidos ou bemois aplicados na clave duran toda a peza ou até que unha nova clave sexa definida (modulación). Por exemplo, unha representación sen sostidos ou bemois, será a escala de dó maior. Na figura vemos a clave de tonalidade dunha escala de la maior. Nesta escala todas as notas fa, dó e sol deben ser sostidas, por iso lle aplicamos os accidentes na clave.
Expresión
- Artigo principal: Expresión (música).
Certos símbolos e textos indícanlle ao intérprete a forma de executar a partitura, incluíndo as variacións de volume (dinámica) e tempo (cinética), así como a maneira correcta de articular as notas e separalas en frases (articulación e acentuación).
Dinámica musical
A intensidade das notas pode variar ao longo dunha música. Iso chámase dinámica. A intensidade indícase baixo o pentagrama con siglas que veñen de expresións en italiano.
- pp - pianissimo. Execútase con intensidade moi baixa.
- p - piano. Execútase con intensidade baixa.
- mp - mezzo piano. Execútase con intensidade moderada.
- mf - mezzo forte. Execútase con intensidade moderadamente forte.
- f - forte. Execútase con intensidade forte.
- ff - fortissimo. Execútase con intensidade moi forte.
Excepcionalmente empréganse outros símbolos derivados dos anteriores:
- ppppppp - quasi sine toccare. A intensidade é tan baixa como lle permita ao músico interpretar o instrumento. En notación coñécese un caso, o Concerto para violonchelo de Ligeti, que comeza con esta dinámica.
- ppppp - molto pianississimo. É moi miúda a intensidade.
- pppp e ppp - pianississimo. O primeiro adóitase chamar molto pianissimo.
- ffff e fff - fortississimo. O segundo adóitase chamar molto fortissimo.
- fffff - molto fortississimo. A intensidade é moi forte, como o seu nome indica.
- fffffff - quasi comme un inferno. Indica interpretar o instrumento ao nivel máis alto posible. En notación particular, só se coñece un caso, que é o da Sinfonía da Sorpresa de Haydn.
Símbolos de variación de volume ou intensidade: crescendo e diminuendo, en forma de sinais de maior (>) e menor (<) para suxerir o aumento ou diminución de volume, respectivamente. Estas deben comezar onde se inicia a alteración e estirarse até a zona onde a alteración se vai cesar. O volume debe permanecer no novo nivel até que unha nova indicación sexa dada. A variación tamén pode ser brusca, con que só unha nova indicación (p, ff, etc.) sexa dada.
Cinética musical
Os andamentos, que indican a velocidade de execución, son os seguintes:
- Grave - É o andamento máis lento de todos
- Largo - Moi lento, pero non tanto como o Grave
- Larghetto - Un pouco menos lento que o Largo
- Adagio - Moderadamente lento
- Andante - Moderado, nin rápido nin lento
- Andantino - Semellante ao andante, pero un pouco máis acelerado
- Allegretto - Moderadamente rápido
- Allegro - Andamento lizgairo
- Vivace - Un pouco máis acelerado que o Allegro
- Presto - Andamento moi rápido
- Prestissimo - É o andamento máis rápido de todos
Algúns exemplos de combinacións de andamento con expresións:
- Allegro moderato - Moderadamente rápido.
- Presto con fuoco - Extremadamente rápido e con expresión intensa.
- Andante Cantabile - Velocidade moderada e entoando as notas.
- Adagio Melancólico - Lento e melancólico
Notacións de variación de tempo:
- rallentando - Indica que a execución se debe volver gradualmente máis lenta.
- accelerando - Indica que a execución se debe volver cada vez máis rápida.
- A tempo ou Tempo primo - Volve ao andamento orixinal.
- Tempo rubato - Indica que o músico pode executar con pequenas variacións de andamento baixo o seu criterio.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Notación musical |