Bergen-Belsen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 8: Liña 8:
=== Liberación ===
=== Liberación ===
[[Ficheiro:Bergen Belsen Liberation 04.jpg|miniatura|esquerda|Liberación de Bergen-Belsen]]
[[Ficheiro:Bergen Belsen Liberation 04.jpg|miniatura|esquerda|Liberación de Bergen-Belsen]]
O [[15 de abril]] de 1945 tropas [[Reino Unidos|británicas]] liberaron o campo tras un alto o fogo acordado polas dúas partes que non desexaban que as enfermidades se espallaran. As SS tentaron borra-las probas dos seus crimes, obrigando aos prisioneiros a enterra-los cadáveres nas fosas comúns antes de que chegaran os aliados. Pero aínda así, cando os británicos entraron atoparon uns 10000 cadáveres aínda sen enterrar. As SS foron obrigadas a enterralos. Foron necesarios bulldozers para arrastrar os corpos ata as fosas e impedir máis epidemias.
O [[15 de abril]] de 1945 tropas [[Reino Unido|británicas]] liberaron o campo tras un alto o fogo acordado polas dúas partes que non desexaban que as enfermidades se espallaran. As SS tentaron borra-las probas dos seus crimes, obrigando aos prisioneiros a enterra-los cadáveres nas fosas comúns antes de que chegaran os aliados. Pero aínda así, cando os británicos entraron atoparon uns 10000 cadáveres aínda sen enterrar. As SS foron obrigadas a enterralos. Foron necesarios bulldozers para arrastrar os corpos ata as fosas e impedir máis epidemias.


A xente que vivía preto afirmou non saber nada do que se facía no campo e foi levada dentro para que foran testemuñas do que os nazis chamaban a [[Solución final]].
A xente que vivía preto afirmou non saber nada do que se facía no campo e foi levada dentro para que foran testemuñas do que os nazis chamaban a [[Solución final]].

Revisión como estaba o 15 de marzo de 2013 ás 17:40

Localización de Bergen-Belsen en Alemaña

Campo de concentración nazi, tamén chamado Stalag 311. Situado preto de Celle (Hannóver), no estado da Baixa Saxonia en Alemaña. O nome de Bergen-Belsen deuselle pola vila de Belsen, situado preto de alí, tras a Segunda Guerra Mundial a vila mudou de nome, hoxe en día chámase Hohne.

Historia

Posto en funcionamento no ano 1940, ao comezo Bergen-Belsen foi un campo de prisioneiros belgas e franceses baixo o mando da Wehrmacht.

Entrada de Bergan-Belsen na actulidade

En 1941 levaron alí 20000 prisioneiros rusos. En 1943 por decisión de Himmler foi requisado polas SS e transformado nun campo de exterminio ao levar alí 10000 xudeus coa intención de seren cambiados por prisioneiros de guerra alemáns.

Dende 1944 ata a súa liberación en 1945, as condicións de vida no campo empeoraron terriblemente, a decisión de levar alí prisioneiros enfermos doutros campos marcou o destino dos prisioneiros de Bergen-Belsen, durante ese período de tempo sucedéronse varias epidemias que acabaron coa vida de milleiros de prisioneiros.O nomeamento de Josef Kramer (procedente de Auschwitz) como comandante do campo o 2 de setembro de 1944 empeorou aínda máis as cousas. Kramer introduciu novas medidas para aumenta-lo sufrimento dos prisioneiros: eliminou os vestixios de autoadministración xudía, privou os prisioneiros de comida durante varios días e retirou aos prisioneiros de intercambio dos seus últimos privilexios. A ración de comida foi reducida a unha cunca de sopa e a unha rabada de pan. A terrible fame deu lugar a varios casos de canibalismo.

Liberación

Liberación de Bergen-Belsen

O 15 de abril de 1945 tropas británicas liberaron o campo tras un alto o fogo acordado polas dúas partes que non desexaban que as enfermidades se espallaran. As SS tentaron borra-las probas dos seus crimes, obrigando aos prisioneiros a enterra-los cadáveres nas fosas comúns antes de que chegaran os aliados. Pero aínda así, cando os británicos entraron atoparon uns 10000 cadáveres aínda sen enterrar. As SS foron obrigadas a enterralos. Foron necesarios bulldozers para arrastrar os corpos ata as fosas e impedir máis epidemias.

A xente que vivía preto afirmou non saber nada do que se facía no campo e foi levada dentro para que foran testemuñas do que os nazis chamaban a Solución final.

A evacuación do campo comezou o 24 de abril pero ata mediados de maio non foi posible terminala. Trala evacuación Bergen-Belsen foi incendiado.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas