Lingua belarusa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 69: Liña 69:
* [http://www.belarusguide.com/culture1/texts/Statut.html Statuto]
* [http://www.belarusguide.com/culture1/texts/Statut.html Statuto]
* [http://www.cus.cam.ac.uk/~np214/lacin.htm Historia do Lacinka (en inglés)]
* [http://www.cus.cam.ac.uk/~np214/lacin.htm Historia do Lacinka (en inglés)]
* [http://kamunikat.org/Kalita_Ina.html Калита И. В. “Современная Беларусь: языки и национальная идентичность”. Ústí nad Labem, ISBN 978-80-7414-324-3, 2010, 300 s.]


[[Categoría:Linguas eslavas|B]]
[[Categoría:Linguas eslavas|B]]

Revisión como estaba o 8 de marzo de 2013 ás 09:06

Bielorruso
беларуская мова, "Biełaruskaja mova"
Falado en: Bielorrusia, e partes de Polonia.
Rexións: Europa
Total de falantes: 8 millóns
Posición: non está entre as 100 maiores
Familia: Indoeuropea
 Baltoeslava
  Eslava
   Eslava oriental
    Bielorruso
Escrita: Alfabeto cirílico
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Bielorrusia
Polonia (falada en 14 condados)
Regulado por: Academia Nacional de Ciencias da Bielorrusia
Códigos de lingua
ISO 639-1: be
ISO 639-2: bel
SIL: RUW
Mapa
Status

O bielorruso (беларуская мова, biełaruskaja mova) é unha lingua eslava oriental e é lingua oficial de Bielorrusia xunto co ruso, durante breves períodos da historia contemporánea de Bielorrusia foi a única lingua oficial, 1918-1919 e de 1990 a 1995[1] foi a única lingua oficial. Era coñecido antigamente como rutenio branco ou ruso branco.

Etnicamente, os bielorrusos son descendentes das antigas tribos eslavas - os dregovici, os radimici e os krivici - que habitaban o territorio entre os ríos Pripet e Dwina Occidental na marxe setentrional do Dnieper e ao largo do Soz.

Historia

  • Fase antiga - Durante os séculos XII e XIII existía na Bielorrusia unha lingua escrita, a eslava eclesiástica, utilizada nos centros culturais tales como Polach e Turau. Sen dúbida, unha antiga forma de bielorruso usouse como lingua oficial polo goberno entre os séculos XIV e XVI no Gran Ducado da Lituania, que incluía a actual Bielorrusia, a Lituania e a Ucraína. Durante este período normativizáronse as regras gramaticais do antigo bielorruso, a pesar da tendencia a preservar as formas tradicionais do eslavo eclesiástico.
  • Fase media - é a fase de esplendor, onde o bielorruso alcanza o seu apoxeo no século XVI, coa introdución do alfabeto latino, coñecido como Lacinka, cando foi utilizado por Franciszak Skaryna (1485-1551) como base para as súas traducións de moitos libros da Biblia (publicada en Praga e Vilna en bielorruso). Foi esta forma de bielorruso a que se utilizou para as grandes polémicas relixiosas da época, así como para as tres versións dos códigos legais do Gran Ducado da Lituania (en 1529, 1566 e 1588). A influencia do polonés tanto na gramática como no vocabulario, comeza a se tornar común despois da Unión de Lublin en 1569. En 1696, o polonés declarouse o único idioma oficial da comunidade polaco-lituana. As clases sociais máis elevadas escolleron a lingua e a cultura polonesas. O bielorruso practicamente desapareceu da literatura.
  • Fase de decadencia - ata o final do século XVI, despois da Unión de Brest (1596), comeza un declive gradual do uso do bielorruso en favor do latín, Debido a tentativa de unificar as igrexas católica e ortodoxa, e despois en favor do polonés a partir do século XVII, ata chegar ao punto de se tornar prohibido o seu uso en documentos oficiais en 1697, prohibición que marca o punto de inflexión máis baixo na historia desta lingua. Durante o século XVIII o bielorruso escrito mantívose vivo grazas ao seu uso en pezas teatrais escolares realizadas en festas relixiosas e outras festas públicas. Despois da división polaco-lituana (1792-1795) a Bielorrusia pasa a integrar o Imperio Ruso, de forma que as autoridades czaristas trataron o país como unha provincia da Rusia e a súa lingua como un dialecto do ruso, prohibindo o uso do bielorruso nas escolas , como tamén textos en bielorruso en calquera xornal, o que non se anulou ata 1905. No comezo do século XX o bielorruso non posuía un alfabeto codificado nin normas ortográficas e gramaticais. Despois de 1914, establécense os alfabetos padróns, latino e cirílico, para deseguida conformar normas gramaticais e ortográficas.
  • Fase de rexurdimento - a división da comunidade polaca constituíu de certa forma o motivo do renacemento da lingua no século XIX. Todo o territorio bielorruso pasou a facer parte do Imperio Ruso. Estudosos rusos e poloneses comezaron, principalmente por cuestións políticas, a estudar a maioritaria poboación rural dos territorios recén adquiridos, coa intención de demostrar que esa xente era rusa ou polonesa. No decorrer desas investigacións, ficou en evidencia a riqueza da súa cultura e do seu folclore, alén de se percibir unha lingua claramente independente: o bielorruso. Cando o Imperio Ruso caeu e os comunistas asumiron o poder en Moscova, favorecendo estes a difusión do ruso por toda a Unión Soviética, de forma que o seu uso está hoxe en día amplamente difundido na educación e na vida pública da Bielorrusia.

Datos estatísticos

Cerca de 3/4 da poboación da Bielorrusia (10.350.000 hab - censo de 2002) consideran o bielorruso a súa lingua nativa. Hai unha minoría considerábel (cerca de 230.000 hab) na rexión de Białystok, no leste da Polonia que ten como primeira lingua o bielorruso.

É tamén falado por emigrantes no Canadá, Estados Unidos e países da antiga Unión Soviética

Dialectos

O bielorruso forma unha ponte entre o ucraíno e o ruso e os seus dialectos gradualmente mestúranse cos dialectos rusos e ucraínos nas súas fronteiras.

Os dialectos do bielorruso se dividen en dous ou tres grandes grupos; ambas clasificacións consideran os grupos nororientais e suroccidentais, habendo un terceiro que percorre o país de leste a oeste nunha faixa central. E é este último grupo que se considera como a base da lingua literaria moderna e do bielorruso normativo. No extremo suroccidental hai un dialecto especial, o grupo palesio, da rexión da Palesia, que divide certas partes co ucraíno, existindo varias tentativas de elevalo a lingua baixo o nome de palesiano.

  • Dialectos nórteorientais
    • Grupo Polonés
    • Grupo Vicebsk-Mahilëu
  • Dialecto Central
  • Dialectos sur-occidentais
    • Grupo Occidental
    • Grupo Palesio
    • Grupo Sluck-Babrujsk-Mazyr


Escrita

Ata o século XVI o bielorruso utilizou só o alfabeto cirílico, mais a partir de entón foi introducido o alfabeto latino nunha variante modificada da ortografía polonesa, tamén coñecida como Lacinka. O primeiro xornal publicado, o Nasza Niwa ("O noso trigal"), que comezou a ser impreso en 1906, traía os textos nas dúas formas de escrita: cirílica e latina, reflectindo a división do pobo bielorruso entre ortodoxos e católicos. Ocasionalmente, o alfabeto árabe tamén foi usado polos tártaros bielorrusos para escribir partes do Corán. Mais, ata hoxe en día, os alfabetos cirílico e latino (lacinka) son oficialmente utilizados.

Notas

  1. Xosé Henrique Costas Guía das linguas de Europa. Positivas, 2002, páxina 51

Fontes

Ligazóns externas