Wolfe+585, Senior: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m r2.6.5) (Bot: Engado: it:Wolfe+585, Senior
Liña 28: Liña 28:
[[fr:Wolfe+585, Senior]]
[[fr:Wolfe+585, Senior]]
[[id:Wolfe+585, Senior]]
[[id:Wolfe+585, Senior]]
[[it:Wolfe+585, Senior]]
[[ja:ウルフ+585・シニア]]
[[ja:ウルフ+585・シニア]]
[[nl:Wolfe+585, Senior]]
[[nl:Wolfe+585, Senior]]

Revisión como estaba o 5 de marzo de 2013 ás 21:29

Hubert Blaine Wolfe­schlegel­stein­hausen­berger­dorff, Sr. (Wolfe+585, Senior) é a abreviación do nome dun home de Filadelfia que traballaba de tipógrafo, quen ten o nome de persoa máis longo de toda a historia. Actualmente é a persoa que ostenta o récord do mundo desde 1980. "585" representa o número de letras adicionais do seu nome completo (un total de 590). O seu nome completo, de 746 letras, é:

Adolph Blaine Charles David Earl Frederick Gerald Hubert Irvin John Kenneth Lloyd Martin Nero Oliver Paul Quincy Randolph Sherman Thomas Uncas Victor William Xerxes Yancy Zeus Wolfe­schlegelstein­hausenberger­dorffvoraltern­waren­gewissenhaft­schaferswessen­schafewaren­wohlgepflege­und­sorgfaltigkeit­beschutzen­von­angreifen­durch­ihrraubgierigfeinde­welche­voraltern­zwolftausend­jahres­vorandieerscheinen­wander­ersteer­dem­enschderraumschiff­gebrauchlicht­als­sein­ursprung­von­kraftgestart­sein­lange­fahrt­hinzwischen­sternartigraum­auf­der­suchenach­diestern­welche­gehabt­bewohnbar­planeten­kreise­drehen­sich­und­wohin­der­neurasse­von­verstandigmen­schlichkeit­konnte­fortplanzen­und­sicher­freuen­anlebens­langlich­freude­und­ruhe­mit­nicht­ein­furcht­vor­angreifen­von­anderer­intelligent­geschopfs­von­hinzwischen­sternartigraum, Senior[1][2].

Traxectoria

Wolfe­schlegel­stein­hausen­berger­dorff naceu en Bergedorf, Alemaña (preto de Hamburgo). Máis tarde emigrou aos Estados Unidos, onde se instalou en Filadelfia. Malia que o seu aniversario adoita darse coma o 29 de febreiro de 1904 informouse de que tiña 47 anos a mediados do ano 1964. Fíxose tipógrafo, "algo bastante lóxico" segundo Bennett Cerf[3]. Foi membro da American Name Society durante moitos anos[4].

A primeira vez que o nome atraeu a atención foi cando apareceu na páxina 1292, columna 3, liña 3 do directorio telefónico de Filadelfia de 1938[5].

O seu fillo, Hubert Blaine Wolfe­schlegel­stein­hausen­berger­dorff, Jr., naceu en Filadelfia en 1952, e foi capaz de pronunciar o seu apelido con tres anos[6]. O encabezamento das cartas da familia usaba a forma "Hubert Blaine Wolfe­schlegel­stein­hausen­berger­dorff"[7].

Aparece en todas as edicións do Libro Guinness dos Récords de 1975 a 1985 como o home co nome máis longo do mundo, sendo fotografado para o libro en fronte dunha carpa da cidade de Nova York xunto ao seu nome, escrito incorrectamente[1][8]. En 1983, só a forma de 35 letras do nome aparecía no Libro Guinness; a finais dos anos 80, a cateoría desapareceu[9].

Notas

  1. 1,0 1,1 McWhirter, Norris (01-11-1980). Sterling Publishing, ed. Libro Guinness dos Récords de 1981. p. 206. ISBN 0806901969. 
  2. "Artigo". Ada Evening News. 01-07-1964. Consultado o 25-06-2008. 
  3. Cerf, Bennett (19-10-1959). "Try and Stop Me". Delta Democrat-Times. Consultado o 25-06-2008. 
  4. McMullen, Edwin Wallace (2002). Fairleigh Dickinson University Names Institute, ed. Names New and Old: Papers of the Names Institute. pp. 263–264. 
  5. Wiedersheim, William A. (1938). Philadelphia Bar Association, ed. "Artigo". The Shingle: 140. 
  6. "Wolfeschlegelsteinhausenbergderorff". Gettysburg Times. 23-07-1955. Consultado o 25-06-2008. 
  7. Hook, J.N. John Wiley & Sons, ed. All Those Wonderful Names: A Potpourri of People, Places, and Things. p. 151.  Parámetro descoñecido |anor= ignorado (Axuda)
  8. McWhirter, Norris (1984). Sterling Publishing, ed. Libro Guinness dos Récords de 1985. p. 140. ISBN 0806902647. 
  9. McWhirter, Norris (1989). Libro Guinness dos Récords de 1990. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas