Carlo Maderno: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.5) (Bot: Engado: sh:Carlo Maderno
Liña 63: Liña 63:
[[pt:Carlo Maderno]]
[[pt:Carlo Maderno]]
[[ru:Мадерна, Карло]]
[[ru:Мадерна, Карло]]
[[sh:Carlo Maderno]]
[[simple:Carlo Maderno]]
[[simple:Carlo Maderno]]
[[sk:Carlo Maderno]]
[[sk:Carlo Maderno]]

Revisión como estaba o 5 de marzo de 2013 ás 16:27

Fachada de San Pedro do Vaticano, por Carlo Maderno

Carlo Maderno (1556 - 30 de xaneiro de 1629). Foi un arquitecto de orixe italiana, nado en Capolago, cantón do Tesino (Suíza), coñecido mundialmente por ser o autor da fachada da basílica de San Pedro do Vaticano. Ás veces é citado como Carlo Maderna.

Biografía

Maderno formaba parte dunha familia de pedreiros. Acabou de prepararse con seu tío Domenico Fontana, en Roma, como canteiro e estuquista.

A súa primeira obra romana importante foi a fachada de Santa Susanna, realizada entre 1595 e 1603, na cal utilizou como modelo a fachada de Il Gesú, de Roma. obra de Della Porta, ben que Maderno introduciu unha maior volumetría que acentúa o claroscuro, precedente directo do que se fará no barroco.

Sant'andrea della Valle, Roma

A fachada de San Pedro do Vaticano

Baixo o pontificado de Paulo V, gañou o concurso para a conclusión da Basílica de San Pedro do Vaticano, proxecto no que propón, inicialmente, para obter un maior aforo de fieis, transformar o proxecto de Miguel Anxo, mudando a planta de cruz grega centralizada nunha planta de cruz latina, que primase o aspecto lonxitudinal. A solución de Maderno habería ser un compromiso que non alterase o concepto fundamental proposto por Miguel Anxo, coa cúpula como elemento dominante e organizador do espazo, de feito que ao acometer a monumental fachada, esta é desenvolvida, no posíbel, lonxitudinalmente, e non tanto en altura, a pesar da súa grande monumentalidade.

Con todo, a cúpula de Buonarrotti, quedou desprazada cara o fondo, a causa dos novos volumes introducidos. A pesar disto está recoñecido o mérito de Maderno por obrar cun grande respecto pola obra de Miguel Anxo, e por lograr articular o edificio, con todos os condicionamentos que se lle presentaban, tendo moi en conta o espazo que o precedía e preparándoo para a gran solución urbanística dada logo por Gian Lorenzo Bernini para a praza.

Maderno participou ademais en numerosas grandes obras da Roma e arredores da súa época.

Obras arquitectónicas

  • Capela funeraria da familia Caetani en Santa Pudenziana, iniciada por Francesco da Volterra, acabada por Maderno en 1598
  • Sant Giacomo degli Incurabili, Roma; iniciada por Francesco da Volterra, acabada entre 1598-1602 por Maderno
  • Cappella Aldobrandini, en Santa Maria sopra Minerva, Roma, 1602
  • Villa Aldobrandini, en Frascati; iniciada por Giacomo della Porta, e entre 1602-1604 acabada por Maderno
  • Santa Susanna, Roma, decoración interior e fachada, cara 1593-1603
  • Palazzo Lancelotti, en Frascati; iniciada por Francesco da Volterra, acabada por Maderno
  • Palazzo Mattei di Giove, en Roma, 1598-1617
  • Basílica de San Pedro, Roma, naves e fachada, 1607-1620
  • Sant'Andrea della Valle, a partir de 1608, a construción da fachada erguida segundo planos de Maderno, foi acabada por Kuppel en 1622
  • Altar para Santa Maria della Pace, 1611-1614
  • Villa Mondragone, en Frascati, a partir de 1613, en colaboración cos arquitectos Giovanni Vasanzio, Flaminio Ponzio, Girolamo Rainaldi e Giovanni Fontana
  • Sant Giovanni de'Fiorentini, 1614
  • Palazzo Quirinale, en Roma, portada e xardín, a partir de 1615
  • Palazzo Barberini, en Roma, planos de 1625, acabada por Gian Lorenzo Bernini e Borromini

Obras menores: fontes

  • Fonte na praza de San Pedro, 1613-1614.
  • Fonte ante Sant'Andrea della Valle.