Nova Zelandia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio tl:Bagong Selanda por tl:New Zealand
PixelBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio ku:Zêlanda Nû por ku:Nû Zelenda
Liña 233: Liña 233:
[[ko:뉴질랜드]]
[[ko:뉴질랜드]]
[[krc:Джангы Зеландия]]
[[krc:Джангы Зеландия]]
[[ku:Zêlanda Nû]]
[[ku:Nû Zelenda]]
[[kv:Выль Зеландия]]
[[kv:Выль Зеландия]]
[[kw:Mordir Nowydh]]
[[kw:Mordir Nowydh]]

Revisión como estaba o 2 de marzo de 2013 ás 16:53

Modelo:País

Nova Zelandia é un país situado no Océano Pacífico sur, ó leste de Australia, composto por dúas illas principais, a Illa Norte e a Illa Sur, e unha manchea de pequenas illas. A capital é Wellington. A poboación é de orixe europea e aborixes maorís, que denominan ao país Aotearoa.
De Nova Zelandia dependen as Illas Cook e Niue e administra Tokelau e a Dependencia de Ross. Pola súa situación, pode considerarse que está na antípoda de Galiza.

Xeografía

Nova Zelandia está relativamente illada xeograficamente, o seu veciño máis próximo, Australia, sitúase a 2.000 km ao noroeste. O clima é temperado e húmido, a temperatura media é de 12 °C. O extremo norte ten un clima subtropical mentres que no sur o inverno é rigoroso. Nova Zelandia está formada por dúas illas maiores, a Illa Norte (Te-Ika-a-Maui) en maorí e a Illa Sur (Te Wai Pounamu) e algunhas illas menores.

As illas principais atópanse entre as maiores do mundo e a suma da área total que ocupan é de 268.680 km². De norte a sur este país esténdese por 2.000 km aproximadamente e está situado a 1.600 km ao sueste de Australia. A illa Norte atópase separada da Sur polo estreito de Cook e numerosos illotes.

Estas illas formaban parte do supercontinente de Gondwana hai uns 85 millóns de anos, época na cal pola deriva continental comezaron a separarse do bloque que conformaban con Australia.

A Illa Sur é a maior e atópase dividida de nordés a suroeste polos Alpes Meridionais (ou Alpes Neocelandeses), coa súa maior altura no Monte Cook de 3.754 metros. Hai 18 picos de máis de 3.000 metros nesta illa. A Illa Norte é menos montañosa, pero contén volcáns. O pico máis alto desta illa é o Monte Ruapehu de 2.797 metros, o cal é un volcán activo. Os Alpes Neozelandeses aínda están nun proceso de elevación posuíndo xeos eternos nos seus cumes e numerosos glaciares que desembocan en lagos pola vertente oriental ou en fiordes pola vertente occidental.

As outras illas teñen menos área e poboación. As máis importantes son:


Ademais de volcáns, na illa Norte hai abundantes, grutas, augas termais e géiseres, así como un gran lago (o Taupo) que ocupa a gran caldeira dun volcán extinto.

O clima é tépedo e húmido, cunha temperatura media de 12 °C. O extremo norte ten un clima subtropical mentres que o inverno do sur adoita a ser rigoroso. Wellington é coñecida polos seus días ventosos.


Entre as cidades principais atópanse:

Vista de Wellington

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións de Nova Zelandia.

Está subdividida en 16 rexións:

Historia

O territorio de Nova Zelandia é un dos últimos lugares en ter sido habitado. Probablemente os maorís chegaron entre os anos 500 e 1300 adC, substituíndo aos nativos Moriori. Os primeiros europeos en chegar á rexión fixérono na probable viaxe de Juan Jufré e de Juan Fernández á Oceanía, ocasión na cal descubrirían Nova Zelandia para España, a fins de 1576; este suceso baséase nun documento que se presentou a Filipe II e en vestixios arqueolóxicos (cascos estilo español) atopados en covas no extremo superior da Illa Norte. Pero máis coñecida é a viaxe do neerlandés Abel Janszoon Tasman quen navegou polas costas da Illa Sur e da Illa Norte en 1642. Os holandeses chamaron ás illas Staaten Land (Terra dos Estados) aínda a inicios do século XXI uns 100.000 neozelandeses teñen orixes neerlandesas; máis tarde recibiu o nome de Nova Zelandia. En 1769 James Cook realizou varios recoñecementos destas illas. Isto encabezou expedicións de baleeiros europeos e coa súa consecuente colonización.

Nova Zelandia converteuse en colonia británica co Tratado de Waitangi de 1840, baixo promesas que non foron totalmente cumpridas. Ata o día de hoxe, este tratado está sendo discutido e permanece como a orixe de divisións e resentimentos para moitos, en 1861 o descubrimento de praceres auríferos en territorios que o tratado aceptaba como maorís significou un novo ataque aos dereitos dos aborixes quen responderon cunha heroica resistencia chamada Guerra Maorí .

En 1893 Nova Zelandia converteuse no primeiro país do mundo en outorgar o sufraxio feminino sen restricións, grazas ao movemento liderado por Kate Sheppard, aínda que ás mulleres só se lles permitía votar pero non presentarse ás eleccións. As papeletas femininas de votación adoptáronse apenas semanas antes das eleccións xerais. Máis recentemente, desde 1919, as neozelandesas tiveron o dereito a ser elixidas para un cargo político. Actualmente a gobernadora xeral, a primeira ministra e a xefa estranxeira de Estado son mulleres.

Este país transformouse nun dominio independente o 26 de setembro de 1907 por unha proclamación real. A independencia foi cedida polo Parlamento do Reino Unido co Estatuto de Westminster en 1931 e foi adoptado polo Parlamento de Nova Zelandia en 1947. Desde entón, é un estado independente que pertence á Mancomunidade Británica de Nacións ou Commonwealth.

Economía

Artigo principal: Economía de Nova Zelandia.

Un dos principais produtos que exporta Nova Zelandia é o kiwi. Ademais destínase unha ampla superficie a pastos para obter produtos como carne, lácteos e la, vendidos tanto a nivel mundial como ao seu principal socio comercial, Australia. Con máis de 10 millóns de cabezas de gado vacún, o sector agrario emprega ao 10% da poboación activa e contribúe nun 8% ao produto interior bruto.

A comezos da década dos 70 do século XX, a adhesión do Reino Unido á Comunidade Económica Europea produciu un estancamento da economía neozelandesa, que tivo que orientarse cara países de América Latina e Xapón.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.