Bemil, Caldas de Reis: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-\|densidade = -\r\n\|entidades +|entidades) |
m Bot: Pequeno arranxo de formato |
||
Liña 6: | Liña 6: | ||
|mapa = |
|mapa = |
||
|concello = Caldas de Reis |
|concello = Caldas de Reis |
||
|superficie = |
|superficie = |
||
|poboación = 842 |
|poboación = 842 |
||
|ano = 2010 |
|ano = 2010 |
Revisión como estaba o 2 de marzo de 2013 ás 15:38
Bemil | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Bemil. | |
Concello | Caldas de Reis |
Coordenadas | 42°37′08″N 8°39′10″O / 42.61890962, -8.65289907Coordenadas: 42°37′08″N 8°39′10″O / 42.61890962, -8.65289907 |
Poboación | 842 hab. (2010) |
Entidades de poboación | 6 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Bemil é unha parroquia do concello de Caldas de Reis. Segundo o INE en 2010 tiña 842 habitantes (428 mulleres e 414 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 944 habitantes. Conta con tres aldeas: Follente, Outeiro e Paradela. Nos últimos anos configurouse un novo núcleo de poboación próximo á área industrial das Veigas de Almorzar.
Patrimonio
Conta cunha capela dedicada a San Lourenzo no lugar de Outeiro e outra no lugar de Paradela. A Igrexa de Santa María de Bemil foi construída a finais do século XII, aínda que do estilo románico só conserva a antiga fábrica medieval, a ábsida, o rosetón da fachada occidental e un treito do muro sur.
Festas e romarías
Na igrexa parroquial consérvanse as reliquias de San Xusto, na honra ao cal se celebra unha popular romaría o último domingo de agosto. Outra festa moi populosa é a dedicada á Virxe das Dores (fin de semana arredor do 15 de setembro) en Follente, que conta con dous días festivos: o primeiro coa tradicional verbena e o segundo cunha misa e procesión campestre e unha comida de confraternidade con varios centos de veciños.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Bemil, Caldas de Reis.
-
Fachada da Igrexa románica de Santa María de Bemil de finais do século XII.
-
Ábsida da igrexa de Santa María de Bemil.
-
Interior da igrexa de Santa María de Bemil.
-
Procesión de Follente (Bemil) coa imaxe da Virxe das Dores previa ao tradicional xantar de confraternidade.
Lugares e parroquias
Lugares de Bemil
Lugares da parroquia de Bemil no concello de Caldas de Reis (Pontevedra) | |
---|---|
A Canle | Follente | A Lavandeira | Outeiro | Paradela | As Veigas de Almorzar |