Navia, Asturias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
PixelBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Elimino: cbk-zam:Navia (Asturias)
Liña 380: Liña 380:
[[ast:Navia (Asturies)]]
[[ast:Navia (Asturies)]]
[[ca:Navia]]
[[ca:Navia]]
[[cbk-zam:Navia (Asturias)]]
[[de:Navia (Asturien)]]
[[de:Navia (Asturien)]]
[[en:Navia, Asturias]]
[[en:Navia, Asturias]]

Revisión como estaba o 2 de marzo de 2013 ás 10:54

Coordenadas: 43°32′21.14″N 06°43′25.01″O / 43.5392056, -6.7236139

Modelo:Concello galegofalante Navia é un concello de Asturias. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Villallón, ao leste con Valdés e ao oeste con Coaña. O concello cobre unha superficie de 63 km² e contaba cun total 9.058 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 143,78 h/km².

Ten varias industrias importantes: a papeleira do grupo ENCE (que exporta a súa pasta de papel polo porto de Ribadeo), Astilleros Armón ou a láctea Reny Picot.

Historia

Casa do Concello

Os primeiros asentamentos de homínidos atopados en Navia son do paleolítico inferior vai uns 300.000 anos, xa habitaban o territorio humanos da familia dos neandertais. Hai achados de ferramentas de pedra do Parque histórico do río Navia, 4.000 anos antes da era actual. Así aparecen restos tumulares ao longo do concello, en poblos como Andés, Anleo, Tox (Villapedre) ou Villanclán entre outros.

No ano 600 antes da era actual apareceron no chan naviego os primeiros pobos celtas procedentes de Europa central, que asimilarían culturalmente aos habitantes previos do territorio. Aparecen nesta época as agrupacións humanas nos castros que teñen gran valor arquitectónico e os cales representan nos nosos días importantes monumentos. Durante a coexistencia na zona da tribo celta-galáica dos Albións e da astur dos Pésicos é cando se ten referencia do primeir asentamento humano na marxe dereita da ría de Navia. O nome do pobo e a ría ven da admiración, relación e tributo que os antigos habitantes tiñas pola auga.

Idade Media

Dende a romanización ata a baixa idade media non hai moitas referencias históricas e gráficas. É a partires do século X ca organización de feudos e clases nobres, e a creación de igrexias e a laboura administrativa da igrexa leva á fundación de mosteiros (Santa Marina de Vega, San Salvador de Piñera, San Martín de Siloyo). No século XII iníciase a creación do que hoxe chamamos concellos. O concello de Navia comprendía os territorios de Villayón, La Montaña, e a propia Navia, situación esta que mantívose ata o século XIX.

A primeira noticia documentada de Navia data do século X, e refírese a unna doazónn feita ao bispo de Oviedo dunhas terras en Andés. Durante os séculos XI e XII ten lugar unha mellora económica na zona debida a unha grande acumulación de terras, gando e cartos por parte dos señoríos.

No século XIII, Navia non é allea á política de desenrolo e repoboación que dase en todo o territorio, concedéndolle o Rei Alfonso X a "carta de puebla" en 1270. Os séculos XIV e XV son etapas de gran recesión en tódolos sentidos debido en grande medida polas catástrofes climatolóxicas que acaban con colleitas e gando, e polas incesantes loitas dinásticas, facendo medrar a bandidaxe e o terror.

Nos séculos seguintes (XVI y XVII) estiveron marcados aínda pola grande miseria económica herdada do século anterior, aínda que tamén apareceron novos problemas para a sociedade como foi a loita contra os piratas e corsarios ingleses e franceses.

Século XVIII

O século XVIII trae unha mellora na situación económica do concello debido á expansión dos cultivos e plantacións, o incremento da produción de carne e a diversificación de oficios e artesanías.

A invasión Francesa do século XIX altera a vida social en toda Navia, axudando a xente do concello a botar do territorio aos invasores. Entramos nunha grande época de prosperidade económica da man dos burgueses con cartos e aos emigrantes de ultramar, indianos. A eles é debido a mellora das comunicacións, das infraestruturas e en xeral do nivel de vida das xentes do concello durante finais do XIX e comenzos do XX.

A finais do século XIX cando se emancipan os territorios de Villayón e La Montaña deixando o concello de Navia como é hoxe en día.

Vista panorámica de Navia dende o Espín, concello de Coaña. Á dereita a nova ponte da autoestrada A-8.

Poboación

Gráfica da poboación de Navia, (Asturias)
(*) En 1877 emancípase Villayón
Fonte: Instituto Nacional de Estadística de España - Adaptación da gráfica Wikipedia ES

Goberno e política

Dende 1979, o partido que máis tempo leva no gobernado do concello foi o PP (véase lista de alcaldes de Navia). O actual alcalde é do Socialista Ignacio García Palacios.

Eleccións municipais
Partido 1979 1983 1987[1] 1991[1] 1995[1] 1999[1] 2003[1] 2007[1] 2011[2]
PSOE 1 4 5 5 3 4 5 6 7
CD / AP / PP 4 3 8 7 3 7 6 6 5
FAC 1
PCE / IU / IU-BA / IU-Los Verdes 2 0 0 1 0 1 1 1 0
UCD / CDS 6 1 0
CICN 7
CINA 1
URAS / URAS-PAS 1 0 0
Independentes 5
Total 13 13 13 13 13 13 13 13 13

Cultura

Festas

As principais festas son:

  • En xuño, son as festas de San Pedro Apóstol o día 29 en Andés.
  • En xullo as festas de Santiago el Mayor o día en Villapedre.
  • En agosto, A Virgen de la Barca o día 15 na localidade de Navia, tamén neste mes é o Descenso a Nado da Ría de Navia.
  • En setembro, son as festas de La Atalaya os días 7-10 na localidade de Puerto Vega.
  • En setembro, as festas de San Miguel Arcángel o día 29 en Anleo.

Asociacións culturais

  • Asociación Amigos de Campoamor.
  • Sociedad Amigos Casino de Puerto de Vega.
  • Asociación Cultural Sedna.
  • Asociación Amigos de la Historia.
  • Asociación de Mujeres "La Romanela".
  • Asociación Fotográfica Occidente de Asturias (AFOA).
  • Asociación de Mujeres "Noega".
  • Asociación Padres de Alumnos Colegio Sto. Domingo.
  • Asociación Juvenil de Navia (AJUNA)
  • A.VV. La Barca de Navia y las Aceñas.
  • A.VV. Campoamor de Puerto de Vega.
  • A.VV. San Martín de Cabanella y la Mabona.
  • A.VV. San Pedro de Andés
  • A.VV. Santiago de Villapedre.
  • Asociación Cultural - Deportiva Atalaya.
  • Banda de Gaitas "La Reina del Truébano"
  • Casino de Navia. Avda. J.Antonio.
  • Centro Social de la Tercera Edad "El Encuentro".
  • Comisión de Fiestas Ntra. Sra. de la Atalaya.
  • Coro Ecos de Mar de Puerto de Vega.
  • Coro Villa de Navia.
  • Federación A.A.VV. Noroccidente de Asturias.
  • Grupo folclórico Ramón de Campoamor.
  • Grupo de Teatro Baluarte.
  • Sociedad de Fiestas de Navia (SOFINAVIA).
  • Peña La Sardina.

Deporte

Clubs deportivos

As principais asociacións deportivas de Navia son:

  • Andés Club de Fútbol
  • Asociación Amigos de la Ría de Navia.
  • Asociación Amigos del Fútbol Sala.
  • Asociación Fútbol Occidente Asturiano (AFO).
  • Autos Navia Fútbol Sala.
  • Club Atletismo Occidente (CAO).
  • Club Baloncesto Navia.
  • Club de Caza La Patirroja.
  • Club Karate Navia.
  • Club Natación Villa de Navia.
  • Club Nautico Remeros del Navia.
  • Club de Pesca Occidente.
  • Club de Piragüismo Los Albiones.
  • Club Rítmica Ría de Navia.
  • Club de Tenis 1190.
  • Escudería Navia Motor Club.
  • Grupo de Montaña y Aire Libre Peña Furada.
  • Navia Club de Fútbol
  • Peña Ciclista Navia.
  • Puerto de Vega C.F.
  • Club de vela Aguas del Navia.

Prais de Navia

Praia de Frexulfe
  • Navia
  • El Moro
  • Coedo
  • Fabal
  • Frexulfe

Cidades irmandadas

España Móstoles (Madrid)

Parroquias

Asturias | Parroquias galegofalantes de Navia

Andés | Navia | Anlleo

Parroquias parcialmente galegofalantes

Anlleo | Piñeira | La Polaviella

Parroquias con falas de transición entre o galego e asturiano

La Polaviella | Veiga | Villapedre

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas