Teo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Cambio cbk-zam:Teo (La Coruña) por cbk-zam:Teo
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Elimino: cbk-zam:Teo
Liña 130: Liña 130:
[[br:Teo]]
[[br:Teo]]
[[ca:Teo]]
[[ca:Teo]]
[[cbk-zam:Teo]]
[[en:Teo, A Coruña]]
[[en:Teo, A Coruña]]
[[es:Teo]]
[[es:Teo]]

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2013 ás 20:34

Coordenadas: 42°45′N 8°30′O / 42.750, -8.500

Teo
Logo de Teo
Escudo de Teo
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]teense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Santiago
Poboación18.454 hab. (2012)[2][3]
Área79,3 km²[3]
Densidade232,71 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias[4]
Capital do concelloRamallosa
Política (2011)
AlcaldeMartiño Noriega (Encontro Irmandiño)
ConcelleirosBNG: 9
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros: IN TEO 1
Eleccións municipais en Teo
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes92,97%
Na rede
www.concellodeteo.com
Facebook: ConcellodeTeo Twitter: concellodeteo Instagram: teo_concello Youtube: UCVQ8wAom7YstSvJ3GPuoY8A Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE no 2012 había 18.454 habitantes (17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Evolución da poboación de Teo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.036 7.998 9.242 11.071 16.428 17.940 18.454
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo Total 17.807
Menores de 15 anos 2.707 (15.20%)
Entre 15 e 64 anos 12.526 (70.34%)
Maiores de 65 anos 2.574 (14.45%)

Xeografía

O concello de Teo, de 80 km² de superficie, forma parte da comarca de Santiago. Limita ao norte con Ames e Santiago de Compostela, ao sur con Padrón e A Estrada, ao leste con Vedra e ao oeste con Brión e Rois. Abrangue 13 parroquias.

A superficie transcorre desde unha chaira na zona norte, con cumios como Pena Agrela (410 m), Alto de Montouto (339 m) e monte da Pulga (373 m), cara ao val do río Ulla, a menos de 100 m sobre o nivel do mar.

Xeoloxicamente as terras de Teo están constituídas por materiais duros como xistos, lousas e granitos, e rochas sedimentarias nas áreas de menor altura, como os vales do Ulla e Santa Lucía. As superficies de erosión do norte o do oeste do municipio correspóndense con antigos macizos erosionados no secundario, que na actualidade forman unha sucesión de ondulacións con resaltes graníticos nas alturas comprendidas entre os 300 e os 400 m.

A climatoloxía desta zona pertence ao dominio oceánico hiperhúmido, con temperaturas suaves matizadas pola presenza do val do Ulla no sur e pola altitude das áreas setentrionais. A temperatura media anual está entre os 13 e os 14 ºC, descendendo até os 7 e os 9 ºC nos meses de inverno. As precipitacións son elevadas (entre 1.700 e 1.800 mm anuais), especialmente no norte, debido á exposición directa á entrada de masas húmidas.

Historia

No Antigo Réxime as parroquias de Calo, Cacheiras, Luou, Oza, Rarís, Recesende e Reis, formaban parte da xurisdición do Xiro da Rocha; as parroquias de Bamonde, Lucí, Vilariño e Teo pertencían á xurisdición de Vea; e a parroquia de Lampai pertencía á xurisdición de Quinta. As tres xurisdicións estaban integradas no señorío do Arcebispado de Santiago de Compostela.

A comezos do século XIX, no trienio liberal, a maior parte do territorio ocupado na actualidade por Teo era coñecido co nome de Oza, pertencente ó partido xudicial de Sar. Coa división provincial de 1822 o concello de Oza seguía a formar parte do partido xudicial de Sar, á súa vez dependente da deputación da Coruña. Trala reforma xudicial de 1834 o municipio, xa co nome de Teo, quedou asignado ao partido xudicial de Padrón.

Con todo, no proxecto administrativo de 1835 contaba cunha parroquia máis. A aprobación definitiva de 1836 asignaba a parroquia de Rumille ao concello de Padrón.

Personaxes de sona

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Teo.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Teo

Bamonde (Santa María) | Cacheiras (San Simón de Ons) | Calo (San Xoán) | Lampai (Santa María) | Lucí (Santa Mariña) | Luou (Santa María) | Oza (Santa Baia) | Rarís (San Miguel) | Recesende (San Xoán) | Reis (San Cristovo) | Teo (Santa María) | Vilariño (San Tomé)

Lugares de Teo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Teo vexa: Lugares de Teo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Teo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.