Outes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Cambio cbk-zam:Outes (La Coruña) por cbk-zam:Outes
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Elimino: cbk-zam:Outes
Liña 111: Liña 111:
[[br:Outes]]
[[br:Outes]]
[[ca:Outes]]
[[ca:Outes]]
[[cbk-zam:Outes]]
[[en:Outes]]
[[en:Outes]]
[[es:Outes]]
[[es:Outes]]

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2013 ás 19:27

Coordenadas: 42°51′0″N 8°54′0″O / 42.85000, -8.90000

Outes
Escudo de Outes
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]outiense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Noia
Poboación7.192 hab. (2012)[2][3]
Área99,7 km²[3]
Densidade72,14 hab./km²
Entidades de poboación11 parroquias[4]
Política (2011)
AlcaldeCarlos López Crespo (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 9
PSdeG-PSOE: 1
Outros: -
Eleccións municipais en Outes
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes99,79%
Na rede
www.outes.es
editar datos en Wikidata ]

Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2012 tiña 7.192 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é outiense.

Xeografía

Outes ten unha superficie de 99,74 km², e abrangue 11 parroquias. Limita ao norte con Mazaricos e Negreira, ao suro co río Tambre (e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia), ao leste con Noia e ao oeste con Muros. A capital municipal é Serra de Outes.

Ten unha elevada altitude media, con cinco cumios que rondan os 500 metros de altitude, sendo o monte Tremuzo o punto máis alto.

Outes conta cun clima oceánico húmido debido á proximidade do océano Atlántico. As precipitacións son maiores durante os meses de novembro a marzo, pero no verán suben as temperaturas e as choivas son escasas debido á presenza case constante do anticiclón das Azores.

Historia

O territorio de Outes foi habitado desde tempos remotos, como testemuñan os restos de megálitos, petróglifos e poboados castrexos. Trala romanización e a chegada dos suevos, no século VIII os musulmáns asentáronse por breve tempo na illa da Creba e no monte Louro.

Economía

Na economía de Outes destaca o sector primario (pesca, marisqueo, gandeiría e agricultura), pois dende séculos atrás as actividades agropecuarias veñen ocupando a maior parte da poboación activa. Respecto á gandeiría, actualmente hai varias explotacións de coellos e ovellas, sendo máis importantes as explotacións de gando vacún, dedicadas á produción de leite e carne. O sector pesqueiro concéntrase en boa medida nos peiraos de Freixo e San Cosme.

O sector secundario tamén ten certo peso, destacando catro sectores na produción industrial: aserradoiros, estaleiros, formigón e construción.

Demografía

A cifra máis alta de poboación acadouse a mediados do século XX, en 1950, con 11.303 habitantes. Posteriormente foi descendendo a un ritmo do 7 % cada década, debido primeiro ao aumento da emigración cara a outros países de Europa, e despois aos EUA e as illas Canarias, tendo 9.968 habitantes en 1970. Na actualidade a cifra de habitantes segue a descender cada ano.

Evolución da poboación de Outes   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
9.160 10.025 11.303 10.128 8.050 7.192 {{{9}}} {{{10}}} {{{11}}} {{{12}}} {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Outes.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Outes

Cando (San Tirso) | Entíns (Santa María) | O Freixo de Sabardes (San Xoán) | Matasueiro (San Lourenzo) | Outes (San Pedro) | Roo (San Xoán) | San Cosme de Outeiro (San Cosme) | Santo Ourente de Entíns (Santo Ourente) | Tarás (San Xián) | Valadares (San Miguel)

Lugares de Outes

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outes vexa: Lugares de Outes.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Outes".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Ligazóns externas