Paderne: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Cambio cbk-zam:Paderne (La Coruña) por cbk-zam:Paderne
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Elimino: cbk-zam:Paderne
Liña 152: Liña 152:
[[br:Paderne]]
[[br:Paderne]]
[[ca:Paderne]]
[[ca:Paderne]]
[[cbk-zam:Paderne]]
[[en:Paderne, A Coruña]]
[[en:Paderne, A Coruña]]
[[es:Paderne]]
[[es:Paderne]]

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2013 ás 19:11

Coordenadas: 43°17′7″N 08°10′28″O / 43.28528, -8.17444

Paderne
Bandeira de Paderne
Escudo de Paderne
Situación
Xentilicio[1]padernés (non oficial)
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Betanzos
Poboación2.597 hab. (2012)[2][3]
Área39,8 km²[3]
Densidade65,25 hab./km²
Entidades de poboación61 (9 parroquias)[4]
Capital do concelloConsistorio
Política (2011)
AlcaldeCésar Longo Queijo (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 8
Outros: -
Eleccións municipais en Paderne
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes96,96%
Na rede
www.concellodepaderne.com
editar datos en Wikidata ]

Paderne é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2012 tiña 2.597 habitantes (2.672 no 2009, 2.735 no 2006, 2.715 no 2005, 2.689 en 2004, 2.680 en 2003). Ten unha superficie de 39,8 km².

Evolución da poboación de Paderne   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.737 4.632 4.566 3.690 2.689 2.597 {{{9}}} {{{10}}} {{{11}}} {{{12}}} {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello de Paderne ten 39,8 km², e abrangue 9 parroquias con 61 entidades de poboación. A capital é Consistorio, núcleo da parroquia de Paderne. O municipio limita con Miño, Bergondo, Betanzos, Coirós e Irixoa.

A principal vía de comunicación é a N-VI, que no seu tramo Betanzos-Ferrol discorre á beira da ría.

A zona ten un clima oceánico húmido, con precipitacións abundantes e temperaturas medias entre 9 ºC e 18 ºC.

O concello está atravesado polo río Mandeo e o río Lambre. Entre os seus montes destacan o Pico do Feal (409 m, en Vilamourel), Monte Petón (338 m), O Penedo (319 m), Monte do Castro (288 m, en Vigo), Esperela (271 m, en Vigo), Alto de Velouzás (222 m), Montes do Pereirón (200 m), As Poceiras (192 m, en Velouzás) e o Monte da Croa (en Obre).

A praia da Xurela está situada no lugar de Insua (Viñas). Está en plena desembocadura da ría, estivo tradicionalmente adicada á pesca (recibe o seu nome polo xurelo) e o marisqueo. Nela recollíase berberecho, longueirón, mexillón, mincha e ameixa. As algas coñecidas como marmulo eran recollidas para abono e como remedio para algunhas doenzas. A praia da Abeleira, á que se accede pola Ponte do Porco, está situada na desembocadura do río Lambre, e coa marea baixa queda unida á anterior. Até a década de 1950 nela construíanse pequenas embarcacións. Ten unha pequena fonte na que se recollía auga e se lavaba a roupa.

Historia

O topónimo do concello provén do xenitivo latino Paterni, que faría alusión ó propietario das terras. Paternus é relativo ó pai, indicando non só paternidade física, senón tamén a función social do xefe de familia. O escudo municipal inclúe unha ponte cun porco bravo no medio e a cada extremo unha cuncha de vieira, símbolo de peregrinos, que fai referencia ó paso da vía inglesa do camiño de Santiago.

No alto do monte de San Antón, xunto á ermida de San Cosme, hai unha necrópole con varias mámoas e dolmens. Hai restos de cinco poboados castrexos: Castro da Croa (Obre), Castro do Monte do Castelo (Areas, Adragonte), Castro de Insua (Alto de Tixoso, lugar de Insua, Viñas), Castro de San Mamede (San Xulián de Vigo) e Castro de Montecelo.

Na igrexa de Paderne foi atopado o 13 de maio de 1964 un ídolo fálico prerromano, conservado actualmente no Museo Arqueolóxico da Coruña. Na parte traseira da igrexa parroquial de Santiago de Adragonte hai un sartego antropomorfo anterior ó século XIII.

Durante a idade media esta zona dependía dos Andrade Fernán Pérez de Andrade, O Boo mandou construír no século XIV a Ponte do Porco, sobre o río Lambre, para comunicar Pontedeume e Betanzos. En 1445 Xoán de Guende fundou en Souto (parroquia de Chantada) o Hospital de Guende, para acoller os peregrinos. Segundo deixou escrito Frei Martín Sarmiento trala súa viaxe en 1745, o hospital foi abandonado en 1720 ao non cumpriren os herdeiros de Xoán de Guende coas obrigas que lles correspondían. En 1779 a zona da ponte foi visitada polo presidente dos Estados Unidos John Adams [Cómpre referencia].

Río Lambre arriba consérvanse os restos de varios muíños, coñecidos como muíños da Misericordia, muíños do Rei, ou muíños de Bermúdez. Foron construídos no século XVIII para o Arsenal de Ferrol, e restaurados cara a 1845. As construcións forman un rectángulo alongado, con 16 ollos.

Preto da igrexa de Velouzás celebrouse a Feira do 27, entre comezos do século XIX e a década de 1930. Acadou o seu máximo apoxeo na época de 1825, e deixou de celebrarse coa apertura da estrada cara a Betanzos.

Trala caída do antigo réxime e logo da división territorial de España en 1833, o concello de Paderne naceu como tal en 1835. Anteriormente as parroquias pertenceran a tres xurisdicións distintas. En 1831 figuraba o actual municipio dividido en dous: o de Vigo e o de Quintas. En 1842 estivo a piques de ser absorbido por Betanzos.

O 16 de abril de 1943 inaugurouse a Ponte do Pedrido, deseñada por Eduardo Torroja Miret substituíndo o servizo de pasaxe que funcionou até entón.

A casa consistorial foi rematada en 1927, sendo alcalde José María Pérez González. Fixéronse varias reformas, a última delas en 2001 sendo alcalde César Longo Queijo.

Política municipal

  • Blas Bretón ( - 1864)
  • Genaro Martínez (1864 - 1865)
  • Antonio Vázquez (1865 - 1868)
  • Agustín Riveira (1868 - 1871)
  • Antonio Vázquez (1871 - 1874)
  • Francisco Doporto Cortés (1874 - 1876)
  • Jacobo Cortés Picado (1876 - 1878)
  • Julián López (1878 - 1880)
  • Vicente Cal Pérez (1880 - 1882)
  • Pedro Faraldo Freire (1882 - 1884)
  • Antonio Amado Vázquez (1884 - 1885)
  • Francisco Miño Castelos (1885 - 1898)
  • José María Pérez González (1899 - 1923)
  • Pedro González Pérez (1923 - 1924)
  • Domingo Río Otero (1924)
  • Tomás Varela López (1924 - 1927)
  • Gabriel García Novo (1927 - 1931)
  • Eduardo Monteiro Fraga (1931 - 1935)
  • Gumersindo Couce Domínguez (1935 - 1939)
  • Benito Saya Crespo (1939 - 1944)
  • Fabián Sánchez Crespo (1944 - 1946)
  • Antonio Bonome Panete (1946 - 1952)
  • Segundo Alonso Romero (1952 - 1958)
  • Francisco Bonome Dapena (1958 - 1979)
  • Antonio Penas Sánchez (1979 - 1986)
  • José Abrodos López (1995 - 1996)
  • José Luis Pico Espiñeira (1996 - 1999)
  • César Longo Queijo (1999)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Paderne.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Paderne

Adragonte (Santiago) | Obre (Santo André) | Paderne (San Xoán) | Quintas (Santo Estevo) | San Pantaleón das Viñas (San Pantaleón) | San Xulián de Vigo (San Xulián) | Souto (Santa María) | Vilamourel (San Xoán) | Vilouzás (San Salvador)

Lugares de Paderne

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paderne vexa: Lugares de Paderne.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Paderne".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.